Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

QUÉN DIXO MEDO?

QUÉN DIXO MEDO?

 

 

 Quén dixo medo. Os españois non teñen medo, o medo é pra xente con cerebro. Os españois sempre confiamos en que todo se arranxe, somos un pobo quixotesco, non nos preocupan as cousas domésticas, somos un pobo que pensa en grandes empresas. Na grandiosidade do imperio, na España unha e grande, na selección de fútbol, nos touros; esa riqueza, que era a identidade de España e que nos quitaron os comunistas. As pensións, único ingreso de moitos fogares, tal como están ó dia de hoxe, durarán un ano. É moi posible que sufran un recorte dun 40%, ou mais. Cristina  Lagarta, a do FMI.,  insinuou que pra pagar a galopante Débeda Pública, venerada polo PP haberá que recorrer a confiscación  dos aforros. Nada de iso lles  preocupa ós quixotes españois. Deus e o PP proveran e, de novo encheranse as airexas.  

0 comentarios