Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS INVISIBLES

OS INVISIBLES

     

  En España hai trece millóns de pobres, moitos en pobreza extrema; mais de cinco millón de parados, un elevado número sen ningún tipo .de prestación; fogares sen ningún tipo de ingreso, con tódolos membros en paro. En cidades como Madrid ou Barcelona, hai miles de nenos que non teñen que comer. Familias desafiuzadas.  Os comedores sociais está desbordados. Toda esta xente desapareceu das noticias, deixaron de existir pros gobernantes. A preocupación de moda son os inmigrantes. A alcaldesa de Madrid ofrécelles casa e unha paga de 400 euros. Son demagoxias que crean mais  xenofobia e pasaran factura ós demagogos. Si tan solidarios se senten, por qué non dan, ó menos, un carro de comida ó mes ós que nada teñen, ou solo queren utilizar ós inmigrantes pra lavar conciencias   

0 comentarios