Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NON TOCA

NON TOCA

 A supresión e reforma de algunhas estruturas administrativas e Institucións  do Estado é algo imprescindible, si queremos vivir no mundo actual é non volver a vivir nas covas. A existencia da absoluta estrutura do Estado e algunhas Institucións actúan como un curse que impide que o país progrese. En primeiro lugar non se trata de suprimi-las autonomías, senón de darlles sentido. Partindo da premisa de que en tódalas partes do Estado non se sinte a mesma necesidade de autoorganizarse e de que a Institución ten a razón de ser nun mellor servizo ós administrados, e non solo nos intereses dunha casta. A supresión das Deputacións é unha lóxica imposta polas autonomías. O dilema é unha, ou a outra. Agrupación de Axuntamentos, demasiado pequenos pra prestar servizos, que aínda mantendo unha personalidade, é se agruparan en organismos mais potentes; de ningún xeito o custo do mantemento dun axuntamento ten que absorber mais recursos do servizo que presta. Revisar as relacións da airexa co estado, suprimindo tódolos privilexios. Supresión de tódolos aforamentos e reorganización da xustiza. Supresión do Senado, unha Institución tan inútil e pesebrera que é o santuario se depositan  os corpos momificados das antigas glorias da patria. 

 

0 comentarios