Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2015.

NÓTASE A RECUPERACIÓN

20150801110636-11050207-10200396281785308-2426031366883835623-n.jpg

 O preludio das eleccións foi a comparecencia de Rajoy pra presenta-los orzamentos. Foi unha comparecencia chea de entusiasmo, na que se pintou un país irreal, obviando as realidades que fan de España o país con mais desigualdade e corrupción. Fixo o anuncio máxico de que baixará mais os impostos, o que me fixo tremer; pois unha baixada de impostos supón unha case automática subida da débeda. Na ultima lexislatura, o PP chego a un nivel de 104% do PIB, cando chegou o goberno o nivel de débeda era do 73% do PIB. Grecia coas baixadas demagóxicas de impostos da dereita chegou o 175% de débeda do PIB, o cal a conduciu a gran traxedia. Non estaría demais ter isto en conta, xa que Rajoy sempre nos quere asustar co fantasma grego

01/08/2015 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A INTOLERANCIA

20150803113744-images.jpg

 

   O que lle pasou á nena en CASAS NOVAS, por falar galego, é  froito da política antigaleguista de Feijoo. Non digo que a monitora sexa algo  burra, pero a xenocida politica de Feijoo produce estes esperpénticos personaxes. Si é unha persoa normal,  seguro que sabía o que facía, e como tal debe responder por humillar e causar un trauma a unha crianza.  A actitude de política lingüística non pasa dun postureo e a defensa do menor non se lle ve. Si a xustiza existe debe actuar e non deixar que a indignación ocupe o seu lugar. Semellante feito ten ocasionar a inhabilitación da responsable pra tratar con persoas, especialnte con nenos

03/08/2015 11:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VIAXES EXÓTICOS

20150804115004-11811546-10208158260460491-4448554783932387887-n.jpg

  Antes pra ver pobres e senti-lo subidón de saberse ricos tíñamos que viaxar a países exóticos.agora esa experiencia podemos sentila no propio pais. Son avances que temos grazas a Rajoy. un país de 12 millóns de pobres, miles de nenos que pasan ambruna, 1.600.000 fogares sen ingresos e comedores sociais arteigados. Traballo escaso e precario, seguridade social en perigo, con mais cotizantes pero aportacións mais pequenas. Traballadores en paro sen prestacións, dependentes se axuda, un país endebedado ata as orellas. Unha fiscalidade inxusta, etc. Toda ela xente á que non lle chega a recuperación económica da que fala Rajoy. Il avísanos, estes logros podémolos poñer en perigo si non lle votamos a el.

04/08/2015 11:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ORZAMENTOS ELECTORAIS

20150806115848-10155875-658612610852619-3792275601474253690-n.jpg

 Rajoy presentou uns orzamentos pra campaña electoral, que nada  teñen que ver coa situación económica, pero que apuntalan a súa idea da recuperación, ó mesmo tempo que se blindan os grupos económicos que se beneficia da crise. Aléxase do cumprimento do déficit. A recadación prevista ´é unha quimera. Autonomías sumisas son perxudicadas. É pesado pra un goberno que  querer  perpetua-la súa política, sabendo que non vai gobernar 

06/08/2015 11:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O COSUMIDOR

20150807113943-11032516-10200379835335524-8943708697999652829-n.jpg

 Moito ruído se armou, e mais que se   podía armar, polo prezo do leite. Pero si os produtores arman ruído, os consumidores  viven   alleos ó gran fraude e solo miran ó menor prezo, preocupados solo de coller boas gangas. O leite non vendido,  é procesado e posto novamente á venda, e así unha vez tras outra, sen que saibamos, dun xeito claro, cántas veces sufriu ese proceso.  En algúns países, como os EEUU, os excedentes convértense en leite en po, que pode rematar nalgún mercado como leite normal. Parecido pasa on outros alimentos; por exemplo o mexillón, que pode aparecer como mexillón de Galiza, pero solo se embazou en Galiza e o mexillón pode ser chino 

07/08/2015 11:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

BO DATO DO PARO

20150808112716-11082651-10200415269219982-4275429976371562249-n.jpg

   As boas cifras do paro no oculta que a ese ritmo tardaríanos anos en solucionar o asunto. As cifras de paro entre os menores de 25 anos e entre maiores de 54 son as mais altas do mundo. O 97,3 % do contratos  de traballo, do mes que comprenden as estadíisticas son a tempo parcial, en precario e mal retribuídos, que non permiten sair da pobreza Ónde está  triunfalismo.  Cando o goberno está tan contento con estes  datos, queda demostrada a necesidade que te de cifras de alivio, aínda que sexan un desastre. Non tódolos contratos son lixo. Os políticos do PP, de concellos e autonomías que perderon, foron rapidamente recolocados, o que contras vos que leva mais de tres anos buscando emprego

08/08/2015 11:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VOLVEMOS Ó PASADO

20150810112940-imagescasuoynz.jpg

 

  Era habitual, durante o franquismo, dar partidos de fútbol, ou corridas de touros, pra entreter ó vu se esquecera dos problemas da vida. Esas prácticas parecen recuperarse polo PP,  e plgo ero vindeiro ano TVE dará un partido tódalas semanas. A xente babeará carta os televisores, e uns señores en calzocillos, gañando unha  porrada de diñeiro, drogarannos e por uns intres a miseria esvaecese

10/08/2015 11:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A VISITA Ó MINISTRO

20150811111402-941147-632489176778824-1447049644-n.jpg

  O Ministro do Interior recibe a Rato no seu despacho. Segundo o Ministro no falaron de nada. Unha hora sen   dicir nada. !raro!. Segundo Rato falaron de todo o que pasaba. Iso xa é outra cousa. As peregrinas explicacións do Ministro dan lugar a todo tipo de cábalas. Rato pediulle un control das investigación da que é obxecto, e amosoulle parte do seu arsenal contra das gaivotas. A visita ó Ministro foi unha clara advertecia

11/08/2015 11:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CRECEMENTO ASIMÉTRICO

20150812115725-264578-601763316511818-569468366-n.jpg

   O rescate da banca e empresas en números roxos vai ser compensado con recortes en prestacións sociais. A economía española semella medrar neste caos de desigualdade, iso ó menos dinos o goberno, coas súas macrocifras, que ocultan que a recadación baixa e o cumprimento do déficit non se logra. Un 25% dos españois non sofren os efectos da crises, mentres que o resto a sofre con distinta intensidade e se preguntan ónde está o crecemento. Un crecemento solo pras rendas do capital e os directivos de empresas

12/08/2015 11:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS VENCELLOS

 

Cargos galegos de Alianza Popular e do seu herdeiro o Partido Popular mantiveron a vínculos co contrabando de tabaco e o narcotráfico. Mesmo, publicacións locais apuntaron a reunións de Manuel Fraga e Mariano Rajoy con coñecidos capos, aínda que son datos que non puideron ser probados. O dixital Galicia Confidencial achega unha relación de cargos do partido presuntamente implicados ou condenados por eses delitos, a raíz das fotos, publicadas o pasado domingo, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo co capo Marcial Dourado

13/08/2015 11:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PECADOR

  Quero pensar que a visita de Rato ó xefe dos co investigaban non era pra pedirlle axuda. Segundo o Ministro n on falaron da situación de Rato. Rato foi a ver ó Ministro pr falarlle da súa preocupación  polos incendios en Galiza, da pertinaz seca, etc. nunca houbo chantaxe, nin veladas ameazas; o Ministro é moi relixioso e mentir é pecado, cre na Santa Madre  Airexa, no perdón dos pecados.!Que visita mais subrealista!

 

14/08/2015 10:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GALOPANTE

20150815104301-1176128-547745571940613-1953169116-n.jpg

 

 Como cabalo desbocado vai a débeda pública española. Entre o segundo semestre do ano anterior e primeiro deste, medrou en 12.700 millóns de euros. Non se ve traza de pa rada, menos disminución, pola contra o  crecemento acelérase. O resultado vai ser a total ruína económica do pais. O despilfarro e a baixa recadación está no orixe. A evasión fiscal é alarmante, o Goberno quere xustificarse acosando ás comisións de festas e deixa facer ós grandes defraudadores. O paraíso   e o non querer saber o que pasa vaise acabar cando se agote a ucha das pensións,  que pouco queda, entón imos saber o que vale un peine.                                                      

