Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2015.

UN MUNDO CHEO DE RATAS

20150401113507-1613932-315445408580396-2848302-n.jpg

     

 As deferencias entre ciudadanos e PP  son solo de matiz, e basicamente están no concepto CORRUPCION. É de supoñer que se debe a que Ciudadanos  aínda non tocou pelo, no que ó poder se refire. En tódolos barcos hai ratas, en cando o buque se afunde as ratas foxen. Si houbera un caso de cenciafición veríamos como  renomeados especialistas en pragas apocalípticas e pandemias nos falarían da  migración de ratas xenovesas hacia ciudadanos , e o inmediato entendemento entre ambas as dúas poboacións de roedores e o acollemento das  camaradas, a pesar da proverbial inimizade que existe entre a rata negra e a de cloaca. 

01/04/2015 11:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ONG NOS ALPES

20150406113619-10502024-1017523601596188-2709754260732179246-n.jpg

 Un grupo de voluntarios da Cruz Vermella española viaxou ós Alpes franceses pra prestar axuda ós familiares das vítimas. O PP, como suposta ONG tamén viaxou aló, pero foi pra Suíza, que ó fin  de contas é a se da Cruz Vermella, tamén dos bancos

06/04/2015 11:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUÉ É DAS ESMOLAS

20150407112333-untitledbbv.png

  

 Na praza do Obradoiro amorease unha abigarrada multitude; uns que chegan a ela despois de percorrer centos de quilómetros. Son os parte dos miles de peregrinos que acoden a Compostela atraídos pola  catedral que exerceu de imán da cristiandade durante séculos. Outros son turistas que visitan Galiza e non se querer perder contemplar ese templo máxico. Cál será a impresión que queda nos recordos dos miles de visitantes; con toda seguridade a dun edificio abandonado, coa fachada sucia, coas vidreiras sen vidros, cos forxados enferruxados. Todo un paisaxe deplorable, que reflexa o abandono e desleixo de mantidos cregos, que non administran  debidamente as esmolas que deixan os crentes, pra manter presentable a galiña dos ovos de ouro

 

     

07/04/2015 11:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN MES GLORIOSO

20150408122030-1491694-4160942598915-3795995465095453553-n.jpg

 Despois do fracaso colleitado nas eleccións andaluzas, o PP precisa aire pra incha-lo  peito e levanta-la moral dos seus seareiros. Votaron man dunha creación de
emprego temporal de semana santa. A euforia é pra autoconsumo, os ingresos á seguridade social son decepcionastes e non se corresponde, nin augura unha mellora laboral. O que si augura é creación de un mercado laboral precario, en condicións de escravitude.

08/04/2015 12:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS RECORDS DE FEIJOO

20150409112534-poiou.jpg

 

  Galiza vai no lugar de cola do desenrolo, o I + D + I caeu un 37%, e Galiza xa está na cola de España. A inversión estranxeira e Galiza é do 0,5 % do estado. Case se pode dicir que a inversión estranxeira en Galiza é nula e solo se inverte en casos aillados, con fins especulativos. O paro medra por riba da media española. Os salarios e as pensións son dos mais baixos de España.  A sanidade  é un negocio, o mesmo que o ensino. A dependencia, o que queda é  pra negocio. Galiza é un lugar no que o PP fai os negocios, uns ilícitos e outros menos. Hai mais culpables cos peperos, os que lles da o voto, os que coas súas accións os benefician, os que miran pra outro lado.  Hai que votalos a votos. O noso futuro como país estano eliminando, o noso futuro como persoas libres está en xogo.

09/04/2015 11:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA PROMESA CUMPLIDA

20150410110829-10371942-679136792200911-5199987150131898282-n.jpg

 

  O PP prometeu acabar coa co corrupción. O contrato de Feijoo xa está superado, sen habelo estreado. Agora xa non haberá imputados, haberá investigados; así os partidos xa no levarán imputados nas súas listas. Tampouco haberá paro, nin sequera esa alegrías mensuais que dan as estatísticas cos contratos lixo. Agora so falaran de traballadores dispoñibles. Como se ve, solo é cuestión  de imaxinación. Non consiste solo en enganar, hai que saber enganar

