Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A VIDA NA RÚAÉ TERRORÍFICA

A VIDA NA RÚAÉ TERRORÍFICA

 


   A seguridade de Rajoy reduciulle, e deixoulle en liberdade despois, a un cidadán que se encarou a comitva de Rajoy, chamándolles, megáfono en man,  panda de mafiosos. Mais de 50.000 persoas sen teito están morrendo nas rúas de España. A intervención dos servizos de seguridae de Raqajoy foi brutal e contundente e advertitronlle, diante das súas queixas, “ podíamoslle disparar”  A urxencia social da situación das persoas sen teito e tanto culpa do Partido Popular como do PSOE, responsables da criminalización da pobreza. Recordou que Gallardón iniciou esta persecución en Madrid impoñendo multas a quen eran sorprendidos rebuscando no lixo,que era o único supermercado ó que podían ir. Denunciou a impunidade con que actúan, privatizando servizos sociais para darllo a mans amigas que están implicadas na Púnica. Tamén denunciou que tanto PP como PSOE e Cidadáns preocúpanse moito polos dereitos humanos de Venezuela e non polos de España.

0 comentarios