Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2015.

OS QUE NON RECIBEN FLORES

20151103105926-1014151-10151477312666898-1035853888-n.jpg

 

  Miles de asasinados polo franquismo quedaron un ano mais sen a homenaxe dos seus seres queridos. Cando a xente ateigaba os camposantos e rendía homenaxe ós defuntos; os asasinados no franquismo, que aínda permanecen enterrados en fosas clandestinas, en lugares descoñecidos, non puideron ser honrados. España sigue a se-lo segundo país do mundo con mais desaparecidos, e nada fai pensar que isto se vai arranxar. O PP é un partido franquista que quere perpetuar aquel horror, pero os feitos demostran que CIUDANOS é semellante, en balde se nutre de peperos.



03/11/2015 10:59 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O DUPLO DO ORZAMENTO

20151104112204-20071116223215-galiza-non-se-vende.jpg

 

      A Xunta destina á Cidade da Cultura o dobre do que gastará na promoción do galego. Non ven necesario promociona-lo galego. Dende a perfectiva de futuro, a cidade da cultura non aportará nada ó futuro do país, que podía pasar sen que existira, pero a lingua e a manifestación externa da nosa identidade como pobo. Pero, pra algúns, esta diferenciación é molesta, de aí que pra eles sexa un éxito a extinción da lingua. Por iso destinan os recursos a chiringuitos de folclore, antes que a lingua

          
04/11/2015 11:22 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TROPAS DE ELITE

 

 

 Os EEUU van enviar a Siria tropas  terrestres de elite. Pícalles que Rusia sexa a que estea no miolo e que eles non sexan os protagonistas. Pero de que lado estará: cos sirios non, cos kurdos sería unha ofensa a Turquía; irán en apoio dos islamistas, o fin é o seu neno. Eles falan, pra disimular, da oposición moderada, pero esa oposición non existe. Como bombardear infraestruturas do réxime sirio agora é arriscado, as tropas de terra irán axudar ós islamistas e, indirectamente, a Israel, e de paso mante-lo mercado de armas e saquea-lo país.

 

05/11/2015 11:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A MAIS CARA DE EUROPA

20151106112806-2207.jpg

 

 Cómo podemos progresar, cómo a nosa industria pode ser competitiva, cómo se pode someter ós consumidores á miseria enerxética. En España a electricidade é o dobre de cara que nos EEUU. Todo iso é posible cando o goberno lexisla pra estes monopolios. Dende que se privatizaron as compañías eléctricas, a luz non parou de subir. Isto é posible grazas a que as propias compañías determinan o prezo do seu produto. Os distintos gobernos son meros axentes, que servilmente atende os intereses das compañías; en compensación, polo sistema de portas xiratorias, o cesaren no cargo, os políticos son colocados nos consellos de administración, sen outra función que cobrar. É necesaria a reversión pública do servizo. 

06/11/2015 11:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A DEBEDA, IMPOSTOS EN DIFERIDO

20151107110540-10297557-719916581430383-132703395853188668-n.jpg

 
    Cada español debe hoxe 6000 euros. Unha lexislatura perdida, a do PP. Os marcadores fundamentais están hoxe, non xa peor, senón moito peor que en 2011: a débeda pública total creceu o 46%, o maior incremento en 35 anos, nin sequera en crébalas dos Austrias nos séculos XVI e XVII ocorrería nada igual, e entón estábase defendendo un Imperio. Rajoy só defende a dous millóns de enchufados, aos bancos alemáns e franceses e aos oligarcas do Ibex. A débeda externa é a maior da OCDE. A desigualdade e o risco de pobreza, os maiores da UE, e o sistema de pensións, crebado. Só o río de diñeiro ilimitado de Dhragi mantén en pé este océano de débeda, despilfarro e corrupción, a costa da ruína das xeracións futuras. Algún día os nosos fillos e netos maldirannos pola nosa insensatez.

07/11/2015 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O ROUBO

20151109110514-527855-289490844514736-1643374612-n.jpg

 

  É unha vergonza, que científicos, historiadores i especialistas de arte de todo o mundo denunciaron a desidia mostrada pola Xunta de Andalucía e o Goberno Central,  ante o monumental espolio que a Igrexa Apostólica, Católica e Romana fixo co roubo da titularidade pública da Mezquita de Córdoba. Non é, por desgraza, este o único espolio da airexa. Grazas á conivencia do PP e do PSOE, pra modificar a Lei Hipotecaria, fíxose con miles de propiedades  

09/11/2015 11:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PERTO DO RIDÍCULO

 

   A vicepresidenta comprobou como  o seu mediático anuncio, comunicando  o cese do Xeneral  Xullo Rodríguez por Real Decreto,  quedando minguada e rozou o ridículo, coas preguntas da prensa, que deixaron claro que o Goberno non pode retirar a Rodríguez do Exército, pois xa el mesmo solicitara retiro para poder exercer plenamente os dereitos civís como candidato ás eleccións xerais do 20 de decembro. Outros militares, algúns incluso  en activo, fan apoloxía do golpismo e o goberno mira pra outro lado, en lugar de expulsalos. Solo se preocupan dos perigosos que din respetar a democracia   

 

10/11/2015 11:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A AREA NUN ZAPATO

20151111110059-150288-465371866848828-1047552871-n.jpg



  Un prestixioso medio de comunicacíón estranxeiro sitúa a  Zapatero entre as persoas mais destacadas pola contribución ós dereitos civís, a igualdade e dependencia. Foi precisamente nestas areas onde mais desfeitas  fixo o PP. Por iso quero penar que cando os peperros falan da herdade recibida de ZP refírense a iso

11/11/2015 11:01 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ÚLTIMO SERVIZO

20151112114735-pensar.jpg

 

  Non ten porque se-lo derradeiro, solo é unha misión mais na súa, indubidable, brillante carreira profesional. A fichaxe do xeneral do Exército  do Aire por PODEMOS ten tódalas pintas de ser unha estratéxica operación da CIA. Agora PODEMOS xa non se prantexa cuestionar  a presenza de bases americanas en España, nin a política de bloques que lidera EEUU. O Xeneral penso que está aí pra que PODE5MOS non se vote ó monte e acepte o liderazgo de EEUU en materia de defensa

12/11/2015 11:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CAMPAÑA GRATIS

20151113113842-1176128-547745571940613-1953169116-n.jpg

   Os independentistas cataláns estanlle a facer gratuitamente a campaña electoral o PP. Cando o PP estaba no seu momento mais baixo en intención de voto, atópanse cuns  tíos que lles monta unha inmellorable campaña electoral. O momento elixido por Mas pra monta-lo seu circo é do mais oportuno pros intereses o PP, que incha peito e, veladamente,  pouco menos que ameaza con unha intervención militar, o que levantaunha ola de nacionalismo español e aupa a un Rajoy cadabre político a líder indiscutible. Os votantes esquécense da crise e da miseria á cos levou Rajoy, e solo pensan en salvar España. Tanto patriotismo podíano empregar en salvar España dos corruptos e depredadores, e de paso a si mesmo. Mas xa se afogará nos seu propios delirios. So necesita empurralo un pouco e facerlle ver os votantes cataláns o que se agocha  as consecuencias. Por certo, Aragón e Valencia xa se ofrecen como lugares operativos pra empresas cataláns. O mais burro fai avións

13/11/2015 11:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PREOCUPANTE

20151114110714-1013453-471212682977769-1052292964-na.jpg

 

 Xa é admitido como un feito innegable que convivimos  con centenares de células dormidas do terrorismo islámico, e que no momento menos inesperado poden activarse. Estes feitos, por evidentes, xa son admitidos polos políticos, que pouco fan por evitalos; quizá pra non crear un estado de ánimo que alente unha xenofobia, que tarde, ou cedo, virá. As colectividades árabes debían se-las mais interesadas en separar eses elementos, si iso non ocorre van atraer  sobre si tódalas sospeitas e o vivir a costa de axudas, que no reciben os do país, pódese acabar. Europa é unha leona vella desdentada, cargada de prexuízos, derivados de atavismos históricos que  limitan a súa defensa; mais vale que esperte.   

14/11/2015 11:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS INFILTRADOS

 

 Cos chamados refuxiados sirios veñen infiltrados do EI, como se demostrou nos atentados de París,  que traen a Europa o que Europa lles axudou a crear. Sen a imprescindible axuda de Occidente o IE non houbera existido; pero Israel necesitaba un menstruo que impedira a supervivencia de calquera estado forte na rexión. De aí xurdiu a idea de crear un menstruo que levara ó pobo islámico  a Idade Media e crear  un mercado inxente pra industria da morte. Tanto a Clinton como o presidente francés recoñeceron os feitos. Isto que era algo que  se sabía non levantou ningún tipo de protesta. O  pasotismo da sociedade traelle estas traxedias, que non son mais que avisos do que pode pasar

