Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2015.

ENAXENACION MENTAL

  O de Aguire non pasaría de ser unha pataleta dunha  nena caprichosa, pero a coicidencia   das declaración do ultracatolico Ministro do Interior, da paranoica concelleira valenciana, dicindo que os de podemos queimaran airexas e violaran monxas e o non menos curioso do fenómeno de twinter coas pulseras antipodemos,  chamadas a ser un fetiche que salvara a nosa alma inmortal dos demos de PODEMOS, as paranoias de Ana Palacios. A predica de xenofobia, de odio tiña que ser cortada de raiz

 

01/06/2015 11:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NO NOME DO XEFE

20150602113123-632-2577275686865-1923623536-n.jpg

 A corrupción en Galiza é como o polen  da primavera; todo o cubre e fai imposible respirar. Dende a fundación Cela, pasando pola sanidade, ós contratos otorgados a familiares do PP, entre as que destaca a irmá de Feijoo son mostra dunha podredume política que nos abafa.  A sanidade é un campo que Feijoo converteu nun fabuloso negocio. Unha ruína,,que co tempo ,nos vai alcanzar a todos e nos vai saír moi caro. Por poñer un exemplo, as probas, en Vigo, pola privada,son o doble de caras que na Coruña, pola pública.

 

02/06/2015 11:31 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LIXAR Á DEFFENSA

20150603112903-534025-560556083984891-1925727718-nv.jpg

  Non se sabe se é que Felipe González se resiste a pasar a un segundo plano, ou vai a Venezuela como home da CIA, como cando creou o PSOE pra apartar   ó profesor Tierno , pero a súa teima con unirse á defensa dos opositores de Venezuela non contribúe á defensa. Polos seus dotes de avogado non é. O mellor pensa actuar de clon e converte-lo xuízo non circo. Isto non quere dicir que abandone a política interior do país; de feito está presionando pra que o PP e PSOE se apoien de cara a elección de alcaldes e limitar o papel dos emerxentes. O lobo perde o pelo,  pero a maña, nin tarde nin cedo

 

03/06/2015 11:29 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

VE-LA PALLA

  Ve-la palla en ollo alleo parece que é unha virtude de CIUDADANOS, que a cada paso se descubren mais. Para eles Cifuentes non é culpable  da corrupción en Madrid. Foron os gobernos anteriores a ela. Toma, tampouco Susana Diaz é culpable, pola mesma razón da corrupción en Andalucía. Pero, nin unha, nin outra son marcianas  e están aí postas polos partidos corruptos, non son vírxenes na corrupción, cando menos levan o pecado orixinal e investigados  por corrupción nas listas, como é o caso de Cifuentes

 

04/06/2015 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MENOS, OU MAIS POBRES

   As  estadisticas de Feijoo din que a pobreza infantil reduciuse  en Galiza nos últimos catro anos nun 20%; pola contra Caritas da un incremento preocupante da pobreza en Galiza durante o mesmo período. A quén crer .  Parece evidente que Cáritas non é sospeitosa de manipulación. Desaparecido Crespo pra axudar a manipular os datos do paro, as cifras de parados medra e 73.000 empregados cobran menos do salario mínimo. Magro balance. Por hixien mental non se debe abri-lo xornal

 

05/06/2015 11:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CULPABLES

             

   Despois de atribuírlle a Rajoy a devale electoral, cousa que molestou moito en Madrid, porque Galiza foi a autonomía que mais se fundiu, Feijoo recolle velas, e culpa a cen mil galegos mortos  a perda de votos do PPg. No interior debeu ser onde menos xente morreu, pois é nas provincias de Lugo e Ourense onde mellor resiste o PPg. Dende logo non é porque sexan zonas  pobres e  atrasadas,  favorecidas cunha prima electoral. Con todo Feijoo propúxose recupera-los votos e empezou a dar mitiines nos cementerios. 

 

06/06/2015 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ÚLTIMA DEMOSCOPIA

20150608123931-01-politica.jpg

 

 Todo é volátil. Sen sequera constituírse os gobernos municipais e autonómicos, xa hai variacións sustancias nas opinións dos  electores. Ciudadanos medrou dun xeito explosivo e obtivera uns bos resultados, pero agora empeza a desinflarse e os votos obtidos regresan ó PP. O resto segue case igual, pero a mínima pode haber un terremoto. A inestabilidade das opinións non garante que o actual reparto político se manteña.  A  sondaxe,  o que no fondo revela a escasa cultura democrática dos electores e unha alarmante falta de madurez, por iso non é de estrañar que a corrupción goce de boa saúde.  Os cidadáns dálles vértigo a liberdade

08/06/2015 12:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CONSERVADURISMO

20150609111014-safe-imagebbn.jpg

  Nin con moito a corrupción e  descomposición do PP trouxo o cataclismo electoral que cabía agardar. Houbo, si, unha muda de votos, o xurdimento de emerxente que pronosticaban a ruptura do bipartidismo.  Pero unha refaga de aire pode varre-las esperanzas, as vontades non son firmes, preocúpalle á xente perde-lo que conseguiu , aínda que o que conseguira  sexa a miseria. A xente non está preparada pra vivir de pe, prefire ter un amo déspota, que lle de padas no cu e seguir de xeonllos.

09/06/2015 11:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

POBREZA QUE DOE

20150610111615-557726-127798097360800-1084201291-n.jpg

  Pode que ós que viven co bandullo cheo, os convidados a comer na mesa do señor, os que teñen bos traballos e teito onde durmir, non lles preocupe a pobreza, a miseria na que vive moita xente, incluso lles molesta que se fale do asunto pra vivir nun paraíso. Pero a pobreza está aí, e parece que veu pra quedarse. Somos, despois de Romanía, o país con mais pobreza infantil de Europa. Ben poden dicir Rajoy e Feijoo que estamos no bo camiño. Pra eles dende logo que si. Os resultados do estudo, titulado «Infancia, pobreza e crise económica», sinalan que a crise, entre os anos 2008 e 2012, non soamente elevou o risco para a infancia de caer na pobreza,  senón que, ademais, afondou na gravidade da situación dos fogares que se encontran en situación de carestía, ata o punto de provocar a «cronificación» da pobreza.

 

10/06/2015 11:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ENCANTO PERSOAL

20150611114819-article-1318093-0b803914000005dc-954-306x423.jpg

  O alcalde de Vigo conseguiu unha maioría absoluta aplastante e indiscutible. O problema xurde cando non se sabe aprecia-las circunstancias que inciden no caso, e o exceso de soberbia fai perdelo sentido da realidade e se cre que todo se debe o seu encanto persoal. Tanto o Presidente da Xunta como o Presidente da Deputación de Pontevedra lle prestaron unha gran axuda. Dende a Xunta marxinouse a Vigo e privatizouselle  o hospital, privatización cuxos termos mantén a Xunta  en segredo;: reduiciulle o número de camas do hospital a metade, suprimiulle o laboratorio e outros servizos. O Presidente da Deputación tivo unha teima con Vigo, que o leva a ofrecerlle un pacto o BNG pra que Vigo non se faga coa    Deputación. A monumental cruz dos caidos do Castro, Abel Caballero quere mantela en contra da memoria histórica e da memoria particular do sufrimento de innumerables socialistas Vigueses. Pódese ser baixo, pero non ten porque ser pequeno.

11/06/2015 11:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEN DEMOCRACA

20150612121404-24290-573680179316631-1002342455-n.jpg

  Feijoo nega que os pactos da oposición sexa democráticos,pero  el se pode intenta conserva-lo poder; tal é  lo caso da Deputación   de  Pontevedra, que pretende que o BNG lle axude a conservala pro PP. O PP, di, leva os pactos  no seu ADN. Hasta fai pouco estaba en contra deles. Como dicía o portavoz socialista no Hórreo, Feijoo, en política, é como  Groucho Marx, según lle conveña é unha cousa, ou o contrario. Si vemos os debates no Hórreo, dámonos conta que de Groucho sollo cole unha parte da obra. Non é un actor cómico, pola contra é airado, chulo e faltón, moi parecido a un matón de barrio. Non é un bo político, é un bo ionsultador e prepotente.

 

 

12/06/2015 12:14 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COMO ALEMAÑA

20150613111458-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

 

  A economía galega, según Feijoo está tan ben como a Alemaña. A realidade é que 72.000 galeg@s cobran menos do salario mínimo español, 23.000 galegos  figuran como autónomos, cando non o son,  de cada tres nenos, un non chega a un nivel digno, 8.000 nenos están en pobreza extrema, o paro medra ano a ano, a emigración volve a ser o único vieiro, a débeda é monstruosa, as privatizacións en sanidade son como en Madrid e Valencia. Igualiño que en Alemaña

 

13/06/2015 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUEIMA DE AXUNTAMENTOS

  O axuntamento de Bruenete ardeu en chamas. A investigación por corrupción parece se-la causa do incendio. Non é un  caso aillado, xa no principio dos oitenta ardían arquivos, supostamente pra borrar as pegadas de condutas culposas. Hasta o día de hoxe non se atopou culpable de ningún dos incendios e, por suposto, ningunha proba de corrupción. A falta de escrúpulos dos delicuentes atopa a complicidade do lume e o pouco intres por investigar.  E agora, neste momento histórico, quizá as trituradoras non lograra borra-las probas. Pra cando non hai trituradoras, xa se sae, o mellor o lume.                                                                                                                

15/06/2015 11:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DOBRE MORAL

  Non é un caso de dobre moral, é a patrimonialización do poder. O PP, onde pode, como é o caso de  Extremadura: o PP  'casa' con Podemos en Cañamero pra botar o alcalde socialista, tamén o intentou en Burguillos, pero un erro na votación da candidata 'podemita' frustrou o plan. Pra remedialo xa puxeron en marcha unha moción de censura, o que evidencia as gañas que lle está poñendo. PODEMOS, igual que en Xixón, colleu unha deriva que lle vai saír moi cara. En 17 capitais, o PP usou a CIUIDADANOS como muleta pra facerse co poder. A corrupción, en moitos  axuntamentos, parece non ser obstáculo pra que CIDADANOS os apoie. A farsa xa quedou o descuberto. Mentres culpan o PSOE  de buscar aliados, con tal de apartalos do poder, o PP de Miño dálle a alcaldía ó BNG, sen sequera pedirllo, con tal de que o PSOE non se faga con ela 

 

 

16/06/2015 11:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUÉN SABE

   

  A dimisión do concelleiro Zapata é normal. A veces empézase con bromas en twintter, pra logo atropelar a policías e terminar por perder totalmente o control e asulugarse na corrpción e insultar a cotío. Ter  unha conta en twintter é algo perigoso, non  é tan patriótico como ter unha conta en Suiza. A moral dun personaxe de esquerdas debe  se intachable, aínda cando se trate de chistes, os peperros é distinto, eles poden insultar como Aguirre, o o portavoz do PP, pasando polo caso alcalde de Baralla, Lugo, o concelleiro que lle recomendaba a unha muller meterse a puta, a burla a Madina, chamándolle o coxo de ETA,  eu n longo etc. eles non teñen referentes éticos, descoñece o significado de moral. Son fillos do franquismo… 

 

17/06/2015 13:01 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AXITANDO O MEDO

 Pra Rajoy os resultados electorais poñen en perigo a recuperación económica e o emprego. Nade sabe de que recuperación económica fala, da doméstica dende logo  que non. Dende a crise os ricos incrementáronse nun 40%, a crase media está acurralada, cada vez ten menos marxe, camiña coma unha especie en vía de extinción, e os pobres é o corrente. Nesta nebulosa de ficticia recuperación, Rajoy axita o medo e culpa a PODEMOS de prexudicar a recuperación. Nun alarmante e delirante discurso no Parlamento arremete  contra do PSOE , ó que acusa de pactar con grupos extremistas, as ordes de Venezuela, pra modificar a vontade dos electores. Vese que a perda de poder os está volvendo loucos loucos e lles le a dicir disparates

18/06/2015 11:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ERA PREVISIBLE

20150619113313-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

   A sentenza do T S zanxa dun xeito definitivo a cuestión da reforma eólica de Feijoo, declarándoa ilegal, agora viran as indemnizacións que a Xunta terá que aboar ós prexudicados pola arbitraria decisión de Feijoo de anula-las adxudicacións do eólico. A Sentencia da orixe a millonarias adxudicacións ás que terá que facer fronte a Xunta. En boa lóxica, xa que o asunto ten orixe nunha das moitas arbitrariedades de Feijoo, debera ser Feijoo, o que do seu peto pagara as indemnizacións, pero o malo e que vai ser un goberno similar o que deu as adxudicacións o que pague as indemnizacións, porque Feijoo posiblemente non volva a gaña-las eleccións. Personaxes do estilo de Feijoo debía indemnizar a Galiza polos danos ocasionados dun xeito tan arbitrario

19/06/2015 11:33 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CULPABLES

20150620111750-12-03-09-corrupcion-y-mentira-.jpg

   O que foi Presidente do BE, cando os desmadres da banca, non foi, nin será xulgado, recitou   austeridade, baixada  de salarios, etc, mentres a banca , que era responsabilidade súa, se fundía e el non se enteaba, ou miraba pra  pra outro lado. Na mesma liña o actual director do BE, recomenda mais baixada de salarios e mais facilidade de despido. Sendo consecuente el  súbese  o salario un 5,8%. En total 15.000 euros ó mes. A vella do FMI tamen recomenda a España mais recortes e  salarios mais baixos . Sería bo suprimir estes organismos que ta caros nos saen pro pouco útiles que serven.

20/06/2015 11:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MEDICINAS SECUESTRADAS

   A industria farmacéutica dedica menos dun 2% dos seu beneficios á investigación. Os novos medicamentos obtéñense grazas as axudas publicas. Cando unha nova molécula se descubre as farmacéuticas fanse con ela, polos medios que sexan, pra logo impoñer uns prezos abusivos. O que realmente logran é frear as investigacións e afundir os sistemas de seguridade social que pagan os medicamentos. Non lles importa matar a galiña dos ovos de  ouro, a súa concepción política é radicalmente antisocial e queren lograr os máximos beneficios a costa da necesidade extrema. Non lles importa arruinar a seguridade social, antes ben, é un obxetivo. Os doentes estaría dispostos a pagar do seu peto o que lle esixan pra recuperala saúde. Cando nada lles quede pasarana engrosa-las lexións de pobres , e así os ricos será menos e mais ricos. Por iso me parece ben que as patente se condicionen e se subordinen a un fin social, porque non están protexendo intereses lexítimos, senón a avaricia.  Aplaudo que algúns países obvien as ilexítimas e antisociais patente e se fabriquen medicamentos. A industria farmacéutica e moi poderosa e ten o se servizo a profesionais e gobernos, voto ra que algún día sexamos libres destes codiciosos e haxa gobernos que nos protexan

 

22/06/2015 11:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A REFORMA

20150623111719-164628-608896602472404-622817302-n.jpg

  Rajoy fixo unha reforma no PP pra que todo siga igual. Non tocou o goberno, como moitos pensaba. Particularmente penso que nada ía adiantar introducino reformas no goberno. Falta pouca pras eleccións, e pouco se pode esperar dunha novación de goberno que non lle queda tempo pra facer correccións na política de gobernanza de cara a mellorar a súa imaxe e expectativa electoral. Pero realmente Rajoy estaría disposto a variar o rumbo da súa política?.Penso que non; de aí que as reformas solo afectara a órganos políticos, cos que blindarse e afirmar a súa posición dentro do PP. Rajoy é un autista, non ope o clamor da rúa, nin lle importa, el solo goberna pra unha minoría elitista, dos pobres solo lle interesa o seu voto

23/06/2015 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MEDIDAS PRA NOVOS TEMPOS

  Medidas pra novos tempos, comprendería como primeira medida de goberno, ditar dentro das primeiras 24 horas primeiras, derogar todas, absolutamente todas, as normas ditadas polo PP no seu mandado decisións dun moi previsible goberno.  A partir de aí empezar a reconstruílo país

 

24/06/2015 11:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MEDIDAS PRA NOVOS TEMPOS

  Medidas pra novos tempos, comprendería como primeira medida de goberno, ditar dentro das primeiras 24 horas primeiras, derogar todas, absolutamente todas, as normas ditadas polo PP no seu mandado decisións dun moi previsible goberno.  A partir de aí empezar a reconstruílo país

 

24/06/2015 11:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A REBELIÓN DOS ENANOS

20150625113456-1176128-547745571940613-1953169116-n.jpg

  A postura de España no asunto de Grecia vaille traer a  Rajoy consecuencias. España distinguiuse por pecharlle a Grecia Calquera posibilidade de acordo. Foi un dos países mais duros na mesa de negociacións. Países pequenos, con Grecia, conseguiron sumar a  Francia, pra que De Guindos non sexa elixido pro Eurogrupo. Rajoy fiaba a que que lle chegaría o apoio de Alemaña.  Que se ía facer o que dixera Alemaña. Roma  non paga a traidores.

 

25/06/2015 11:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A REBELIÓN DOS ENANOS

20150625113456-1176128-547745571940613-1953169116-n.jpg

  A postura de España no asunto de Grecia vaille traer a  Rajoy consecuencias. España distinguiuse por pecharlle a Grecia Calquera posibilidade de acordo. Foi un dos países mais duros na mesa de negociacións. Países pequenos, con Grecia, conseguiron sumar a  Francia, pra que De Guindos non sexa elixido pro Eurogrupo. Rajoy fiaba a que que lle chegaría o apoio de Alemaña.  Que se ía facer o que dixera Alemaña. Roma  non paga a traidores.

 

25/06/2015 11:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN CANGRO

20150626115911-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

Un recente informe elaborado por Comisións Obreiras a partir destes datos conclúe que un de cada cinco traballadores por conta allea en Galicia, o que equivale ao 20% do total, sofre pobreza laboral. «Se sumamos vos tres deciles máis baixos, temos como resultado que 245.000 persoas, ou 31%, teñen unha nómina que non alcanza vos 950 euros brutos: unha de cada tres persoas asalariadas en Galicia non chega a ser mileurista», sostén Adela Poisa, secretaria de Política Social de CC.OO. Un informe de cáritas sinala    que un de cada tres nenos está en risco de exclusión. O paro e a emigración alcanzan niveis alarmantes. O ensino público está nun nivel de beneficiencia. A sanidade pública está en extinción e os doen   ytes son derivados á privada pra darlles negocio, a cambio colocan xente do PP Os gandeiros estanos arruinando. Na Administración crea as ANXENCIAS,  que non son mais que órganos pra colocar xente a dedo. Non hai clientelismo, din eles            

26/06/2015 11:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN CANGRO

20150626115911-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

Un recente informe elaborado por Comisións Obreiras a partir destes datos conclúe que un de cada cinco traballadores por conta allea en Galicia, o que equivale ao 20% do total, sofre pobreza laboral. «Se sumamos vos tres deciles máis baixos, temos como resultado que 245.000 persoas, ou 31%, teñen unha nómina que non alcanza vos 950 euros brutos: unha de cada tres persoas asalariadas en Galicia non chega a ser mileurista», sostén Adela Poisa, secretaria de Política Social de CC.OO. Un informe de cáritas sinala    que un de cada tres nenos está en risco de exclusión. O paro e a emigración alcanzan niveis alarmantes. O ensino público está nun nivel de beneficiencia. A sanidade pública está en extinción e os doen   ytes son derivados á privada pra darlles negocio, a cambio colocan xente do PP Os gandeiros estanos arruinando. Na Administración crea as ANXENCIAS,  que non son mais que órganos pra colocar xente a dedo. Non hai clientelismo, din eles            

26/06/2015 11:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O TAMAYAZO

20150627113516-480391-274982005966097-1899521876-nz.jpg

  Parecía seguro que o PSOE presidiría a Deputación de Lugo, pero un Tamayazo, como no seu tempo en Madrid, deulle a Presidencia da Deputación ó PP. O autor dos feitos, o alcalde socialista de Becerreá, que como os maltratadores, considerouse no dereito a dispoñer de ela, e xa  que non era pra si, tampouco sería pro seu deputado provincial. Non sei da relación entre ambos e si iso foi a orixe do compañeiro da Pontenova. Iso, ó menos é o que parece. O alcalde Becerreá é natural de Baralla, gobernada polo famoso alcalde do PP e asunto, ou foi o exceso de ego. Calquera que sexa o motivo, hai que recordar que ós Deputados Provinciais noméaos ó partido, e a el deben o cargo. Non hai que escudarse en leas pra xustificar  unha traizón 

27/06/2015 11:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O´BICO DA MORTE

20150629112523-11253685-832923153457985-720166298812128556-ns.jpg
29/06/2015 11:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AVISO A NAVEGANTES

20150630112824-untitled.png

 

  A Troika quere que Grecia sexa un exemplo do que lle pasara a quen desafíe o trío. Non se trata dunha cuestión de razón, senón de autoridade; de deixar claro quen manda. Dende un principio seguiuse un guión que nunca tivo por obxecto axudar a Grecia, senón a poñela de xeonllos e facerse co pouco que ten, esqueceuse a xente e o importe do rescate, cuns xuros leoninos, foi a parar a  rescatar bancos e fondos de inversión privados . A igual que Grecia, os demais países que se resistan a ser explotados, corren a mesma sorte. Se cae Grecia caeran os países periféricos. ¿Entón porque Rajoy é o mais duro con Grecia, si a España lle pode pasar algo parecido. Moi doado, a Rajoy non lle importa España, senón a  camarilla á que serve, e non quere que PODEMOS  faga o mesmo que Syriza, por iso precisa que Syriza fracase. Grecia non é ningún polizón, vai no barco de Europa, por mais que se empeñe  algún malnacido

   

30/06/2015 11:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris