Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A HORA DA VERDADE

 

  Destacados membros do BNG fixeron pública a súa oposición a confluír con outras opcións políticas pra concorrer xuntos a elección da Xunta. Parece co importante sería conquista-la Presidencia da Xunta, tempo haberá pra facer cortellos. Urxe reconstruí-lo país que Feijoo arrasou, devolve-la autoestima ó pobo, que ningún galego sinta vergoña de selo; dignifica-la nosa cultura e a nosa lingua.  O demais pode esperar. Si os santóns dun galeguismo aloxado da realidade non o comprenden  pechémolos no cortello. A UPG constitúe un bloque monolítico e pechado, que non admite evolución, nin outra  estratexia que non sexa impoñer un comunismo ó estilo albanés. En realidade non lle importa o país, solo lle importa a súa ideoloxía, e Feijoo é A UPG necesítanse, tanto así, que no PP renaceu o optimismo coas derradeiras declaracións dalgúns  personaxes da UPG  

0 comentarios