15/08/2015 10:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEN XENREIRA

20150817103228-1378018217749guerra2c.jpg

  A maioría da xente represaliada polo franquismo perdoou os delitos dos que eles e os seu devanceiros foron obxecto. E tempo de que por unha convivencia, se perdoe. O perdón como dicía Adrio, non quere dicir esquecemento. Non se pode esquecer a quenes foron masacrados por querer deixarnos un mundo libre e digno do que, grazas a eles disfrutamos. Hoxe é o día de Galiza martir, en lembranza ós inocentes asasinados polo franquismo. Escolleuse este día porque o 17 de maio de 1936 foi fusilado na Caeira, a beira do Lérez, en Pontevedra, Alexandre Bóbeda; funcionario da Delegación de Facenda. A súa honradez e imparcialidade irritaba mais ós poderosos que a súas tendencias galeguista. Outros galeguistas compañeiros seus non foron asasinados, pese a ser galeguistas. A honradez era un perigo. E iso custoulle a vida. Pero houbo moitos mais homes e mulleres que sufriron a paixón e morte de Bóbeda, sen ir mais loxe, a pasada semana, un grupo de alcaldes demócratas acudiron á localidade de Cacheiras, próxima a Santiago, pra render homenaxe a Anxel Casal, alcalde de Santiago, asasinado polos fascistas en Cacheiras.

17/08/2015 10:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MAUSOLEOS

 

 Despois de que sexa unánime o recoñecemento de que o Gaias é inviable, urxe tomar a decisión mais unánime posible sobre o fin do proxecto. Seguir coa construción do que falta do proxecto sería un desatino, pero tamén o é o mantemento do construído. Así que non é baladí buscar unha nova finalidade. Dende crear un centro de investigación, reconvertelo nun hospital especialiado, construí-la sede dos servizos centrais da Xunta, abandonando as obsoletas instalacións de San Caetano, ou tamén, como propuxeron  en tono burlón: Así que, para reciclar tanta miseria, hai dúas solucións. A primeira, converter o Gaiás nun parque temático do botafumeiro, para que as masas de turistas-peregrinos poidan velo sen entrar na cidade, gañar un simulacro de xubileu e escapar como foguetes cara ás Rías Baixas, deixando en paz a santa catedral. E a segunda consistir en trasladar alí a Facultade de Ciencias Políticas, para que os alumnos aprendan in situ o que non é política e xamais se debe facer. Tamén podería ser unha experiencia obrigada para que as xeracións futuras de galegos aprendan o caros e inútiles que resultan os políticos milagreiros. Pero para este uso, supoño, non haberá consenso.

 

18/08/2015 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

REXENERANDO

 A nade se escapa que a política española precisa sacala do pozo inmundo de corrupción que a afoga pra que respire aire  fresco e  España sexa un país san, que atope o tan necesitado vieiro do desenrolo. Tan unánime é o clamor que ata o PP fixo a promesa de facer unha rexeneración. O membros to Tribunal de Contas foron orientados polo PP sobre como tiñan que facer a renovación. Os Maxistrados que van a instruír o caso GÜRTEL desempeñaron cargos propostos polo PP, Rato é recibido durante unha hora polo Ministro do Interior, o Ministro de Industria fai política favor das eléctricas, etc, Ten unha credibilidade como o do código ético de Feijoo. !Que cheiro!

19/08/2015 10:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

INSISTEN

20150820112103-10013620-10200649657159534-5469842854614708071-n.jpg

  Dende o goberno insisten na mellora da economía española, salvo datos macroeconómicos, que se centran no crecemento dos beneficios beneficios do capital, ningún indicador económico nos permite ningún optimismo. As rendas do traballo retrocederon moitos anos e, lonxe de esperar unha melloría hai a certeza dun deterioro maior. Non hai recuperación de emprego, solo reparto de horas de traballo a menor salario e mais precariedade. As políticas socias, mais necesarias que nunca, son as grandes ausentes. Son os grandes  éxitos do neofranquismo,  e mentres o PP siga facendo propaganda e mentindo, a verdade ten que ser unha constante diaria e ser proclamada

 

20/08/2015 11:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MALA LEITE

   Por qué saen os tractores á rúa. A resposta mais sinxela é por culpa dos prezos do de leite. Neste país dun millón de vacas as cousas son mais complexas. Dicía Feijoo, cando o prezo do leite se pagaba por riba do custo de produción e el estaba na oposición que o bipartito non apoiaba ós gandeiros, agora que está por debaixo do custo de produción, nin lle preocupa. Pra mais agravio e incomprensión, noutros lugares de España, pagan o leite 7 cms mais o litro. En Francia hai un prezo ,mínimo. En España o PP alega que non se pode establecer un prezo mínimo, que a UE non permite alterar a libre competencia. Claro o CARTEL da industria parece que non o ve. O PP favorece á industria fronte os  produtores. Feijoo intenta contentar ós produtores mais influentes do sector mediante subvencións pra que controlen o resto. Con esta política centos de explotacións gandeiras pechara; pero que lle pode importar a un Feijoo que fundiu a industria, o naval, a pesca e os servizos,  Galiza téñena por unha letrina

22/08/2015 10:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AGONIZANTE

20150824100347-10505392-447864235387986-6879896040956424671-n.jpg

  Os peperros chegoulles unha lexislatura pra esgotar a ucha das pensións e ter descapitalizado o sistema ; como xa non teñen de que votar man, ocórreselles alixeira-lo pasivo, votando fora as viúvas e os orfos .os beneficiarios das pensións son unha clase social moi sensible, pero os colectivos de viúvas e orfos son un colectivo que pode caer no desamparo, especialmente vendo a pouca sensibilidade social do PP. O primeiro paso pra votar forra do sistema a estes colectivos vaise a dar, o que resulte co tempo hase ver. Nada bo. A principal causa dos escasos ingresos da  SS é a reforma laboral do PP, que suprimiu postos de trallo de calidade por emprego precario e escasa cotización á SS.

 

24/08/2015 10:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DOBRE ASASINATO

20150825110301-empresa-huarte-valle-caidos-ediima20140421-0434-13.jpg

 

 A decisión da Fiscalía que desestimou a denuncia contra o portavoz do PP, Rafael Hernando, o alcalde de Baralla, Sr Capón, e outros peperos, que insultaron a familiares e vítimas do franquismo, pon de manifesto que Franco segue presente aínda hoxe. A humillación das vítimas do franquismo polos citados e o apoio da Fiscalía, supón que de novo os fusilen e os abandonen nas cunetas.  Os neofranquistas non queren a reconciliación, queren perpetua-la ignominia e o terror

25/08/2015 11:03 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS TRESCENTOS

  Non son os 300 espartanos que defenderon oi paso das Termópilas . O PP g pra que non se lle escape o voto rural pon unha proposta ós gandeiros, daralles 300 por vaca, non se ten en contra a produción, a eficiencia da granxa, etc; chega con ter unhas vacas, sen importar a calidade, nin a produción. Mellor malas, así xa non hai nin que  muxilas. As granxas mal xestionadas pecharán cando as axudas non cheguen, por iso a Feijoo non lle interesa un prezo mínimo do leite, pra que se sosteñan solas., interesanlle esmolas electorais pra cultivar o voto cautivo. Acabou coa indusria, está no da pesca, agora tócalle á agricultura. Está convertendo  Galiza nun deserto, co lume como emblema

 

26/08/2015 10:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O FANTASMA

20150827101139-10308141-10203899780870803-9152232981928885101-n.jpg

 O debate parlamentar carecía de interés,  pero hai algo curioso, o PP ten un fantasma; o espírito de Zapatero está  presente e tódolos males imaxinables sonlle atribuídos ó político socialista. A razón de esta obsesión non é baladí.  Rajoy gastou a ucha das pensións que deixou Zapatero, incrementou a débeda dun 74 a un 102 % do PIB, puxo en perigo as pensións coa súa reforma laboral, retrocedeu en conquistas sociais. Todo iso solo se explica votándolle a culpa a algún inimigo, como no mais florido do franquismo. Ese inimigo non pode ser outro que Zapatero, con hai que comparar a xestión de goberno. 

 

27/08/2015 10:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EMPURRANDO

20150828103811-getattachment.jpg

   No pasado ano, o número de intervencións canceladas foi de CINCO MIL. O caso do doente, ó que lle cancelaron a intervención, logo de ser anestesiado e esperar mais dunha hora no quirófano. O motivo parece que foi a falta de material. Esta causa é moi frecuente. Onde vai a parar o material?  Ónde van caros instrumentos, quén é o responsable?. Sen dúbida os dirixentes non poden facer  como si non pasara nada. É isto o principio da liquidación do sistema público, coidadosamente programada polo PP?. Pobo esperta, estante roubando.

28/08/2015 10:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS VELLOS, UN PROBLEMA

                                                           

                           

   Dicía a presidenta  do FMI que os vellos eran un problema pro sostemento das pensións, tardaban moito en morrer e o sistema non pode aguantar. O Goberno xa quere sacar fora do sistema a viuvos e orfos. Os nosos pensionistas, escoitando  o Goberno e o FMI, senten a culpa de que o país non despegue; eles son, ó  parecer, outro gasto que non nos podemos permitir. En España estamos lonxe de dedicar ás pensións a media da UE, esa é a verdade. Outra mentira é chamar gasto as pensións, cando os pensionistas cotizaron pra súa pensión e o Goberno do PP, coa súa reforma laboral, pon en perigo as pensións, quedando en entredito e o descuberto a mellora económica

 

31/08/2015 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris