Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

FANATISMO DESTRUCTIVO`

FANATISMO DESTRUCTIVO`

 

 Dos moitos casos que se ignoran, sobresae  o de unha médica que traballa no Reino Unido, di: O meu pai non estaba en fase terminal. Duchaba só, saía a pasear, tomaba café cunhas amigas. O xoves 14 de maio díxome por teléfono que morrería o domingo, que llo dixo o meu irmán Fernando, que á súa vez o sabía polo oncólogo?, recorda Josefina, que, ante a preocupación polo macabro anuncio do seu pai, recibiu un E-mail do seu irmán: O que o médico di exactamente é que difícilmente chega ó verán, escribiulle Fernando Hurtado, quen non quixo facer declaracións. Unha morte anunciada. Juan Hurtado anunciara a todos a data precisa do seu falecemento. Á súa neta, estudante na Universidade de Gales, contoullo por teléfono con moita angustia: Déronme catro días de vida. Levo dous; quizá mañá xa estea morto.O  seu fillo menor, Antonio, que viaxaba a Madrid todos os fins de semana, pediulle dous bicos porque cando regresase o domingo xa estarei morto. Ás súas amigas do salón de estética do barrio, coas que tomaba café, tamén lles anunciou o ancián a fatal noticia.   Josefina Hurtado pediu ao servizo de urxencias de Murcia, onde traballou anos atrás, que acudise ao domicilio do seu pai para comprobar o seu estado. O doutor Gregorio Fortes, que o atendeu, díxome: «Para nada quédanlle catro días, quédanlle meses». Ante ese diagnóstico, quedeime máis tranquila. Pero as alarmas volvéronselle a acender cando un día antes da data sinalada, a cuidadora de Juan Hurtado, que tamén é membro supernumerario do Opus, segundo a querella, informou a Josefina de que o domingo acudiría o oncólogo ó domicilio do seu pai. Que especialista acode un domingo, sen mediar urxencia algunha, á casa dun paciente, preguntouse entón a filla do ancián. Houbo dous elementos propios dun aquelarre do Opus: a satisfacción do dogma de que eles como son a Obra de Deus teñen permiso do creador para dispoñer de vidas humanas e fano para os fins da Obra, conduta e digna dunha ilegalización xeral da organización, e o elemento económico e é que o seu pai, Juan, nun período de varios anos baleiráronlle as contas e vendido o patrimonio para levarllo a través do irmán cura da Obra cara a esta. A Obra é unha secta dentro doutra secta, polo que o malo se multiplica; moi poderosa economicamente e incrustada nas esferas de poder

0 comentarios