Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MEDICINAS SECUESTRADAS

   A industria farmacéutica dedica menos dun 2% dos seu beneficios á investigación. Os novos medicamentos obtéñense grazas as axudas publicas. Cando unha nova molécula se descubre as farmacéuticas fanse con ela, polos medios que sexan, pra logo impoñer uns prezos abusivos. O que realmente logran é frear as investigacións e afundir os sistemas de seguridade social que pagan os medicamentos. Non lles importa matar a galiña dos ovos de  ouro, a súa concepción política é radicalmente antisocial e queren lograr os máximos beneficios a costa da necesidade extrema. Non lles importa arruinar a seguridade social, antes ben, é un obxetivo. Os doentes estaría dispostos a pagar do seu peto o que lle esixan pra recuperala saúde. Cando nada lles quede pasarana engrosa-las lexións de pobres , e así os ricos será menos e mais ricos. Por iso me parece ben que as patente se condicionen e se subordinen a un fin social, porque non están protexendo intereses lexítimos, senón a avaricia.  Aplaudo que algúns países obvien as ilexítimas e antisociais patente e se fabriquen medicamentos. A industria farmacéutica e moi poderosa e ten o se servizo a profesionais e gobernos, voto ra que algún día sexamos libres destes codiciosos e haxa gobernos que nos protexan

 

0 comentarios