Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PROTEXIDA

PROTEXIDA

 

   A Comisión de Investigación do accidente de Angrois foi unha tapadeira coa que se esconderon os trapos sucios do PP e do PSOE. Houbo mais de 80 mortos, amen dos feridos e danos materiais. O informe da CE, que o goberno español tratou de que non se fixera público, pon o acento na imparcialidade da Comisión de investigación. Diante da posibilidade de que a Ministra Ana Pastor  resulte sinalada como responsable, o PP protéxea e propona pra Presidenta do Congreso. Unha Ministra que ademais de Angrois deixa unha rea de irregularidades, que van dende o Canal de Panamá a Vueling, pasando por Correos e mais de 15.000  millóns de euros en furados. Pero o misterioso da súa elección foi eses dez votos, que non  se sabe de quen son. Unha hipótese é que son votos da bancada socialista. Co tempo se  saberá. En España as chapuzas veñen con premio  

0 comentarios