Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2015.

O QUE OS UNE

20150202111928-64775-733847576698877-6987859141669964261-n.jpg

 

 

   PP e PSOE, sempre compartiron obxetivos, aínda que simularan ser inemigos,  apoiados por medios de comunicación afíns están desenrolando unha campaña de desprestixio sobre PODEMOS, e de maneira especial sobre os seus cadros de mando. Aquí todos se apuntan ó bombardeo, dende a escura Rosa Diaz e EU, sen esquece-los nefastos Aznar e González.  O PP está  utilizando toupos nas redes sociais pra contrarresta-lo descrédito da súa imaxe. A pregunta é qué pinta Galiza nesta disputa. Galiza non pinta nada, a ningún deles lle preocupa o mínimo                           

02/02/2015 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A MESMA CARTILLA

 

   Nova Democracia grega, presume ter encouzado o país pra saír da crise e solo teme que Syriza arruíne ó país. Fai falla unha cara dura impresionante pra dicir iso despois de levar o país á ruína económica, a pobreza e humillación dos gregos. Na distancia, os conservadores gregos, repiten o mesmo mantra que Rajoy, o país está saíndo da crise. O malo é que, o mesmo que España, cada vez o túnel é mais longo e mais escuro. Unha propaganda ven engraxada e ben dirixida obra milagres

 

03/02/2015 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS WALKIRIAS DE ORIENTE

 

   Polas fillas das súas fillas. O 40% das tropas do Curdistán que loitan contra o EI son mulleres, moitas delas en postos de rersponsabilidade e con alto valor exemplarizante como  Rehana, símbolo da resistencia curda, outras ó mando das tropas que derrotaron o EI en Kobani tras catro meses de combate está unha muller de 40 anos: Mayssa Abdo; ou a comandante Narin Afrin, como a chaman no campo de batalla. Aqueles que a coñecen din que Abdo é unha muller "fermosa, culta, intelixente e tranquila", que "se preocupa pola forza mental dos combatentes e se interesa polos seus problemas. Son un exemplo pro mundo. En Occidente as mulleres piden unha cuota feminina, elas ganan o dereito á igualdade. 

04/02/2015 10:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS DEZ PLEITOS

20150205113029-1240487-626535874061141-1958548172-n.jpg

 

 Polo menos hai interpostos dez pleitos contra España polas renovables. O Ministro Soria privatizou o sol a favor das eléctricas en prexuízo das inversións feitas en renovables. Da súa política de defende-los intereses  das empresas privadas da enerxía eléctrica derivouse unha expropiación de dereitos das renovables e, de feito, a privatización do sol en favor das eléctricas, coa paralización de tódolos proxectos de enerxías impas. As consecuencias son eses pleitos internacionais, nos que terminará condenada España, pero non o PP , como debera ser.

05/02/2015 11:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AMIGOS APROVEITADOS

20150206110817-10502024-1017523601596188-2709754260732179246-n.jpg

 

 

 Crespo foi inmensamente útil pra manipular as cifras do paro e outros manexos, pero cando a súa compañía podía traer complicacións, os amigos  fuxiron como as ratas e lanzárono os leons. Agora tira dardos como: «a corrupción crónica e a deslealdade xeneralizada». entende que os cargos públicos que durante anos lle axudaron a organizar cursos lle viraron as costas cando descubriron que estaba a ser investigado. E así o resolve, apelando ó que di ser o seu conseguidor: «Traballaba con Pachi Lucas porque ou estas cos amigos ou non traballas». Clarísimo       

06/02/2015 11:08 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PROBLEMA NON É GRECIA

 

 

    O problema real de Europa non é Grecia, pola contra agora pode se-la solución. Merkel impuxo a Europa unha política de austeridade, sen  importa-lo crecemento. Unha política que apoiou Francia, hasta que se deu conta que o lume se lle achegaba. A Merkel coa súa presión, sen límites, pode crear un problema moi grave, non solo na UE, senón en Occidente. Dun xeito similar, salvando as distancias, pasou con Cuba. O que fixo EEUU foi crear un réxime comunista, en lugar dunha democracia. Os gregos están ó límite e cansos de que a teutona os humille. Rusia  e China están  ó quite 

 

07/02/2015 11:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CHAMAN Á PORTA

20150209112921-1978670-386070711536015-1075771768-n.jpg

 

  Mariano sente que lle moven a cadeira, que á porta da Moncloa hai un novo inquilino que quere votalo fora. O PP e o PSOE, senten medo de quen é un novo competidor, que lles pode coller a teta. Montoro esquécese dos grandes defraudadores e emprega os escasos recursos en investigar á cúpula de podemos. Soraya culpa a Monedero da falta de fondos pra pagar servizos sociais. Todo moi subrealista

09/02/2015 11:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ASESORADOS

20150210112912-10959874-548820765220924-461148535618970151-n.jpg

 

 

  Parece que o aumento de retribucións ós asesores non están suxeitos a ningún límite. E así os incrementos salariais poden chegar a mais dun 30%; pero se iso non chegara pra escandalizarnos,  o seu número non ten límite, nin están suxeitos a calificación, nin titulación académica, por iso non é de estrañar o alto número de asesores, sen sequera o graduado escolar. Razón pola que parece lóxico que Wert queira devala-los estudos universitarios

 

10/02/2015 11:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MOI LONXE

20150211120542-10001285-10201619824807000-2062271244764893305-n.jpg

 

   Pese ós recortes , o cumprimento do déficit está cada mais lonxe. O problema esencial é  que entramos nun ano electoral e o PP non quere arriscarse a perder mais votos os pringados. porque a clase non lle recorta, nin lle esixe, fai o que quere. A última enquisa xa situaba ó PP a 7 puntos de PODEMOS, situándose nun 2º posto, con pouca vantaxe sobre un errático PSOE. A política de recortes recaeu sobre a capa social produtiva e deixando intocables Institucións e privilexios de elites. Cecais que PODEMOS non solucione moito, chega que non a cague. Peor que o PP e o PSOE non o pode facer. Iso seguro. 

11/02/2015 12:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON COÑECE Ó PAÍS

20150212115418-11713-849608745101380-4178394693919546037-nf.jpg

 

     Rajoy dixo que non coñecía ó país de pobreza e miseria do que lle falou Cayo Lara no Congreso. Por fin admite que non coñece a realidade. Il vive nun mundo de fantasía, que solo existe pro PP. Seis de  cada sete españois viven ben, os outros non contan. Revimos as Españas de Franco. A dos sublevados e os seus erdeiros,  a que resiste e que vive na realidade dolorosa da miseria. Parece que a guerra do 36 continua nunhas agonías de miseria que os vencedores da rebelión manteñen no tempo. Que miseria de país, cos seus 13 millóns de pobres

12/02/2015 11:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

HAI RECUPERACCIÓN

20150213110212-1491694-4160942598915-3795995465095453553-n.jpg

 

 

  O PIB  de España pode medrar este ano un 2,3%. O dato podía ser bo, pero o PIB sobre o que se calcula o crecemento non deixou de  baixar os últimos anos, ademais o crecemento do non se nota na rúa, vai directamente pros especuladores e pros beneficios das empresas. España é o país da UE onde mais creceu a desigualdade. Xa temos trece millóns  de pobres e 2.400.000 nenos en fogares sen ingresos.  O mais curioso é que hai familias, que sen necesitalo, son profesionais das axudas públicas e arrasan con todo. Somos un país distinto   

13/02/2015 11:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN NEGOCIO

20150214113423-64775-733847576698877-6987859141669964261-n.jpg

 

  Parece unha tenra historia de amor. A realidade é que o poder os une, son como almas solitarias que se unen na tormenta dun poder convulso. Chegara o día, que xa parece próximo, en que un sen o outro non son nada. Comerán xuntos, non por veceira, como fan agora. Hoxe é o mellor día pra imaxinalos xuntos

14/02/2015 11:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GUERRA A PODEMOS

20150216114303-1069793-663636067084317-470412549284328754-n.jpg

 

  O PP inicia unha guerra tributaria e de desprestixio contra PODEMOS. Todo o PP  se implica na guerra acaudillada por Montoro., incluso os culpan dos recortes nos servizos sociais, polo presunto fraude á Facenda de Monedero, que pode supoñer 80.000 euros de cuota. A culpa, dende logo é de Monedero, a nade  se lle ocorre gañalo diñeiro fora e traelo pra España, o normal sería roubalo en España e levalo a parasos fiscais.  Non son culpables os moitos casos de corrupción, o rescate bancario, o fraude xeneralizado de grandes contribuíntes, o sostemento de un Senado, 50 Deputacións, dunha Casa Real, da Airexa e de multitude de concellos e órganos consultivos, así como unha lexión de asesores,  privilexios e boatos

 

 

16/02/2015 11:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEN RECORTES

20150217111254-1477495-877958422246089-307251603-n.jpg

 

 

   As subvencións a Fundacións de partidos políticos non sofren recortes, medran. FAES incluso ten mais, tanto que non saben que facer cos cartos, incluso queren crear posgrados. Tamén os asesores, medios de comunicación e propaganda viven na abundancia. Mexan por nos e xa non podemos protestar, está prohibido. Temos que dicir que chove.

17/02/2015 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN MINIESTADO

20150218113724-7-ladron-2009.jpg

 

    A banca diminúe o salario dos seus traballadores e paralelamente incrementa a dos seus Consellos de Administración. É un Estado dentro do Estado, impoñendo regras. Nalgúns casos con xubilacións escandalosas e beneficios obscenos. Con todo o mais doloroso é o espolio ós cidadáns, que teñen que pagar dos seus petos os erros e mala administración da banca. A banca converteuse nunha especie de cinche doméstica que chucha ó sangue dos cidadáns, pra abandonalos cando  xa non teñen nin sangue sangue. A banca, que debía canaliza-lo aforro hacia a inversión, mudou pola cómoda e mais lucrativa espoliación da riqueza do país. O gran erro do Goberno foi non deixala quebrar, pero estes políticos débenlle demasiado á banca          

                                                                                                       
18/02/2015 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

HUMILLADOS

20150219111520-1349621693728rajoydn.jpg

 

   Os gregos foron literalmente humillados pola UE. Fai anos que cometeron o erro de perdoarlle a débeda a Alemaña,  agora volveron a comete-lo segundo erro, que consistiu en desafiar á Merkel.  Polo xeneral a Merkel témenlle en Europa, ela é a que marca as directrices da política europea, todos bailan o seu son, e os que se atreven a levarlle a contra ponos firmes. Neste momento había unha tímida compresión dalgúns países da UE a postura grega, pero Merkel amosouse, dende o principio, inflexible e soberbia. O mais salientable foi o  papel de Mariano Rajoy, que non soe levanta-la   voz, pero neste caso parecía co mordera unha víbora e quería comerse ós gregos

 

19/02/2015 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CONTRA TODOS

20150220114416-10404301-888184884566346-3005903517976268510-nv.jpg

 

  A Merkel semella un xeneral nazi e pretende ter a Grecia de xionllos e impoñe-la exemonía xermánica sen mais consideración que a súa visión miope da política. Non é unha estadista de talla internacional, é unha política doméstica, a que lle preocupa soamente a política interna e que os demais estén unicamente o seu servizo.  Agás Rajoy, hai unha  idea unánime dos países da Unión pra permitir respirar a Grecia. Os gregos votaron unha opción política a que lle deben dar unha oportunidade de devolver a ilusión ó país, fronte ós que levaron o país á miseria e a humillación. Merkel o que está conseguindo é aglutinalos gregos o se líder  e amosa-la a súa vena fascista, non solo polo apoio a rexímenes como os de Ucraína e Lituania,  senón pola súa política de soberbia e imperialismo. A lección é sinxela, da igual o que se vote, Merkel decide.

 

20/02/2015 11:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PREVENCIÓN

20150221123254-1269-im-300x225.jpg

 

 

  A previsible perda do poder. O PP leva a cavo unha frenética reforma e acelaración da privatización da sanidade, de tal xeito que ó goberno que entrante se lle faga imposible, ou moi difícil eménda-la política do PP en sanidade

21/02/2015 12:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A PARÁBOLA

20150223120821-1006258-541811539209088-718420190-n.jpg

 

 Unha muller tiña uns cantos burros,  que lle gastaban pouco, pero ela aínda pretendía que lle foran mais económicos, polo que lles foi recortando á comida hasta que solo os animais comían dous días á semana. Cando aínda pretendía  mais  recortes, os burros morreron coa fame, vítimas dos recortes avarentos da súa ama. O mesmo lles pode pasar ós países da Europa pobre. Os que maman na teta non recortan o seu, e a señora Merkel quere mais recortes. Os peperros cobran sobresoldos, a corrupción e mais grande que os recortes. Tampouco os outros partidos queren reduci-la súa ración, os cidadáns xa non poden aguantar mais recortes, o final morreran coa fame, e nin a Merkel, nin os parasitos dos políticos terán a quen explotar.  

23/02/2015 12:08 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A POBREZA

 

   Rouco dixo que quería unha airexa pobre. Vista a actuación do elemento queda claro que cando se refire a unha airexa pobre, refírese á que quere uns feligreses pobres. O clero é outra cousa. Quere que o clero viva na opulencia do pasado. Por iso el vive nun ático de 400 metros no centro de Madrid, e que gastou en acondicionalo o seu gusto 500.000 euros. 600 familias, de promedio, son desafiuzadas diariamente e quedan n a rúa. Cando Rouco vos pida que marquedes a casilla da airexa na declaración da renda e que votedes ós seus, facédelle caso.

24/02/2015 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PERDOA VIDAS

20150225113121-1011474-10151857542492240-1139537545-n.jpg

   Rajoy oe ben, pero non hai peor xordo co que non quere oír. O debate era como se agardaba, un diálogo entre xordos, no que cada un le un guión,  sen importa-la realidade do país. Rajoy  tiña que dar contas e os outros examinalas, pero parecía que Rajoy pintaba un país, que solo existe na súa imaxinación e encima abroncaba á oposición. Perdeu os papeis cando lle dixo que España fora rescatada, en contra do que dicía Rajoy. Notouse a fenda xeneracional. O s insultos e malos modos afloraron, nada de luvas brancas. Non se agardaba ningunha solución, pero foi patético, cun ofrecemento dunhas migallas ós posibles votantes, todo en clave electoral.

25/02/2015 11:31 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O MENSTRUO

20150226113535-1013453-471212682977769-1052292964-na.jpg

 

  EEUU e Israel crearon o menstruo do estado islámico pra combater a grupos árabes, pero fóiselles a man. O EI é unha organización de dementes moi  ben engraxa. Acabar con este menstruo custará millóns de euros e moitas vidas. De iso se trata das ganancias da industria armamentística. As vidas que se sacrifiquen non serán dos que crearon o problema, pra iso están os pobres. As atrocidades que está cometendo o EI sérvenos pra darnos conta que o mundo está gobernado por cabróns

26/02/2015 11:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUÉ OCORRE?

20150227114802-ferrer1-350x200.jpg

 

   En Ucraína  había un réxime democratizo, pero un golpe de estado incitado pola CIA levou a instaurar unha ditadura e a unha guerra civil, con consecuencias imprevisibles. Sábese que al menos novecentos efectivos estadounidenses e israelís operaron en Ucraína como forzas especiais, pero a involucración de Europa na contenda é crecente. A financiación,  a loxística e o suministro clandestino de armas é crecente. ¿ pode apoiase a un réxime que é abertamente nazi; unha ameaza pro sistema democrático de occidente. Algunhas unidades locen símbolos nazis coa esvástica, prohíbese o partido comunista; calquera pode ser acusado der comunismo. Nas repúblicas bálticas fase apoloxía do réxime nazi e escenefícase o extermino, avogase por eliminar fisicamente ós mendigos. En España, militantes do PP, como o concelleiro vasco, ou as novas xeracións peperras fan exhibicionismo de símbolos nazis. O mundo esta toleando

 

27/02/2015 11:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

HAI QUE QUITARLLES O VOTO

20150228115041-527855-289490844514736-1643374612-n.jpg

               

  O Bispo de Alcalá é prolixo en ideas. Non teñen porque ser boas, pero é unha fonte inagotable de paridas. Según el hai que quitarlles o voto ás mulleres, ultimamente pensan por si  solas. Tamén ten receitas pra sacar a homosexualidade. E pra non  ter fillos, mellor usala porta traseira. Solucións pra todo. Rouco no seu pisiño de 400 metro, non regateo nada pra poñelo o seu gusto, que debe ser un gusto caro, xa que lle custou o arranxo 400.000 euros, por suposto sen IVE. Os empregados de Deus non pagan IVE. Cada vez ten menos sentido o da airexa

28/02/2015 11:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris