Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2016.

NOVO POKEMON

20160801112458-ooi.jpg

 

  Pronto estará dispoñible unha aplicación de POKEMON POPULAR. Haberá distintos tipos de Pokemon, con distintos colores e a súa captura terán diferente valor. Os votantes do PP terán dous colores: un  pardo, pros pardillos, e outro de color voitre leonado, pros votantes que se benefician da corrupción. Os cargos do PP implicados en corrupción terán un color roxo de distintas tonalidades, segundo o roubado. Tamén variará o tamaño do Pokemon capturado en función do seu cargo e importancia na trama. Cada Pokemon terá asignado un valor en puntos. Na competición, a nivel nacional, cada ano gañará o que sume mais puntos. 

01/08/2016 11:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PREZO DA CRISE

 

  A máquina de propaganda do goberno oculta o regueiro de suicidios, a meirande parte pola   crise económica. Xa case no lo temos crido, saímos da crise. Algúns saíron da crise, outros nunca estiveron en crise, outros beneficiáronse da crise; outros moitos a crise trocoulles a vida. Sabido é que o goberno controla os medios de comunicación, mellor dito de lavado de cerebros e intoxicación. Os medios de comunicación españois son os mais im parciais de Europa e solo din o que o goberno quere que digan. Por iso, ó igual que outras cousas, non nos enteamos dos suicidios. A cifra de suicidios diarios está entorno a nove, cifra escalofriante, deles, dous terzos son homes.menos m al que saímos da crise, segundo o goberno.

02/08/2016 19:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NIN SE FALA

20160803120103-10388182-626734097441181-2023382413718316794-n.jpg

 

  Nada se di do futuro das pensións. Pro PP é un asunto tabut porque choca coa    súa política. Por un lado a incerteza crea medo, e o medo interésalle ó PP. Visto o uso que o PP fixo da ucha das pensións, os ingresos da SS, á baixa, non  hai pensións pra moito. O recurso preferido do PP é privatiza-las pensións; pero, cómo pode un traballador que cobra, no mellor dos casos, o salario mínimo facerse un plan de pensións. Non digamos dos que solo fan  traballos eventuais, pra elos isto é impensable. Hasta agora as pensións non lle custan nada ó Estado,  páganse cos ingresos por cotizacións, pero a reforma laboral do PP merma estes ingresos. A  posible solución estaría en crear un imposto novo, pagado por todos os cidadáns, para asegurar as pensións. Esta non debería ser un problema, pero de novo choca coas promesas do PP de non subi-los impostos.  Este sistema estase facendo noutros países do noso entorno. O único e gran defecto que ten é que non é popular, en ambos sentidos do término: nin lle gusta ó actual partido aínda no Goberno, nin soa moi positivo para a maioría da poboación a creación dun nova tributo. Pero algo haberá que facer e rápido. Deixalo todo de novo en mans do tempo e da creación de emprego estase mostrando claramente insuficiente, sobre todo tendo en conta a escasa calidade en salario e cotizaciones dos novos postos de traballo.

03/08/2016 12:01 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OURO

20160804172414-227398-837483042958436-2303460575834619073-nb.jpg

 

  EEU  xa o sabía, i é unha razón mais pra querer poñer as garras en Venezuela. Descóbrense unhas inmensas reservas de ouro en  Venezuela, que podían facer que este país fora o  primeiro do mundo nesta riqueza. O medo a unha invasión yanki é real e contarían coa axuda da oposición a Maduro. Rusia e China ofrecéronlle apoio militar. Posiblemente ós yankis este roubo no lles sexa tan sinxelo como o roubo do petróleo en Oriente Medio.

04/08/2016 17:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ACTORES NOXENTOS

20160805110317-10325394-390306867802309-2032609152219344242-n.jpg

  Feijoo utilizara unha familia de eivados nunha campaña electoral, agora os dependentes son castigados pola política do PP. Como en tódolos campos os mais febles e necesitados son os peor tratados polas políticas das dereitas. Mentres os exministros se van pra postos de xubilacións de luxo, como Wert, ou lles pagan como a Soria un salario mensual de case 5.000 euros, ós pensionistas viven na incerteza do seu futuro, co medo a unha segura pobreza. Os adiñeirados ponse de uñas, teñen medo que lles molesten. O protagonista dun anuncio  publicitario do PP, que dicía que el traballaba na construción e era do PP,  foi colocado, pouco despois, a dedo polo goberno do Partido Popular no Concello de Leganés como asesor de Obras e Servizos Comunitarios, hasta que perderon a alcaldía , cun soldo  40.000 Euros ó ano. I é que non hai como ser do PP pra vivir ben. Esa e unha das razóns pola que moitos pobres votan ó PP, eles tamén quere vivir ben; pero equivócanse, no pasaran ó banquete solo serán mais pobres

05/08/2016 11:03 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

IMPORTA

  Pouco, ou nada importa das sutiles diferenzas entre asistente persoal, e coidador persoal. No primeiro caso o suxeito realiza unha vida “independente” e o asistente o único que fai é a de apoio pra realización de actividades profesionais. Pola contra do coidador persoal vai dirixido a aquelas persoas, sobre todo, nenos, adultos con discapacidade, con trastornos neurolóxicos ou demencias, que polo seu tipo de discapacidade ou pola súa avanzada idade, requiren dun apoio ou supervisión que lles facilite a realización das súas actividades do día a día. Un asistente pode telo unha persoa perfectamente válida. Difícil de entender que o PP se agarrara a falta de afiliación á SS dun asistente de un dirixente de PODEMOS pra atacar a ese partido. o único que demostraron é que non teñen con que atacalos e agárranse ó primeiro que atopan. É triste que este corruptos teñan esa teima con Podemos, e non se ocupen de cousas de mais calado como é a gobernanza doo país, ou a corrupción nas súas filas



06/08/2016 11:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

11-M

 


En breve, a partir do ano que vén, tres dos condenados pola masacre do 11-M sairán de prisión tras cumprir as súas condenas. Dos condenados pola masacre de Madrid do 11 de Marzo de 2004, onde foron asasinadas 192 persoas, quedan 10 terroristas cumprindo pena. E xa o ano que vén comezan os seus excarcelaciones.  Solo dez anos de prisión por uns feitos tan graves rodeados de luxos, parecen unhas vacacións, non unha condena. Moitos condenados xa foron excarcelados. Que se saiba  o PP, tan presto a sacar tallada do terrorismo, está mudo. Os terroristas foron condenados a miles de anos, non houbo arrepentimento. Algo grave falla, pero si estamos a roubar, isto pode pasar

                                     

09/08/2016 11:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

20160810110610-12990834-842031935940187-3832310706572105601-n.jpg

 

 

   Á marxe de que Felipe González, Aznar e Juan Carlos teñan en común, unha cousa  lles chegou coa chamada democracia, os tres fixéronse inmensamente ricos. O común dos mortais teñen difícil chegar a fin de mes; pero estes personaxes non lle afectou a crise, e demóstranos que se poden aforrar centos, e miles de millóns de euros.  

10/08/2016 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MANS LIBRES

20160811113854-1349768114-b0dca8b3368aafbdfffc9147873de5fb.jpg

 

    Non é unha alusión a MANOS LIMPIAS. É un xogo de mans. Un prestidixitador que se prece ten que te-las mans libres para face-los trucos de maxia. Feijoo vese  como un gran mago da política. Di Feijoo: «Son o único candidato que ten as mans ceibes». Pode facer calquera alianza, ou un truco pra seguir de Presidente, sen ter  que pedir permiso a nade, porque o PPg é el. Solo ten un problema, nade quere pactar  con el; por algo será, e iso é o que da que pensar. Ve a Galiza como unha gra finca da súa propiedade   e os galegos obreiros seus, co único dereito de emigrar. Os datos sanitarios, as historias clínicas dos doentes, tiñan que  estar escrupulosamente reservadas, sen saír do círculo do SERGAS. Feijoo leva a privatización a tal extremo que clínicas privadas teñen acceso ós historiais dos doentes, obrantes no SERGAS, sen rispetar a privacidade, men tres que este privilexio non o teñen hospitais do mesmo SERGAS 

11/08/2016 11:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LUMES, UN NEGOCIO

  Busquemos ós que se benefician de que os nosos montes ardan e atoparemos, senon ós culpables, si ós sospeitosos. Cando os nosos bosques arden, os únicos que saen beneficiados son :  As concesionarias anti incendios. Xa que cantos máis incendios teñan máis gañan. A descarga dun idroavión costa unha burrada, pero tamén costa tódolos demais medios medios, que non existirían si non houbera incendios. A Industria papelera. Xa que compra a madeira pra celulosa moito máis barata.  A Industria madeireira. Xa que compra a madeira pra facer aglomerados tamén moito máis barata. ¿Hai vontade política de queren parar isto?. No 2.006, cando gobernaba o bipartito, o PP mandou ós concellos que gobernaba unha circular dándolles instrucións pra que obstaculizaran a política anti incendios  da  Xunta. Chegado o PP ó poder derogan  o promulgado polo o bipartito, en canto a limpeza de montes, protección  de núcleos urbanos, etc.. Solo lles faltou dicir que defendían ós incendios.  Que se estime en mais dun 80% de lumes intencionados, resulta abrumador, e deberíiamos preguntarnos:  Primeiro, por qué hai tantos incendios? E segunda, por que arde o monte?

 

12/08/2016 11:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUÉN PERDEU?

20160816113954-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

 

  A confluencia de PODEMOS e as MAREAS trouxo un perdedor inmediato, que sen dúbida algunha foi Feijoo, xunto cos seus emisarios e os mariachis do entorno de Podemos. A debilidade e fragmentación da esquerda é a gran esperanza de Feijoo pra lograr unha maioría absoluta. Que o éxito dun líder político non dependa da súa xestión, senón  da estratexia de dividir, da a medida da democracia española, dependente das intrigas pacegas.   

16/08/2016 11:40 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GALIZA MARTIR

20160817113424-castelao-20-20a-20derradeira-20leccion-20do-20mestre-20brenllab.jpg

 

   Conxelarase o inferno, pero a vosa memoria nunca sufrirá o esquecemento dos galegos de ben. Fai anos que foi vilmente asasinado no lugar da Caeira, Pontevedra, Alexandre Bóveda. A súa sangue, e a dos demais mártires regaron o  chan galego, deron sabia á terra, pra que xermolen novas xeracións de patriotas  

17/08/2016 11:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

RUMANO ROUBANDO

20160818110121-7-ladron-2009.jpg

 

 Un rumano que sufriu lesións mentres roubaba cobre nun transformador,  quería denunciar á empresa propietaria do cobre, polo mal estado das instalacións. Os gastos do helicóptero e hospital son pagados por todos nos. Pero o que é o karma, arranxa o que a xustiza podía enredar. O presunto ladrón finou no hospital e xa non volverá a roubar, a empresa pode respirar mais tranquila, pero sempre pode haber alguén disposto a sacar tallada.

18/08/2016 11:01 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ENCALLADA

20160819125802-mariano-rajoy.jpg

 

 

  A elección de Presidente do Goberno está encallada.  Rajoy non ten presa, toma unas vacacións e durme a sesta á sombra dun carballo en Ribadumia. De  feito Rajoy quere facer pasar á oposición polas forcas caudinas, pra liquidalos e humillalos. As infantís esixencias de Rivera teñen que ser visadas pola cúpula do PP, teñen que dicidor si seguen roubando ou non. Rivera esixe que non haxa imputados no Goberno. Difícil cuestión xa que o mesmo PP está imputado. O doloroso é que o país estano tomando de coña. Os Deputados non debían cobrar mentres non houbera Goberno, dese xeito amosarían mais dilixencia en cumpri-las súas funcións. España non pode permitirse pagar por vaguear

19/08/2016 12:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GRITO

   Grito de silencio pola violencia en Siria. Solo en Alepo, dunha atacada 400 mulleres e nenos foron horrorosamente executados; a violencia do EI en Siria, ou en calquera lugar do mundo é calificada de distinto xeito, segundo o lugar onde se produza. Si se produce en Siria dáselle o nome de loitadores pola liberdade, ou, como moito rebeldes; si é en occidente son terroristas. A violencia é a mesma, a ideoloxía a mesma. Si as vítimas do occidente merecen un minuto de silencio, as vítimas de Siria esixen que non abramos mais a boca. Unha ONG denuncia a violencia do goberno siria, seguro que ten razón, pero as vítimas do EI tamén merecen ser recoñecidas e lembradas. Chega este feito pra desacreditar a labor da ONG,  por encomiable que sexa, porque non hai vítimas de primeira e de segunda, solo hai vítimas

 

20/08/2016 17:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

BURKA E BURKINES.

 

    O do burka, e os demais veos que cobren o rostro é comprensible que se prohiban nunha cultura aberta como a nosa, na que se ríspeta a dignidade humana. Non solo son os motivos de seguridade, senón que esa vestimenta borra por completo a identidade das persoas: non as oculta solo,  senón que as fai desaparecer. Non poden dar a cara nin, xa que logo, responsabilizarse nin diferenciarse nin distinguirse. Convértense en vultos, algo peor que obxectos. Cando alguén vístese  de maneira que o seu rostro, que é a máxima expresión física da súa identidade, pasa a un segundo plano para atraer a mirada cara a outras zonas, esa persoa tende a converterse nun mero obxecto para os demais. Pero si tápase todo, tamén o rostro, entón deixa de existir, coma se non tivese nome. E isto, na nosa cultura, resulta degradante e por iso debe rexeitarse, no solo por razóns de seguridade. Tamén o burkine se converte nunha prenda absurda, unha prenda de neofreno que impide o baño, e  oposta á convivencia. Nade os convidou a que viñera á  nosa casa. Si os acollemos, o menos que poden facer é intentar integrarse e non impoñernos nada. Estamos na nosa casa, que nos respeten. 

