Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MENTEN

MENTEN

  A xente crese as mentiras, sempre que sexan gordas. Pensan que algo de certo haberá. O PP usa a mentira con carácter profuso, pero sempre apoiada por unha eficaz manipulación  dos medios. Moito nos levan dito da recuperación, que nade viu, ó menos a maioría dos cidadáns. Uns poucos cidadáns si notan unha melloría, a costa  do  empobrecemento de moitos. Iso non é recuperación, é espoliación e acaparación. Con todo, é tan precaria que unha subida do petróleo, ou dos xuros, traería consecuencias catastróficas. Segundo os datos da EPA, o paro en España é de  4.500.000, nembargante estas cifras non reflicten a realidade do mercado de traballo español, porque descartan a una gran cantidade de cidadáns que no poden acceder ó  mercado laboral. Moita xente queda polos criterios de elaboración da EPA. Estes son os seguintes: non ter emprego na semana anterior á data de realización da enquisa, estar dispoñible para traballar nas dúas semanas seguintes a devandita data e atoparse en procura activa de emprego nas catro semanas anteriores. A cifra real de paro é de mais de 9.000.000

0 comentarios