Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AS ELECCIONS DENDE O PUNTO DE VISTA DO SEXO

 

 

  Un equipo de sexólogos da universidade de Aarhus, en Dinamarca, estududou as pasadas eleccións en España e conclúe  que o voto o PP tivo un comportamento no subconscente similar as desviacións sexuais que poderían mesmo levar autolesiones físicas e psíquicas en quen o practica, e equipara esta nova psicopatía á que sofre o pequeno mono de Madagascar cando se coloca co cu en pompa diante dunha parella de tigres. Sen tanto estudo académico, a conduta dos votantes do PP penso que garda unha estrita analoxía co síndrome de Estocolmo. Os partidarios da teoría sexual, chegaron á conclusión de que practicamente o 99 % dos individuos estudados mostraban unha notable excitación cada vez que o Goberno introducía a man nos seus petos, extraíalles boa parte do diñeiro e depositábao en mans de bandidos, facéndoo, ademais, polas vías menos tradicionais. Condutas difíciles de entender. No caso de Galiza entraría en xogo, sen excluír as anteriores, unha compoñente xenética que produce unha mutación, que propicia un servilismo e sometemento incondicional ó poder, que é explotado polos gobernos; así, os caciques son consecuencia da existencia de individuos diminuídos, e son como unha herba endogamia do país. 

 

0 comentarios