Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2015.

UN DISCURSO IRREAL

20150102123337-0945403001222963296-o-lider-do-ppdeg-alberte-nunez-feijoo.jpg

 

   O presidente da Xunta pronunciou este mércores o+ xa tradicional mensaxe de fin de ano, e no conxunto das súas palabras a idea clave que podemos tirar é a do optimismo. Un optimismo desbordante ante o 2015, mesmo no referido á situación económica. Un discurso pra ignorantes, pra cegos que non queren ver, ou que non lles interesa ver. Esqueceuse do índice de pobreza, dos contratos en precario, da mingúa  dos salarios, da conxelación de soldos públicos, en varios anos, de como os altos cargos e directores de empresas públicas se saltan calquera limitación dun xeito obsceno, da mocidade que ten que emigrar, do alto nivel de paro, que ano a ano está a medrar, da destrución industrial, de como está a afogar o sector agrario, das privatizacións, da dependencia. Pola corrupción, que é evidente de que lle preocupa pouco, paso sen darlle demasiada importancia, pasándonos a pelota.  Presumir de dici-la verdade, a súa  verdade, e tamén ocultou dicir o incremento da burocracia improdutiva,  a débeda e o estado do galego.

02/01/2015 12:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VOLVEMOS ÁS COLAS

 

  A España do PP vai tan ben que volvemos ás colas da posguerra. Hai  tal nivel de pobreza, fame e miseria, que os comedores sociais atópanse desbordados. Isto é  terrible, porque nade sabe cuanto aguantaran. Lonxe de presentarse unha mellora no horizonte, as previsións é que a pobreza  se duplique. As colas medaran nos comedores sociais. A pobreza solo é superada pola corrupción, as colas na oficinas do paro asustan

05/01/2015 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MERKEL, O CANGRO

 

    Hoxe por hoxe, a Merkel goberna, ademais de Alemaña, Europa. Non ha verdadeiramente unha Europa, hai unha gra Alemaña, como soñaran os nazis. Os ingleses sábeno ben por iso recelan da actual Europa. Si os europeos queremos construír unha Europa de nacións solidarias e democráticas, Merkel é un obstáculo. A probade que Merkel é uns obstáculo  pra democracia témolo nese chantaxe que lle está a Facer a Grecia.  Scyriza pode ser o inicio duna expresión da conciencia cidadá dos europeos. O Tribunal Internacional de xustiza debía procesar a Merkel por quitarlles o pan e a liberdade ós pobos. Ten que haber un proceso similar o de Nurember. Chantaxear e humillar a Grecia é intolerable.

 

07/01/2015 17:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CAL SERÁ O ANO NOVO

20150108101817-7-ladron-2009.jpg

 

   Qué país nos vai deixar o PP , logo de arrasalo todo, de roubar, estafar, manipular, de desprestixialas Institucións. Tras as eleccións terá que facerse  fronte a un escenario dantesco. Un país arruinado económica e moralmente.  O  lado positivo, probablemente sexa que a experiencia é a mellor escola e agora xa temos un máster en malnacidos, ladróns, pancistas e estafadores.   

 

08/01/2015 10:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON ILUMINEDES A ESCURIDADE

20150109110627-1006258-541811539209088-718420190-n.jpg

  Non iluminedes a escuridade. O goberno danos unha estadística que defire das de cáritas e outras ONG. Cristóbal Montoro arremeteu contra Cáritas por dicir que rescatar ós 700.000 fogares sen ingresos custaría 2.600 millóns de euros, a metade do que o Goberno vai investir en salvar ás autoestradas.  Montoro criticou, asimesmo,  que a institución da Igrexa suscitase un debate "que non ten que ver coa realidade, a do seu goberno, e sigan facendo informes como este, sobre todo cando o Goberno, e máis concretamente el mesmo, están dando unhas estadísticas moi boas.  1,400.000 persoas traballan un día á semana, así non figuran nas listas  do paro

09/01/2015 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON ILUMINEDES A ESCURIDADE

20150109110627-1006258-541811539209088-718420190-n.jpg

  Non iluminedes a escuridade. O goberno danos unha estadística que defire das de cáritas e outras ONG. Cristóbal Montoro arremeteu contra Cáritas por dicir que rescatar ós 700.000 fogares sen ingresos custaría 2.600 millóns de euros, a metade do que o Goberno vai investir en salvar ás autoestradas.  Montoro criticou, asimesmo,  que a institución da Igrexa suscitase un debate "que non ten que ver coa realidade, a do seu goberno, e sigan facendo informes como este, sobre todo cando o Goberno, e máis concretamente el mesmo, están dando unhas estadísticas moi boas.  1,400.000 persoas traballan un día á semana, así non figuran nas listas  do paro

09/01/2015 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ALARMA

20150110121546-10734045-895494660471554-243835906706964090-n.png

 

 

   A desaparición do galego é un feito comprobado. Durante o mandato de Feijoo estase dando unha perda crecente de galegofalantes. A Dirección de Política Lingüística, converteuse nun órgano irrelevante pra promoción do galego, mesmo é unha Entidade que colabora no seu desprestixio e exterminio. A comparecencia do Director de Política Lingüística evidenciou que non hai ningún plan de apoio ó galego. Coa chegada de Feijoo suprimíronse as galescolas, e o ensino do galego converteuse nunha materia optativa. Pra que fora b en visualizable a súa inutilidade, erradicouse de calquera sistema de valoración e uso na Administración pública. Pero pra elimina-lo galego nos lles chegou con limita-lo seu ensino, con medios propios, así como coa axuda de organizacións privadas, levaron a cabo unha intensa campaña de desprestixio do galego pra convencer ás familias da inutilidade do galego e do seu desprestixio social

10/01/2015 12:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

BAIXADA DE IMPOSTOS

20150112112547-2207.jpg

 

 Os novos tipos impositivos do IRPF  baixan, mais pras redas baixas. Ese  é a mensaxe que se quere transmitir o PP, pero o resultado real é que as rendas altas obteñen unha rebaixa dez veces superior ós mileuristas. Pras moi altas, a baixada de impostos pode ser de 60 veces a dun mileurista.  Indignante, pero esas son parte das REFORMAS do PP. Fora desta comparación quedan as rendas de salarios como o Presidente de Iberdrola e xente polo estilo. 

12/01/2015 11:26 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LEI DE SANIDADE

20150113113655-1269-im-300x225.jpg

 

  Intentando dar a aparencia de que a sanidade vai ben. Fíxase un tempo máximo de espera pra unha intervención quirúrxica. Pasado    este tempo pode o doente acudir á sanidade privatizada. A ruta está cantada. Péchanse prantas enteiras de hospitais públicos. Non se cobren as prazas do persoal sanitario xubilado. Todo iso é un xeito de privatización encuberta 

13/01/2015 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NADA TEÑEN QUE XUSTIFICAR

 

  A historia de Monago pon de manifesto que o políticos creáronse areas de impunidade. A querela por malversación de fondos públicos foi arquivada,ó non dar autorización o Senado, que entende que os Senadores non  teñen que xustificar nada e poden gasta-los cartos, de tódolos españois, no que lles pete, mesmo en vicios. Non importa que os gastos non teñan relación coa actividade parlamentar. O esencial é que non teñen nada que xustificar, están por encima da lei. A desafección cidadá por este tipo de Institucións está mais que xustificada i é imprescindible  a reforma en profundidade e  supresión de moitas delas.

 

14/01/2015 11:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DE CASCADADENUNCIAS

20150115113740-1240487-626535874061141-1958548172-n.jpg

 

    O goberno español vai recibir unha cascada de denuncias por altera-las regras do xogo das eólicas cando o partido estaba en marcha..Durante o goberno de Zapatero chegamos a ser punteiros.  As inversións en renovables, ademais de inversores nacionais, consigue atraer unha importante inversión estranxeira, facendo de España un país punteiro neste tipo de enerxías. Coa chegada de Rajoy ó goberno introduce unha alteración do marco xurídico e dáselles poder absoluto ás compañías enerxéticas tradicional. Privatizase o sol e o aire, o que acarrean xocosos chistes na prensa estranxeira. As empresas mandan. O PP España impórtalle unha merda, o capital é o que manda.

15/01/2015 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A BELLA EUROPA

 

 

  Nun futuro será un mal asunto ser europeo. Somos os mamporreiros de EEUU e do capital. O espírito europeo, o mesmo que a Europa está morrendo pouco a pouco. A estes achaques hai que unir unha crecente  presión do islam, que pouco a pouco nos vai impoñendo o seu xeito de vida. Vemos como se erguen  mezquitas, mentres que nos seus países non deixan construír airexas, e os europeos que viven neses países viven en  guetos. Deixémonos de milongas, non os vamos a buscar, se veñen a Europa, teñen que respeta-lo noso xeito de vivir  non impoñernos a súa relixión. Que en Europa non exista un común acordo pra establecer unhas normas de seguridade xa é penoso, e que os gobernos queiran aproveita-la oportunidade pra restrinxir liberdades.  Europa é unha leona vella desdentada, e a nosa debilidade revestida de tolerancia, vainos saír cara. Os imáns proclaman nas mezquitas contra do que entendemos por regras de conviencia 

16/01/2015 11:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DELITO OU MALA XESTIÓN

20150117112501-1982236-487938724677747-4301697002313493199-na.jpg

  A comisión de delitos na acción de goberno soe calificarse como mala xestión. Nembargantes hai situacións en que a mala xestión non chega dabondo pra  encubrir unha acción delituosa. Así o entenden algúns avogados que interpuxeron querelas criminais por diversos episodios ocorridos nas urxencias  dos hospitais. O amoreamento de doentes, as largas espera, a falla de un mínimo de intimidade e  as lamentables infrahumáns en que teñen que  agardar os doentes, está na orixe destas querelas.a situación  da sanidade pública galega e tan grave que en calquera momento pode ocorrer algo irreparable. Segundo a Conselleira só é cuestión de confort. O Sergas perdeu mais de 2.000 profesionais os últimos tempos. Estase  a privatizar servizos, cuns custos de xestión elevados e uns resultados de calidade pésimos, pero Feijoo, que algo ganará, segue na mesma política.A súa irmá parece que é unha conseguidora, mesmo nas listas de espera. O negocio da sanidade primaria medra como a escuma. Estes do PP acabaran co sistema público

17/01/2015 11:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON SER

20150119120535-10440898-365584806941182-8249045804886697100-n.jpg

 

  Felipe González está moi preocupado por PODEMOS. Declarou que el si fora novo, nunca sería de PODEMOS. Felipe González na súa xuventude era un falanxista  moi comprometido, aínda que o seu compromiso era co poder. Quedou fora do poder coa chegada da democracia, foi  recuperado polos EEUU pra facer una escisión no partido socialista  e quitar de en medio a Tierno Galván.  Dende aquela o partido socialista deixou de ser socialista 

19/01/2015 12:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NADA DISO

20150120114714-10371942-679136792200911-5199987150131898282-n.jpg

 

  O PP nega que haxa corrupción no partido. a imputación de políticos do PP no caso gürtel, e o contido do auto xudicial, no que especificamente se sinala o PP como principal beneficiario da corrupción, non obsta pra que no PP se negue o evidente. Aínda van mais aló, reformaran o Código Penal e xa non será delito se o suborno non pasa dos 500.000 euros, co cal a maioría estaría libre, de pena, incluso cando houbera moitos de menos de 500.000 euros. Pero tamén teñen unha estratexia pros moi graves, que consiste en alargalos procesos on todo tipo d artimañas. Non teñen vontade de combate-la corrupción, por  que eles mesmos son  corrupción, e optan por legaliza-la 

20/01/2015 11:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON TAN BOAS

20150121110930-602782-561134320563395-1411748446-n.jpg

 

 

   O FMI  pronostica que a España medrará pro   ano un dous por cento. A noticia hai que matizala. 1º ponnos no lote de Grecia, mentres se estancaran países como Alemaña ou Francia. Eu prefería ir no lote de Alemaña, ou Francia. As economías de España e Grecia veñen do inferno, unhas economías desestructuradas, que solo poden ir nunha dirección. O FMI é un organismo da economía liberal e non dos países. Ten unha espiña con Francia, onde o sector público é moi importante  e devece por desmontalo. pronostica que ata despois do 2019, España non reducirá o paro. Qué crecemento é ese que non xera emprego, e que non despegará o consumo. Sinxelo, algunhas empresas incrementarán  os dividendos, que é o que lle interesa ó FMI,   pero a mellora non  chegará á rúa 

21/01/2015 11:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PIONEIROS

20150122115145-1982236-487938724677747-4301697002313493199-n.jpg

 

 

  Feijoo foi pioneiro na privatización sanitaria. Cando era Xerente do SERGAS, sendo Conselleiro de Sanidade o seu padriño Romay, Feijoo inventou as Fundacións, coa de Verín como bandeira. As Fundacións foron un papa cartos e un cúmulo de irregularidades. Foron rescatadas polo bipartito por dez millóns de euros. Nade se fixo responsable da falcatruada, e mais, Feijoo insiste nas privatizacións. A sanidade é un negocio seguro, e os cartiños son o corazón  dun home, e dunha muller tamén.

22/01/2015 11:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

REFORMA DO CP

20150123111108-1959811-3873111762251-80437406-n.jpg

 

   Aonsable do delito de corrupción non saíran do carcel mentres non devolvan o diñeiro.  reforma do CP que fai o PP alenta a entrega do diñeiro negro ós políticos. O respIsto é unha tomadura de pelo, porque tamén di que os imputados por corrupción e por delito fiscal terán dous meses pra regulalariza-la situación dende  que son imputados, non dende que son descubertos.  Así que ningún corrupto, ou delicuente fiscal irá á cadea. A entrega de diñeiro negro non será delito se non supera as 500.000 euros, pero probar que se entregou diñeiro pra obter un trato de favor, será imposible. No se podía agardar que os corruptos o fixeran de outra maneira

23/01/2015 11:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LER FAI PERSOAS LIBRES

20150126112800-10614125-10203913548311555-4866144179428215349-n.jpg

 

  Un 45% dos galegos non le habitualmente, a maioría dese porcentaxe nunca leu un libro. O número dos que nunca leron un libro medra entre os votantes do PP. Estes son os datos fríos, cada quen que saque as conclusións que estime acertadas. A relación entre lectura e tendencia de voto é mais definitoria da tendencia política que calquera outro elemento da condición do individuo, xa sexa económica, status social, etc . Esa pode ser a razón polo que o ensino esta tan ideoloxizado, e que determinados políticos teñen xenreira á lectura.

 

26/01/2015 11:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

STOP

20150127111403-safe-imageoi.jpg

 

 

  As eleccións gregas van frear as tragadeiras das políticas ultraliberais, aínda que os criminais económicos non está dispostos a afroxa-la soga dos pescozos dos europeos e xa lanzaron aviso sobre a necesidade de continuar co que eles chaman as reformas, Queren que o caso grego sexa un exemplo pra Europa. Conta coa inquebrantable postura do PP español. O PP sabe que ten unha clientela electoral moi fiel e non vai en  dubidar en se-la punta de lanza da política ultra en Europa. Irlanda xa pide unha reestruturación da débeda. A que moitos califican de inmoral. Pero solo coa reestruturación da débeda non se arranxaría o problema económico, hai reformas políticas e administrativas que non poden esperar. Eliminación do Senado das Deputacións e dun terzo dos concellos i eliminación de órganos consultivos, refuxio de políticos, topan co acordo tácito de PP e PSOE 

27/01/2015 11:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

STOP

20150127111403-safe-imageoi.jpg

 

 

  As eleccións gregas van frear as tragadeiras das políticas ultraliberais, aínda que os criminais económicos non está dispostos a afroxa-la soga dos pescozos dos europeos e xa lanzaron aviso sobre a necesidade de continuar co que eles chaman as reformas, Queren que o caso grego sexa un exemplo pra Europa. Conta coa inquebrantable postura do PP español. O PP sabe que ten unha clientela electoral moi fiel e non vai en  dubidar en se-la punta de lanza da política ultra en Europa. Irlanda xa pide unha reestruturación da débeda. A que moitos califican de inmoral. Pero solo coa reestruturación da débeda non se arranxaría o problema económico, hai reformas políticas e administrativas que non poden esperar. Eliminación do Senado das Deputacións e dun terzo dos concellos i eliminación de órganos consultivos, refuxio de políticos, topan co acordo tácito de PP e PSOE 

27/01/2015 11:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PERIODISMO NEGRO

20150128112401-cabaleiromalaprensa2.jpg

 

 

 Xa é habitual que os medios de comunicación se dediquen a transmitir noticias producidas polos gobernos, ou polos lobees. Canto mais teñen que ocultar, mais é o protagonismo dos medios de información, par desinformar e orientar á vontade popular. O goberno galego incrementou os orzamentos pra prensa un 17%. Isto cando se están a recortar servizos públicos, non deixa de ser alevoso, i é que o austericidio e o mal goberno hai que  vendelo. É especialmente significativo o gasto de lobees, como o farmacéutico, ou da alimentación, que se gastan pra orientar os seus intereses o goberno de Bruxelas 170 millóns de euros ó ano. Cando lemos un xornal, ou un telexornal, temos que ser moi críticos 

 

28/01/2015 11:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MORRE UN SOLDADO

 

 

   Os israelitas asasinan a un soldado español que montaba unha vixilancia estática no sur do Líbano. O posto de vixilancia era coñecido por Israel, polo que é un asasinato alevoso e premeditado, de alguén que lles gardaba as costas. Si iso o fan cos amigos, que non farán cos inimigos O gobernos español parece preocupado, pero ausente, o feito require unha resposta fulminante e inequívoca.  Estes xudeus cada vez fan mais méritos pra que se lles deteste

 

29/01/2015 11:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NA BOA DIRECCION

20150130113141-1176128-547745571940613-1953169116-n.jpg

 

  A economía española vai ben. As subas do salario mínimo é dun 0,5%, que pasa por ser un dos baixos de Europa; as pensións un 0,25%., e pra iso van a ucha Grecia, na mais   subir  SYRIZA ó poder subiu o salario mínimo 200 euros. España, a España do PP, agora é o único bastión, xunto con Portugal que segue a política austericida de Alemaña e o FMI. Pero este ano, como ven o período electoral,  o PP baixa os impostos, iso si, porcentualmente, co cal a baixada de impostos pode supoñer un incremento de 15 a 20 euros na nómina, ou 750, depende do soldo á que se lle aplique. Os cidadáns, unha maioría, non desprezable, está moi contenta con esta baixa, mesmo pensan aforrar.  A estupidez e a ignorancia son enormes. Esta baixada, insignificante pa maioría, vainos alonxar mais do cumprimento do déficit, polo que son previsibles novos recortes.

30/01/2015 11:31 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PARALIZADAS

20150131110645-imagescatavebc.jpg

 

  As  obras do AVE foron paralizadas, agás nos tramos mais doados. Nade se dixo a qué se debe esta paralización, pero seguro que esconde un incumprimento mais do PP, pero pode haber algo moi preocupante. O PP necesita concentrar inversións noutras autonomías, de cara ás eleccións. Votan de conta que os galegos son un rabaño de ovellas e que lle será doado venderlles esta estafa, a fin de contas sempre foron doados de enganar. Solo falta saber cales serán as mentiras que van lanzar pra este caso. Xa vexo a Ana Pastor, Feijoo e caciques en acción. Vaise notar o incremento dos gastos en propaganda, pra iso non hai recortes

31/01/2015 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris