Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

LIBERDADE CURRICULAR EN GALES

LIBERDADE CURRICULAR EN GALES

 

  O sistema educativo británico concede autonomía ós centros, que contratan directamente ó persoal e adaptan o currículo obrigatorio dentro dunha marxe razoable. Esa liberdade traduciuse nunha tupida rede de inmersión lingüística. O número de centros de educación secundaria que dan máis da metade da materia en galés aumentou de 42 en 1990 a 55 no ano 2008. Nese tempo os alumnos que asisten a elas creceron de 26.058 a 41.916, cerca do 20% do total. Nos restantes 170 centros máis da metade da materia dáse en inglés, aínda que dependendo do centro a lingua vernácula adoita empregarse en máis materias que a súa. En primaria a presenza do galés é aínda maior. En 1990 había 417 escolas con 45.358 alumnos que usaban o galés en máis da metade das materias. Esas cifras aumentaran a 464 centros e 54.895 alumnos, o 23% do total, no 2008. O inglés segue sendo a lingua principal noutros 938 centros. Segundo a Asemblea da Lingua Galesa, dependente do Goberno, cerca do 41% dos nenos de 5 a 15 anos poden falar galés, un 13% máis que en 1991. A porcentaxe cae ao 37,5% entre os 5 e os 19 anos. A pesar de todo, a porcentaxe de menores de 11 anos cun galés fluído baixa. Os lingüistas atribúeno en parte á chegada de inmigrantes ao norte e o oeste, tradicionais bastións do idioma. O Goberno de coalición entre laboristas e nacionalistas está convencido de que o número de falantes seguirá crecendo.

0 comentarios