Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MUDA A PEL

 

  A serpe, se non muda a pel morre. Hai políticos que están nunha permanente muda pra manterse sempre no poder. Si fóramos capaces de analizar eses cambios camaleónicos, ou ver as incoherencias de actitudes, quizá estaríamos en disposición de comprender as miserias humanas. Fai tempo que, en Vigo o socialismo ven tendo unha actitude caníbal e devora a súa especie. É, sen dubidalo, onde mais caídas e recuperacións tivo. Non sei que pode saír da actitude de Abel Caballero, parece que o socialismo vai sufrir unha tremenda crise a nivel autonómico, non quererán ser menos que os seus compañeiros de España. O mitin de Leiceaga no carismático Alvaro Cunqueiro, coa ausencia da agrupación socialista local, foi penosa. Dicía Camilo Xosé Cela, que os homes pequenos non teñen obriga de ser bos

 

0 comentarios