16/11/2015 11:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O COMEDEIRO

20151117112519-422286-477187785627823-1139266084-n.jpg

 

  Sona ó lugar onde comen os porcos, i en certo modo ten  as súas semellanzas. A comida que se da nalgúns comedores escolares é mais propia pra porcos que pra nenos. É moi simple votarlle a culpa a Feijoo, que consente e propicia que isto ocorra; pero os culpables de que isto ocorra téñeno os propios país dos nenos, que co seu voto permiten que estas cousas pasen.  A Xunta do PP prima o pago de favores, adxudicando a empresas do seu entorno os servizos de comedores escolares, sen importala calidade do servizo. As crianzas son unha poboación que precisa unha coidada alimentación pro seu desenrolo, pero iso non parece ser unha preocupación do PP. Agora que estamos en campaña electoral i que é un momento oportuno pra promesas, sería bo que Feijoo aclare si isto vai seguir así, si os comedores escolares van  seguir sendo  peor cos comedeiros dos porcos, si vai haber unha investigación, si vai asumir responsabilidades. Feijoo promete menos e cumpre  mais    

17/11/2015 11:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O FILANDON ( ou fiadeiro) -Primeiro cacho-

 

Muller .-1 Así que o mércores hai misa

Muller.- 2 E domingo tamén

Muller .-3 Parecen moitas misas

Muller 1. Pode;  pero polo que poda haber, hai que ir á misa; así podes ter un  ferrado mais de sembradura no ceo.

Muller .3 ¿E canto  ven sendo un ferrado?

Muller .2.-600 m 2

Muller 1. Aínda da un solar pra unha casiña

Muller 2. Unha casiña!. Pra qué, e ónde?

Muller 1. Na entrada do ceo, así vería quen entra e quen sae

Muller 3.-e quén va saír, e ónde vai a ir?

Muller 1 á discoteca a lúa.

Muller 3. E iso no é un desgüace.?

Muller .-1 as dúas cousas; alí van os que xa están pro desgüace.  E non liga o que non quere.

Muller.-1 María do Forno fixo alí un ligue e foron pr6o monte que hai detrás a revincar. A parella quedou sorprendida e díxolle: si sei que eras  virxe levábate a un hotel.

Muller .-3 e ela qué fixo?

Muller .-1 díxolle, con todo o pesar,  que si soubera  que se lle levantaba, houbérase quitado as  bragas .

Muller.-2 Tamén podían ir o GADIS. Sei

 que hai moitas lambonadas e tamén produtos de beleza.

Muller .1 Mais que produtos de beleza precisaríamos un taller de chapa e pintura

F,. Bo será, miñas donas.

Muller.-2 E ti qué ves sendo?.

F.-a fisio,  e imos mover eses corpos

Muller.-3 pois a ver si a este  corpo serrano lle pois un chasis como o teu.

F.- o meu  chasis veu así de fábrica

 

 

 

18/11/2015 10:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O FILANDON (ou fiadeiro) -Prefacio-

 

  O filandón ou fiadeiro consistía en que nas noites de inverno as  mulleres xuntábanse nunha casa particular, ó redor da lareira, a afiar o liño.  Acompañábanas, as mais das veces, mozos da redonda,  daquela organizábase un faladoiro entre eles. Temos que ter en conta que non existían nin a televisión, nin radio, nin Internet, nin móbiles, nin Playstation; polo que era  a única actividade social

19/11/2015 11:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

2º cacho do Filandón

 

Muller2, Pois eu fun apañar castañas e quedei así dobrada (fai un xesto, dobrada e cun brazo pra tras e outro pra diante)

Muller 2 Daquela viñeron os veciños a valerme. Déronme fregas de augardente; pero como por fora non me facían nada, puxen a botella a morro a ver se me curaba desde dentro...e nin así!!

Muller2 Así que veu o medico e recetoume  un saco de pastillas como pra montar unha botica; co tempo pasou, pero moi mal me sentín, e o meu Xosé tamén. O probe estivo dous meses  a dieta.   

E1, Véxovos moi alteradas, vouvos ve-la tensión!!. Ui, ui!!...o que me temía. A tensión non está mal, pero o corazón parece un coello tolo. Tédevos que calmar!!

E2, Veña, a comer!!

Muller 2, Eu non podo; teño que esperar que coma Andrés, para que me deixe os dentes.    

Muller 3, E logo compartídelos??

Muller 2, E outras cousas!!

Muller 1, Noooo...eiquí vai pasar algo!!. Comézase compartindo cousas...e despois quen sabe.

Muller 2, Seica tes envexa??

Muller 3, eh, eh!! Eu prefiro comer morcillas cocidas ca compartir-los dentes.

Muller 2, Ti non tes quen chos preste, e tragas a comida enteira. Estás fodida!!

Muller 3, O mellor é que te cases co Andrés.

E2, Xa, e logo poñe-la lista de vodas na Farmacia de Palmira!!

 

 

20/11/2015 11:03 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN MINISTRO

 

  Sei que está desexando deixa--lo Goberno; non me estraña. Economía abre expediente por branqueo de capitais a unha empresa da que fora administrador O expediente é confidencial. Antes de chegar ao Goberno de Rajoy, De Guindos tamén foi conselleiro dunha compañía biotecnolóxica participada pola Xunta de Castela e León que acaba de entrar en concurso de acredores. Xa ten cara de bo rapaz.

 

21/11/2015 10:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ATADOS E AMORDAZADOS

20151123112755-1344246548-6885f71fced6e293ce27be70f43af86e.jpg

 

  Logo vai pasar mais dun século da sublevación militar de Franco e a noite coa que os fascistas cubriron España sigue sumindo ó país na escuridade. Ó non haberse producido a transición política á democracia, senón un  branqueado  pra que os franquistas seguiran no poder e sen respostar dos crimes, perpetuase a división das dúas Españas e os criminais séguense ensalzando como heroes. España é a día de hoxe, o país do mundo con mais desaparecidos, que foron asasinados solo pola súa ideoloxía.  Estas vítimas seguen no perpetuo dolor, e é hora  de que se lles faga xustiza e poidan repousar os seus restos como cristiáns.  Aínda que Franco non morreu o día 20 de novembro, senón quizais varios días antes, o aparato franquista que dirixía entón o país,  quería que a morte do ditador coincidira coa de José Antonio, e de aí o truco

23/11/2015 11:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

885 MILLONS

20151124105735-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

 

 

  885 millóns de euros é o que paga a Xunta ó ano a clínicas privadas por atender a doentes do SERGAS; a esa cantidade hai que engadir o que paga por externalización  de servizos. Calculando polo baixo a Xunta podería construír, con eses cartos,  tódolos, anos, dous hospitais de tamaño medio; pola contra, pecha plantas enteiras de hospitais públicos, pra derivar doentes ás clínicas privadas, e así darlles negocio. Feijoo fixo das doenzas un xugoso negocio  

24/11/2015 10:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON ACREDITO

20151125112348-1238037-155507407982462-143396992-n.jpg

 

       Difícil é comprender por qué  algunhas mulleres viaxan a Siria pra unirse o EI, cando o  único papel ó que poden aspirar é a se-las prostitutas dun grupo de fanáticos. Este, ou similar papel pra muller, era  o  que predicaban os sublevados do 36, que se quixo limpar coa SF, aínda que mais ben a súa finalidade era domesticar a muller e poñela ó servizo do home. A nosa vena mora, aínda sigue presente como o caso do edil de Carboneras, que  lle dicía unha a unha concelleira que cando un home falaba había que calar. E moitos mais exemplos de edites, principalmente peperos, que nos fan dubidar de si estamos en África, ou en Europa. As mulleres parece que teñen unha predilección polos malotes, así na vida real os tipos duros soen ligar   mais. 

25/11/2015 11:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUE MAL MENTEN

20151126110851-imagesr.jpg

 

  Un caso similar o  de Couso, co  coñecemento do que se fai, con premiditación e alevosía, o bombardeo executado o 3 de outubro por Estados Unidos contra un hospital da organización non gobernamental Médicos Sen Fronteiras (MSF) na localidade afgá de Kunduz foi resultado de erros humanos e técnicos e fallos de procedemento, segundo fontes militares. Foi unha combinación de factores, entre os que non se cita o autismo do mando americano, que durante o bombardeo foi advertido da masacre, sen que fixera caso. O cal fai evidente unha prepotencia me unha intencionalidade clara, dado que o obxectivo a bombardear era, supostamente,  un complexo situado a varios centos de metros do hospital e que era considerado como a base de operacións dos talibán na cidade. 

26/11/2015 11:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EN PE DE GUERRA

 

 

  Vigo está en pe de guerra polo novo hospital.POVISA fai o seu agosto; a pesar das deficiencias da clínica privada POVISA, 4.000 usuarios solicitaron a adscrición ó centro, causando baixa no Alvarez Cunqueiro.  A pregunta é, cómo un hospital recentemente inaugurado e co maior orzamento do sistema galego de saúde ten deficiencias estruturais e de funcionamento que levan a rebelarse a toda unha cidade? Quén saíu beneficiado coa súa construción? E a quén beneficia o seu mal funcionamento? . As numerosas irregularidades no contrato de adxudicación a esta concesionaria, denunciadas ante instancias estatais e europeas por distintos colectivos, parecen pasar desapercibidos para a Intervención Xeral da Comunidade de Galicia, órgano que emite en maio de 2010 un informe favorable ao contrato e dá luz verde á construción do centro. A presidenta deste organismo de control, Elena Muñoz, é posteriormente ascendida por Feijóo a conselleira de Facenda e agora encabeza o grupo municipal do PP en Vigo.   A empresa concesionaria é a dona do edificio durante os próximos 20 anos, polo que cobra anualmente un canon que, para escarnio de moitos, a Xunta chega a incluír dentro das súas contas como investimento en sanidade pública. Ademais dos beneficios pola construción da infraestrutura, a concesionaria leva tamén a xestión dos servizos non-sanitarios, e non só dese hospital, senón tamén do resto da área. O da burbulla inmobiliaria acabóuselles e agora saben que a sanidade é unha fonte de negocio moi grande

27/11/2015 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA LUZ QUE SE APAGA

 

 

 Apagouse a luz de Neira Vilas, i en Galiza cada vez hai mais escuridade. Galiza está necesitada de luz, e cada vez que fina un persoeiro da cultura, ou da política, un tráxico manto se estende pra asuluga-lo  país. Cada  día estamos mais orfos na nosa nación; non se logra repoñe-las  perdas da cultura, Salvo contados casos, non hai ese nivel de entrega e talento  que sexa universalmente recoñecido e que transcenda as fronteiras do noso país. O caso de Neira Vilas é excepcional, pois dende a emigración non deixou de amar a Galicia e dar nacemento a súa creación literaria, que é unha testemuña do seu vínculo afectivo coa terra. Modestamente, nas miñas limitadas, aptitudes quixera, a modo de homenaxe a súa memoria,  dedicarlle esta poesía.

Amor a terra

 

En vales escondidos

Entre serras anudadas

Que gardan os segredos

De liberdades soñadas

 

Naceu o amor intenso

Xurdeo o vacío  inmenso

Póla nazón maltratada

Pola terra asovallada

 

As vaguas derramadas

Os suspiros ceibados

As longas camiñadas

En camiños xá andados

 

Da terra de manto verde

A un ceo iluminado

Que a alma morde

Do que desta terra é ben nado

 

O tempo non borra

Os camiños xá trazados

Teñen que ser agora

Dos devanceiros erdados

 

Será o máximo alento

Dos que noutrora loitaron

Que con dor sufriron tanto

Que arreo traballaron

 

Por limpar esta nobre terra

De chupasangues infesta

Que funden as suas raices

No sagrado chan amdo

 

Son os mártires que chaman

Ás xeneracións adormecidas

Pra que limpen o chan

Das malas herbas nacidas

 

Que non quede en balderio

Que marcaron o vieiro

Coa xenerosa entrega

Dos seus anos mozos

 

Nos que deron as suas vidas

Pra que sintamos a fachenda

Dunha raza que é digna

Que se nega a ser pisada.

28/11/2015 11:36 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GRIAL

    Revista galega de cultura, que naceu nos principios dos sesenta, non é un medio de difusión pra masas. Dirixida a un público comprometido coa cultura, chamado a manter viva a chama do galeguismo, non se pode entender, sen ter en conta a época en que nace,a verdadeira  importancia ; tendo en conta isto, solo os lectores de GRIAL comprenden o seu verdadeiro alcance. Non é o momento de falar de GRIAL; pero si é o momento de lembrar a labor  de galego militante de Chao Rego, impulsor de ENCRUCILLADA e outras mais, así como ensaios  sobre teoloxía e temas sociais. Foi un referente na airexa, a que consideraba que debía estar ó servizo do pobo e non o revés, e na cultura galega, algo de notable valor naquil intre e de plena actualidade hoxe tamén. Viaxa en paz, o teu maxisterio seguirá vivo, na airexa e na sociedade  

30/11/2015 11:22 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris