Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SEDICIÓN

 

   A sedición de centos de policías municipais en Madrid, perseguindo e insultado ó concelleiro de Seguridade Cidadán e pronunciando consignas fascistas, destapa un dos feitos mais graves da democracia. Encargados de mante-la orde, revelaron o perigo que representan  pro sistema democrático. Estes policías pertencentes, na súa maioría ,,, a unha unidade creada polos alcaldes do PP, fai gala da súa indisciplina e aversión ó sistema democrático. O Ministro do Interior en funcións, lonxe de afea-la conduta dos policías, jaleounos. Por suposto non actuou, de momento, a Fiscalía. Cando ó redor de 300 persoas seguen encausadas por exercer o seu dereito a folga e se encadea  como terroristas a doús titiriteros por unha obra de ficción, habemos de empezar a preocuparnos seriamente. Franco empezou así e custounos unha cruel guerra e 40 anos de ditadura; si o Axuntamento de Madrid se amosa feble e non expulsa do corpo a esa xente, amen doutras accións xudiciais que procedan, ímolo lamentar

 

0 comentarios