Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

FUME

 

 

 As promesas de Rajoy a Rivera, para que lle preste apoio na investidura, son fume. Un aumento de 36.000 millóns no gasto, cunha diminución de ingresos, ó que hai que engadir ós recortes prometidos a  Bruxelas e o cumprimento do déficit.. Non é preciso saber moito de cálculo, pra decatarse da evidente  contradición. Cousas tanxibles como as Deputacións e o Senado foron suprimidas da lista de asuntos a negociar, incluso a corrupción danlle unha nova definición, non é que a legalice, pero case,. I é que o PP non quere negociar, nin quere ataduras pra roubar. O que quere é que lle deixen gobernar sen ceder en nada, que lle recoñezan o dereito divino a disfrutar desa finca que lle chaman España, sen mais límite que o que lle quepa nas alforxas 

0 comentarios