10/04/2015 11:08 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON VEMOS

20150411115411-10154195-10202875759671673-8917140720384741349-n.jpg

 Pode que sexamos cegos e non sexamos incapaces de ver as marabillas das que nos fala o PP. Pode que a España da que nos falan non sexa a que nos vivimos. O erro é noso, ó vivir no país  equivocado. Xa saímos da crise. Non hai mais que  ver que ata o tempo é mellor. Moito me temo que é certo que saímos da crise, agora xa estamos entrando na miseria

11/04/2015 11:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON VEMOS

20150411115411-10154195-10202875759671673-8917140720384741349-n.jpg

 Pode que sexamos cegos e non sexamos incapaces de ver as marabillas das que nos fala o PP. Pode que a España da que nos falan non sexa a que nos vivimos. O erro é noso, ó vivir no país  equivocado. Xa saímos da crise. Non hai mais que  ver que ata o tempo é mellor. Moito me temo que é certo que saímos da crise, agora xa estamos entrando na miseria

11/04/2015 11:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DANDO ESTOPA

20150413111029-vbbbbnn.png

 

  A sentenza do Supremo sobre o galego é controvertida, é como di  a RAG hai que acatala. Non sei se noutro País isto sería posible; no caso de Catalunya a Generalitat  pasou dela, pero o caso de Galiza é distinto; aquí o problema é precisamente a Xunta. A historia sempre a escriben dende o poder, pero dalgún xeito saberase que aquí houbo uns xenocidas e que intentaron borrar a memoria dun pobo.  Como non podía ser doutro xeito, a RAG reafírmase nas súas conviccións de que a normalización do noso idioma é un obxectivo irrenunciable da sociedade galega e de que a Xunta de Galicia está moral e legalmente obrigada a tomar medidas positivas para conseguila.  Pero unha cousa é o deber, e outra os feitos, e todo nos fai sospeitar, que a única política da Xunta, mentres este PP estea no poder , será a que está a facer.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

 

 

 CONVENCENDO

13/04/2015 11:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CONVENCENDO

20150414112041-1519347-592583300791303-1948259811-o.jpg

 

   Intentan  convencernos de que os empresarios son vítimas da corrupción; eu diría que son colaboradores. Nun país en que hai un tácito consentimento en manter un sistema corrupto, non prosperan os políticos honrados, nin o sistema económico limpo. Simplemente vexetan e prosperan na ciánaga os empresarios mais corruptores. Corruptores é corrompidos son especies simbióticas que viven uns a costa doutros. Manter unha lexión de parasitos como asesores e  campañas electorais caras, solo é posible coas coimas a cambio de admitir sobrecostes, mercadear con concesións, tarifas e outros chanchullos

14/04/2015 11:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NADAR NA MERDA

20150415112138-1365617909-4120161fbc792565d0940416fb94cd0b.jpg

  

                  

    Feijoo é un especialista  en nadar na merda?, ou  forma parte dunha estratexia do PP?. Non ten inconvinte en admitir irregularidades financeiras nas campañas electorais do PP. Iso si, vota  man dun  eufemismo. Non hai eufemismos que disfracen as  cousas; roubar, estafar e outra corruptelas son iso e non outra cousa. Cando o cerebro o ocupan chourizos en lugar de neuronas soe pasar iso.                      

15/04/2015 11:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUÉN SAE DA CRISE

20150416113931-10940468-899830313371782-1072940726718930826-n.jpg

   O PP saca peito, o FMI, órgano sospeitoso, pronostica unha suba do PIB español do 2,5%, entre os mellores da zona euro como Lituania, non moi bo acompañante. Alemaña, por exemplo medrará menos, porcentualmente. O PIB español baixara ríspeto  ó 2.009, un 7%, e aínda non chegamos ó  nivel daquel ano. O asunto aínda é mais escuro si temos en conta que o crecemento do PIB solo medra no capital, mentres baixan os salarios e medra a pobreza. Así que a riqueza concentrase. A realidade non interesa, pero se interesara, non había mais que dar unha volta polo país pra ver como vai

16/04/2015 11:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS SETECENTOS

20150417115211-11130085-10200472816018616-5808777469733896623-n.jpg

 Rato formaba parte dun selecto grupo de patriotas defraudadores, que estaban a ser investigados pola AT. Curiosamente coa chegada do PP ó poder promulgase unha  amnistía que os salva. O que se equivoca na declaración da renda en cen euros é sancionado, os emigrantes son acosados,os que defraudan millóns son amnistiados. Como dicía   Galiano pola xustiza, Facenda e como as serpes, morde solo ós descalzos. Así que tranquilos o de Rato solo foi unha operación mediática, pra facernos crer que o PP non ten favoritismos. Rato, pese a ser considerado un mago das finanzas e artífice da milagre económica d PP xa era un mito amortizado, idóneo pra ser presentado como cabeza de turco. O que foi solo unha operación mediádica dedúcese de que non foi anticorrupción o que montou o circo, senón que foi un fiscal ordinario e non foi investigado por un órgano técnico, senón por axentes de Aduanas, e non foi oído, como sería lóxico, por ningún xuíz. 

17/04/2015 11:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN ANXEL CAIDO , OU A CAIDA DUN TO

20150418120037-11075214-379972165520387-8095405585357998383-n.jpg

 Dende o Olimpo do poder caeu o mago; o que foi , un xenio do milagre economizo de España, do que presume o PP.Pra outros foi o que sentou as bases da burbulla inmobiliaria que  nos asolagou na peor crise vivida en España, dende a guerra civil. Rato estaba sendo investigado por anticorrupción, era un caso perdido, pero nun xesto de maxia,  Montoro, sácallelo das mas. Así lograba gañar un efecto mediático e controla-los  danos. Que todo foi un xesto mediático dedúcese do feito de que as cámaras chegaron antes que os de Vixíana de Alfándegas. Anticorrupción xa reclamou o caso. Moitas probas desapareceran

18/04/2015 12:01 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN MES GLORIOSO

20150420113201-1176366-579884698736110-827310788-n.jpg

 

 Despois do fracaso colleitado nas eleccións andaluzas, o PP precisa aire pra incha-lo  peito e levanta-la moral dos seus seareiros. Votaron man dunha creación de emprego temporal de semana santa. A euforia é pra autoconsumo, os ingresos á seguridade social son decepcionastes e non se corresponde, nin augura unha mellora laboral. O que si augura é creación de un mercado laboral precario, en condicións de escravitude. Ter traballo xa on é sinónimo de saír da miseria; hai unha clase socia que é a de traballadores pobres.

20/04/2015 11:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OUTRO ESPERPENTO

20150421110646-1269-im-300x225.jpg

 Na cámara Galega houbo un debate sobre a sanidade. A Conselleira de Sanidade, cómplice da política  de Feijoo, está desmantelando a sanidade pública. As urxencias en tódolos hospitais están colapsadas por falta de persoal. Camas pechadas e servizos privatizados. Os doentes son desviados a clínicas privadas onde son atendidos con fondos públicos. A Conselleira, en lugar de ceñirse a pregunta, repróchalle á oposición que non valoren o esforzo dos profesionais da sanidade.Os profesionais da sanidade están sobrecargados de traballo pola política do PP, que pra mais agravio os usa como escudo nas  leas parlamentarias

21/04/2015 11:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A HERDANZA

20150422114344-263370-539224862801603-629817810-na.jpg

 

 Aznar  meteunos na burbulla inmobiliaria, no milagre económico de Rato,  Logo veu esa campaña electoral, na que  Montoro mesmo quixo que o país caese para dicir que cando cheguemos nós xa o levantaremos. Agora ben, a herdanza que o Partido Popular de Rajoy nos deixa, cando se vaia será a de mais parados, de traballadores pobres (o nunca visto) que non chegan a final de mes. Herdaremos de Rajoy toda unha sorte de privatizacións de servizos sociais . A herdanza vai ser dura de superar. Déixanos unha sociedade, partida en dous. Onde campan os políticos corruptos, os adiñeirados que defraudan a Facenda, mentres os demais  imos á xanela de Facendaa cumprir coas obrigas tributarias. Déixanos Rajoy unha herdanza de Reforma Laboral que non incentiva a creación de emprego senón a destrución deste. Non se pode, como tampouco se pode pagar a débeda de case un billón e medio de euros. Esa é a verdadeira herdanza que nos deixa Rajoy, atados de por vida aos acredores. Rajoy, que dicía que chegara para sacarnos da crises, meteunos na miseria

22/04/2015 11:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SORPRENDE

20150423113517-251996-568972683131463-1374447540-n.jpg

  A clase política española sorprende cada día cos seus privilexios de "casta". Mentres España se desangra na pobreza, millóns de fogares sen ingresos, nenos que pasan fame, fogares sen luz e sen xubilou, e un longo etc. son exemplos ofensivos pro pobo chan. Non esquezamos os fastos calefación, os nosos próceres seguen vivindo na abundancia e o saqueo de diñeiro público. O  polémico deputado do PP, Rafael Hernando, o expresidente socialista Felipe González,  o expresidente Aznar, o exvoceiro do PP, Eduardo Zaplana, a vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría  a Presidenta da Mancha, Cospedal, o exrei xa leba 57.000klm recorridos dende que se xubilo, e vida  de luxos dos príncipes da airexa é escandalosa.  

23/04/2015 11:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN CASO MOI ESCURO

20150424113032-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

 

 

   O sobresemento da causa Paula Prado pódese converter nun dos casos mais escuros da Xustiza.non s coñecen os motivos, nin a resolución motivada, si é que a hai. Solo se sabe que o TSXG   a declarou baixo segredo e que a resolución se ditou a petición do Fiscal do caso, e que o Fiscal foi ascendido. Supoño que hai unha explicación pra isto. 

24/04/2015 11:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GOBERNO POR CAPRICHO

20150425112357-2.jpg

 

   Feijoo non goberna pro intres do pais, senón pro dos seus amigos e pra satisfacelos seus caprichos. As plantas acuícolas de Touriñán  500 postos de traballo prometidos. foron paralizadas polo goberno de Touriño, despois reactivadas por Feijóo como presidente e finalmente declaradas ilegais polo Supremo precisamente por incumprir os requisitos medioambientais necesarios. A secuencia de feitos demostra, dixo, que “foron ilegais a elaboración do plan por parte de Fraga como a decisión de Feijóo de reactivalo, e foi legal a decisión de Touriño de paralizalo por estar feito sen avaliación de impacto medioambiental”. A “broma”, dixo, supuxo o pago de 690.000 euros a Acuinor –propiedade do curmán de Álvarez Cascos- pola planta de Rinlo e 1,1 millóns á filial de Pescanova Insuíña pola de Touriñán. Caamaño lembrou que polo camiño o propio Feijóo paralizou as plantas acuícolas proxectadas en Muxía, Malpica e Camariñas polo goberno presidido polo PSdeG, que si eran legais, deixando á Costa da Morte sen Plan Acuícola. Ó fin tampouco lle pasa factura, por alí hai moitos caciques e os votantes faran o que lles digan 

 

25/04/2015 11:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NADA QUE CELEBRAR

20150427110508-944778-10200578227281523-976337966-n.jpg

  Ca enquisa de poboación, Rajoy celebra que haxa 13.000 parados menos; período en que se perderon 114.000 empregos. Venos tan analfabetos que pensa que non sabemos sumar. Pero non comete un erro tan grande de apreciación, si se sabe que pese as súas políticas, o PP vai ter un resultado electoral bastante bo. Dáme asco o país. 

27/04/2015 11:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AQUI NON PASA NADA

20150428113238-225356-10200711840577855-1200877416-n.jpg

  Trascende  que os ilustres Pujalte e Trillo cobraban de particulares, supostamente por facilitar información privilexiada. Xa está feo de carallo vendelo que sabes, en virtude do teu posto, pero presentalo como un DON PREVILIXIADO, que teñen estes personaxes pros negocios é o colmo da desvergonza. Non creo que os deteñan por isto. Neste país pasan cousas que son incribles.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                       

28/04/2015 11:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN VIGO EXPLODO

20150430114101-632-2577275686865-1923623536-n.jpg

  Vigo motor de Galiza , estómago do PP. A pesar  de que  a Xunta lle escatima en inversión, Vigo sobrevive e. Aínda, que esmorece como todo Galiza, saca forzas para seguir na pelexa da sobrevivencia. Xa pode presumir de hospital novo, pero teñen que saber co nº de camas foi reducido para non poñer en perigo o Negocio de POVISA, Hospital privado  financiado con fondos públicos, que o laboratorio do hospital foi suprimido, e as probas se farán nun laboratorio privado, co conseguinte aumento de gasto. Tal como  apuntou unha foro científico , nunhas xornadas celebradas en Vigo, aumentarán os costos da sanidade e pode repercutir negativamente no diagnóstico e na curación dos doentes, pola falta de inmediatede . A construción, mesmo estivo parada, hasta acudiu cun xeneroso engrase, porque a inauguración adiábase para despois das eleccións. 

30/04/2015 11:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris