Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2015.

DEVALADAS

20150701121434-burra.jpg

  Quen di que Feijoo é un burro pode estar errado, Feijoo é preso dos que o auparon ó posto, e fai o papel que eles esperan de el, e moi ben, por certo. Como non podía ser de outra maneira, aproveitou a ocasión que lle brindaba o acto de entrega des medallas CASTELAO pra soltar un dos seus discursos partidistas, proclama-la súa verdade e insultar ós que non pensan como el. Negou, malia ós abrumadores feitos, que el marxine ó galego, o que negou utilidade, pra negar validez democrática ós alcaldes das MAREAS. É difícil compartir un acto Institucional con que non sabe, nin quere comportarse con un mínimo de ríspeto. De aí  que comprenda a postura do alcalde de Santiago. O que non entendo é porque ós alcaldes insultados e outros representantes soportaron as súas babosadas e non o deixaron plantado. As  medallas CASTELAO consígueo devalalas e deslucir a quen as recibe    

01/07/2015 12:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NO SE CREA EMPREGO REPARTENSE HORAS DE TRABALLO

20150703111819-1176366-579884698736110-827310788-n.jpg

   Á espera do que nos diga a EPA. Os datos do emprego do pasado mes dan unha diminución do paro: non é unha mala noticia pra un goberno que precisa alegrías, tampouco pros cidadáns, sobre de todo pros que viven a traxedia do paro; pero na casa do pobre as alegrías son poucas e sempre traen algo que as agrea. O número de cotizantes á seguridade social medra, pero a suma global do que cotizan baixa. Iso quere dicir que o emprego e de escasa calidade, ó que se suma a temporalidade dos contratos. Asínanse contratos por catro horas diarias, que marcan a cotización, esixíndolle o traballador 9 horas. Extínguense contratos fixos e de calidade pra sustituilos por contrato basura. Imos a creación dun mercado laboral da explotación indigna do ser humano

03/07/2015 11:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN RESPETO

20150704113515-12-03-09-corrupcion-y-mentira-.jpg

 

  Na loita de David contra Goliat, que sostén o goberno grego coa Troika, mófanse dos seus esforzos pola  defensa que fai  de Grecia, deséxanlle unha derrota nas furnas, pra escarmento dos demais europeos Xa puxeron en marcha toda  a maquinaria, dende o chantaxe, os medios de comunicación e as redes sociais Están humillando e chantaxeando dun xeito infame a Grecia. ATroika mantense inflexible, mentres solta, xunto cos EEUU, dólares a esgalla a Ucraína, un estado totalitario e golpista. Son de vergoña algúns comentarios feitos por descerebrados e lakaios da Troika.. Non se preocupan de saber por qué maxia a débeda proivada  se trocou en débeda pública. Solo un 10% do rescate chegou os  petos dos gregos, a maioría a bancos alemáns. Si o de Ucraína responde a cuestións xeopolíticas, Grecia pode estar nunha situación similar e EEUU xa llo fixo ver ´Comisión, non convén leva-la ó límite. O FMI xa recoñeceu que a débeda é impagable, e non se lle debe obrigar a un doente  seguir tomando a medicina que o está matando.   Europa é un club financeiro, esquecendo a parte social, non hai solaridade entre os socios. En QEEUU non se deixou caer California, e o problema era meirande,   A firmeza de Europa cun país pobre e pequeno quixerámola ver tamén cando se insolenta un grande. A  dignidade europea ofendida nos casos de espionaxe solo mereceu  carantoñas, espaventos, visaxes e un par de pucheritos. 

04/07/2015 11:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

RAJOY A MÁQUINA

20150706111822-1176128-547745571940613-1953169116-n.jpg

  España vai en cabeza da recuperación económica en Europa, unha recuperación que solo RAJOY ve. Fai poucos días, o BCE viuse obrigado a facer unha acción de apuntalamento extraordinario, acción que sería impensable si o Eurogrupo non tivera aberto o fronte grego. Os españois temos dereito a saber que pasou. Que Rajoy ou De Guindos nos lo expliquen; pero vai ser que non, e unha manta de silencio, coa complicidade da oposición, o  cubrira todo. 

06/07/2015 11:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS ERDEIROS

20150707111823-2.jpg

  Os erdeiros dos heroes  das Termópilas e de Alejandro Magno. Os inventores da democracia e da cultura occidental, falaron. As vellas e oxidadas Institucións europeas, emperradas en impoñer un trágala a Grecia, pra logo propiciar, co seu terrorismo financeiro, un golpe de estado. Aínda que reza o vello principio de que na CE non caben ditaduras, o certo é que prefiren unha ditadura que sirva ós seus intereses que a democracia. De feito o referendum grego suscitou unha unanimidade de  oposición nunca lograda, todo polo medo as furnas. Mesmo algunha político, como os do PP español, non tiveron miramentos en afirmar, dende as súas convicións antidemocráticas,  que  as furnas poden ser  perigosas

 

07/07/2015 11:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VELLOS PRIVILEXIOS

20150708120810-196369-10151238792867001-1949341037-n.jpg

 

 

  O PP e o PSOE non están acordo  cos recortes salariais nos concellos e votan conxuntamente en contra.  Eles non entenden o   do servizo ó pobo, senón que entenden a política como un xeito de vivir á costa do pobo. Son profesionais   da política

08/07/2015 12:08 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

POR QUÉ

20150709111434-16658de-soleilmont-petit-basset-griffon-vendeen-3.jpg

 

  Por qué o PP deixa unha débeda tan grande alí onde gobernou. Caso famoso o do axuntamento de Madrid, o axuntamento mais endebedado de España, o da Coruña, Comunidade da Mancha, de Valencia, etc. Si nesas administracións se privatizou todo, independentemente da mala xestión, hai leccións que aprender , e se debe privatizar  solo o que  non funciona como público

 

09/07/2015 11:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EMPEZA A CAMPAÑA

20150710111652-01-politica.jpg

   Arebaixa de impostos que vai face-lo PP, cando se aparta do cumprimento do déficit, parece que non ten sentido. Mais cando solo beneficia ás rendas altas. A rebaixa do IRPF, a maioría das rendas, que son as de salarios baixos, solo lles supón entre cinco e sete euros ó mes; as rendas altas, pola contra, suponlles mais de cen euros ó mes. O truco está no efecto psicolóxico, a xente cree que lle baixan os impostos e que  iso non vai afectar ó servizos, porque ó goberno lle medran os cartos.  

10/07/2015 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON HAI VERGOÑA

  Hai que ver o que se sabe o portavoz do PP  A estas alturas non é necesario recordar o catálogo de problemas que se acumulan sobre as costas dos cidadáns gregos. Pero o portavoz do PP, Pablo Casado, engadiu unha máis ao afirmar que o corralito provocou en Grecia unha ?ola de violencia e atracos inusitada?. Salvo el, ningún europeo coñecía esta explosión violenta. Todo o contrario, o inusitado é o civismo do que os gregos fixeron gala.

 

11/07/2015 12:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON HAI VERGOÑA

  Hai que ver o que se sabe o portavoz do PP  A estas alturas non é necesario recordar o catálogo de problemas que se acumulan sobre as costas dos cidadáns gregos. Pero o portavoz do PP, Pablo Casado, engadiu unha máis ao afirmar que o corralito provocou en Grecia unha ?ola de violencia e atracos inusitada?. Salvo el, ningún europeo coñecía esta explosión violenta. Todo o contrario, o inusitado é o civismo do que os gregos fixeron gala.

 

11/07/2015 12:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SIN UN TIRO

  Nunca Bruxelas contemplou seriamente unha negociación con Grecia, sempre se reduciron as condicións da axuda a unha relación de esixencias impostas por Alemaña. Estamos asistindo a imposición do IV Reich. O problema non é de Grecia, nin onde foi a parar o diñeiro dos dous rescates anteriores, que os partidos irmáns do PP e do PSOE saberán o que fixeron con eles, o problema de Europa é Alemaña.  A chanceler alemán Ángela Merkel nun acto organizado por Deutsche Bank en Berlín,   sede dos ’xefes’ da Fürheresa deixou ver nunhas declaracións, que se dispón a consumar a ocupación definitiva de Europa por Alemaña, por terceira vez na historia, nesta ocasión sen disparar un só tiro, pero con tanto ou máis sufrimento para os pobos ocupados que nas anteriores ocasións e, dende logo, con moitas menos esperanzas, porque os países sometidos ven como os seus dirixentes son colaboracionistas co IV Reich. 

13/07/2015 12:08 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TRAGALA

  A humillación de Alemaña ma Grecia foi indignante. A prepotencia e desprezo con que actuou Alemaña non ´se produciu dende a segunda guerra mundial. Non houbo negociaciación, solo unha lista de esixencias perentorias e incumplibles, un xordo monólogo e unha serie de ameazas. O Eurogrupo, como dicía Varufakis, non é un lugar recomendado pra persoas decentes, pero esta decisión é o principio do fin da UE. Grecia, polo seu ben, debe saír do Euro e do dominio de Alemaña, buscar outros socios e outros mercados. Non será doado contar co seu exército, pero ten que coller o boi polos cornos.

15/07/2015 12:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS RECORTES

  Nos Axuntamentos, algúns, intentaron recorta-los soldos dos cargos electos, tropezaron coa oposición conxunta do PP e do PSOE.  Os recortes parece que solo son pros cidadáns. Algún político, e o raro é que non sexan mais, como o Presidente de  Cantabria, Miguel Ángel Revilla (PRC),  pide que se peche o SENADO , que non vale mais que como refuxio de algún políticos. E suprimi-las Deputacións, que solo son un neal de enchufados

 

16/07/2015 12:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

BABOSADAS+

  Decía o Ministro MARGALLO que si non houbéramos feito o empréstito a Grecia, o goberno houbera poido subi-las pensións un 48%, baixa-los imopostos etc. Soamente prestamos a Crecia 6.000 millóns o resto ata 32.000 son prestamos de entidades privadas, que os patriota deste goberno avalaron, de tal maneira que se os gregos pagan o o enbolsan as entidades privadas, pero se non pagan os gregos, ten que pagalo o estado español ás entidades privadas. ¡ O Goberno de Mariano ten grandes cerebros economicos. Menudo baboso. A min o que mais me gustou foi que durante a pretendida negociación, o presidente grego sacou a chaqueta e deullela, decindo, quedaivos con ela tamén.

17/07/2015 11:40 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DE QUE VALE

 

  De que vale a manifestación de gandeiros en SANTIAGO cando non hai un mínimo de conciencia social e unión entre os gandeiros. Non vale con votarlle a culpa á Xunta , cando o problema esencial esta neles. Moitos son caciques que traballan como muñidores de votos do PP recibindo en pago subvencións. Mentres non se separe a palla do trigo e haxa unión entre os gandeiros, non poderán facer fronte a industria leiteira, e sufriran o agravio de ver como noutros lugares de España se chega pagar o litro de leite 7 ctms mais, sendo o leie galego de mellor calidade

 

18/07/2015 12:49 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS PUTAS

  No ideario fascista considerábase á muller como o descanso do guerreiro. Ese e o papel de reprodutora eran os papeis esenciais da muller. Ese ideario misóxino esta presenta no vocabulario e conduta do peperos.  Polo que non é de estrañar a propensión de alcalde como do pobo conquense en referirse a portavoz do PSOE da MANCHA como a puta. Pro que xa non atopo explicación e pra conduta das mulleres do PP,  ou da Fiscalía, tan presta a proceder contra presuntas inxurias de hai cinco anos 

20/07/2015 11:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PUNTOS SOBRE AS IS

20150721114636-11669329-cc3dc5cce3-m.jpg


   Rajoy chegou á conclusión de que todo o problema do seu partido era a comunicación. Atopou a solución nomeando a Pablo  Casado, que nos informou de atracos  e  violencia en Grecia por culpa das medidas  do Goberno. A verdade é que o civismo e orde dos gregos é exemplar. Casado, na liña  de  mentiras e desinformación do PP,  Pasouse de freada. Non se lles pode crer nada.
 

21/07/2015 11:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

IMPOSTOS EN DIFERIODO

20150722115145-24290-573680179316631-1002342455-n.jpg

  Como diría Cospedal, a débeda  son impostos en diferido. O Conselleiro Maior de Contas alertou do alto  endebedamento da Xunta, mais de nove mil millóns de euros. Este nivel de débeda vai condiciona-la política de calquera goberno, do signo que sexa. Si este volume de débeda a poñemos en relación cos ingresos por impostos, obtido polo Tesouro Galego, e por tanto, vemos a capacidade de devolvela, sentimos vértigo ó pensalo.  Chegará o día, de seguir por se camiño, en que a única capacidade Xunta sexa manter acendidas as luces de San Caetano. A baixada impostos e unha socorrida demagoxia, moi útil pra obter rendibilidade electoral, pero con un negro futuro, cada vez mais inmediato, xa non  serán as xeracións futuras, seremos nos mesmos, como os gregos, os que nos coma a débeda,

22/07/2015 11:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MOI CABREADOS

20150723115747-632-2577275686865-1923623536-n.jpg

 

  Un vigués, que pode ser  a mostra de todo-los vigueses, amosaba nun gran centro sanitario o seu enfado polo xeito en cos trata Feijoo co hospital de VIGO. Nos sete anos de goberno de Feijoo non deixou de proclamar que o hospital de Vigo sería de titularidade  pública e co nº de camas do proxecto orixinal, a día de hoxe non se sabe nada  da fórmula de titularidade, pero si se sabe que solo terá pouco mais da metade das camas prometidas e sen moitos servizos previstos no proxecto orixinal. Con razón, os vigueses séntese estafados  e enganados por Feijoo e o que podía ser un tanto pro goberno, trocouse nun revés, como o demostrou nas eleccións municipais. A área sanitaria de Vigo é de 500.000 usuarios ,os servizos teñen  que ser pensados en función deses usuarios, n o n da especulación  

 

 

 

 

23/07/2015 11:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DOUS ANOS

20150724111653-1341999823-f2bc2eeb75d24274997e9cb20215e281.jpg

     

 Fai hoxe dous anos do accidente da curva da Grandeira. Un recordo que da arrepío; pero o triste é que ó día de hoxe o problema sigue sen solucionarse, e sen que haxa mais imputados que o maquinista, que non ten mais responsabilidade que conduci-lo tren. Os que ordenaron suprimir medidas de seguridade, os que non corrixen  as eivas na liña, seguen coa súa demagoxia.  As vidas e as secuelas dos accidentados  parece que non  teñen importancia. Fai pouco lo PP opúxose a que unha comisión avalíe  o estado da liña, pra eles o importante son as cadeiras do Hórreo

24/07/2015 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PERIGA O LOGRADO

20150725114735-mariano-rajoy.jpg

Periga o logrado si se intenta desviarse da política económica do PP. Qué é o que realmente periga :  que o emprego creado é temporal, precario e mal pagado. Ocultar que se venden como marabillosos datos que en novembro de 2011 eran catastróficos é demagoxia e populismo. Imos recordar datos da EPA que oculta Rajoy e que fan bo a Zapatero:

Hai un millón mais de parados que o comezo da lexislatura, pero, aínda mais, a EPA di que hai  287.000 ocupados menos e 737.000 parado sen restyación.

Hai 338.000 asalariados fixos menos, aumentan os parados de larga duración: 542.000, hai 36.000 fogares mais sen ingresos, que cando o PP chegou ó poder, en total 1.600.000..

Pechados un 70% dos centros de investigación por falta de financiación.

Incremento da débeda pública nun 34%

Saqueo da ucha das pensións

Pese a dar un PIB  positivo hai un empobrecemento da poboación e un recorte de salarios. Ter un traballo non supón saír da bolsa de pobreza.

Disminución dos ingresos do Estado.,

Prestacións sociais laminadas

.Qué periga?¿

25/07/2015 11:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN DIA SI E OUTRO TAMÉN

20150727121548-1011474-10151857542492240-1139537545-n.jpg

  Un día si e outro tamén sae un novo caso  de corrupción no PP. O dano que se lle está a facer o país é inmenso, pero mais dano se lle está a facer á democracia. Non se pode pensar que os partidos políticos so un acubillo de delicuencia organizada, que rouba impunemente. O principal obxectivo ten que ser obrigar a devolver o roubado, o demais é solo accesorio. E si alguén quere poñer orde que propoña a ilegalización do PP, que mais parece unha asociación de delicuentes que un partido político

27/07/2015 12:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

REPARTO DE MISERIA

20150728121556-11082651-10200415269219982-4275429976371562249-n.jpg

 

  A EPA constata unha baixada do paro; pero ollo o dato. Non se conta a emigración de buscadores de emprego, que alixeiraron as listas do paro, non se crea emprego, repártense horas   de traballo 

28/07/2015 12:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ESPAÑA Á COLA

20150730113702-10404301-888184884566346-3005903517976268510-n.jpg

 

 

  Vencia Grecia, España está á cola. A Presidenta do FMI urxiulle a España un recorte nas prestacións e afondar mais na reforma laboral. Nade lle contestou, pero o camiño que nos marcan está aí. Quizá a proximidade dun proceso electoral determine o unánime  silencio. Cando as eleccións pasen será o momento de aplicalas recitas. España está lonxe de cumpri-lo déficit. O Estado  esíxelle as CCAA que non sobrepasen o 3%, tendo estas a totalidade do gasto social, pola súa contra o Estado está no 7%. Está claro que queren reducir en gasto social. O déficit de caixa impide unha baixada de impostos, pero o goberno quere baixárllelos os ricos, mentres simula baixalos a todos. Cruel comedia

 

30/07/2015 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O QUE PERDERON

20150731114540-untitled.png

    Non impera, precisamente, a santidade no seo da Comisión Europea. Perderon a oportunidade de adquirir un bo pe o non incorporar o Eurogupo a De Guindos; implicado na privatización de aeroportos e outras cousas da operación Púnica.  

 

31/07/2015 11:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris