Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ENCANTO PERSOAL

ENCANTO PERSOAL

  O alcalde de Vigo conseguiu unha maioría absoluta aplastante e indiscutible. O problema xurde cando non se sabe aprecia-las circunstancias que inciden no caso, e o exceso de soberbia fai perdelo sentido da realidade e se cre que todo se debe o seu encanto persoal. Tanto o Presidente da Xunta como o Presidente da Deputación de Pontevedra lle prestaron unha gran axuda. Dende a Xunta marxinouse a Vigo e privatizouselle  o hospital, privatización cuxos termos mantén a Xunta  en segredo;: reduiciulle o número de camas do hospital a metade, suprimiulle o laboratorio e outros servizos. O Presidente da Deputación tivo unha teima con Vigo, que o leva a ofrecerlle un pacto o BNG pra que Vigo non se faga coa    Deputación. A monumental cruz dos caidos do Castro, Abel Caballero quere mantela en contra da memoria histórica e da memoria particular do sufrimento de innumerables socialistas Vigueses. Pódese ser baixo, pero non ten porque ser pequeno.

0 comentarios