Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

BASES NO SUR

BASES NO SUR

 

  A meirande  base estadounidense no estranxeiro estableceuse na Arxentina. O control do que os estadounidenses consideran  seu patio traseiro é unha consecuencia desta invasión pactada. O obxectivo está no control de recursos naturais; como a auga e petróleo, pra elo necesitan impoñer rexímenes políticos propicios a ocupación. Fixéronse con Arxentina e Brasil e están sitiando a Venezuela. Sudamérica está sendo o taboleiro de xogo de influencias no que participan potencias mundiais. Pra nos xa empezou o enésimo ocaso; as empresas españolas está sendo expulsadas, ou ocupadas. Os americanos van m ais aló; un avión militar americano foi controlado pola policía arxentina por estar, supostamente, implicado no trafico de armas e droga, o que orixinou o primeiro conflito da ocupación a droga tería como destino os mesmo EEUU, pero ¿ cal era o destino das armas?. 

0 comentarios