22/08/2016 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

REFORMA ELECTORAL

 

 Pra formación formación de Goberno en España o problema non é a persoa, non é Mariano Rajoy, presidente en funcións, senón que é a estrutura do PP a que está podrecida. Calquera apoio ó PP para formar goberno convertese nun indulto a corrupción, nunha conformidade coa política practicada por Rajoy, un home que non cumpriu nin unha soa das promesas que fixera en campaña electoral, que elevou a débeda en 365.000 millóns de euros cando o petróleo e a prima de  risco acadou mínimos históricos, que sacou 45.000 millóns de euros da caixa das pensións, que non cumpriu coa redacción de déficit. Ten 137 Deputados, fronte   a 213, que se deixe gobernar á maioría é un sarcasmo. Pra que non teñamos que sufrir este oprobio de falta de goberno, hai que reforma-lo sistema electoral, introducindo unha segunda volta, ó que sen dúbida non lle interesa ó PP e o PSOE 

23/08/2016 11:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

¿QUÉ QUEDA?

20160824175250-1006258-541811539209088-718420190-n.jpg

     Hai dous grupos no PSOE  que pretenden impoñer a súa estratexia, por unha banda, os baróns, os que hai que unir os caciques locais, por outra, os socialistas. Os baróns e os caciques locais aterraron no PSOE pra conqueri-lo poder. Na investidura de  Rajoy, ambos grupos loitan por impoñer a súa estratexia, os socialistas saben que si ceden  desapareceran, pero tampouco ofrecen alternativa, son como o perro do hortelano. O PSOE xa sacrificou a súa posición política en aras da estabilidade do Estado en xullo de 2010, na reforma do artigo 135 da Constitución e no proceso de substitución da Monarquía, polo que no se lles pode dicir que non teñen sentido de Estado.  Os nosos militantes e os nosos votantes, din os dirixes socialistas, son  os que nos interpelan pola rúa pra que non se nos ocorra absternos pra que Rajoy siga na Moncloa. Non poderiamos volver pisar as sedes, din.  En Galiza, o barón e cacique local, o alcalde de Vigo, non acepta o resultado das primarias e desafía o seu Secretario Xeral en lugar de apoialo; sería interesante saber que é pra él unhas primarias. Enchéselle a boca co viguismo, cando solo defendeu a  Vigo cara a galería e sempre en  intres persoal. Chega o do hospital Al varo Cunqueiro, o saneamento e os orzamentos anuais da Xunta. Pra el é mais imporante o seu EGO que despexar a Feijoo

24/08/2016 17:53 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ALGO PODRE

 

  Os Deputados teñen tantos privilexios, e están tan enlodados de corrupción, que fai impensable calquera rexeneración democrática. O Deputado por Xaén Diego Cañamero, de Unidos Podemos, é o único, de momento, que  presentou un documento ante notario polo que renuncia a calquera privilexio asociado o seu cargo público. Os mais do parlamentar agárranse como garrapatas os seu privilexios, que non son poucos

 

25/08/2016 19:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MUDA A PEL

 

  A serpe, se non muda a pel morre. Hai políticos que están nunha permanente muda pra manterse sempre no poder. Si fóramos capaces de analizar eses cambios camaleónicos, ou ver as incoherencias de actitudes, quizá estaríamos en disposición de comprender as miserias humanas. Fai tempo que, en Vigo o socialismo ven tendo unha actitude caníbal e devora a súa especie. É, sen dubidalo, onde mais caídas e recuperacións tivo. Non sei que pode saír da actitude de Abel Caballero, parece que o socialismo vai sufrir unha tremenda crise a nivel autonómico, non quererán ser menos que os seus compañeiros de España. O mitin de Leiceaga no carismático Alvaro Cunqueiro, coa ausencia da agrupación socialista local, foi penosa. Dicía Camilo Xosé Cela, que os homes pequenos non teñen obriga de ser bos

 

26/08/2016 18:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CERCA

 

  Pese a que o PP non aceptou ningunha das condicións que lle esixía Ciudadanos pra investidura, é optimista i espera un resultado positivo en breve. será a maxia dos cartos, os sillons?. Polo depronto xa non hai corrupción, tal como a definirán no pacto. Estes peperos son uns campións da negociación. Pronto o PSOE pactará con eles,sen que teñan que pagar  ningún peaxe. A habilidade do PP xa se viu cando buscaron apoios pra Presidencia do Congreso, solo se necesita que queira facelo

 

27/08/2016 11:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS LISTAS

20160829111707-24290-573680179316631-1002342455-n.jpg

 

 As listas de   candidatos pra parlamentar foi complicada, menos no PP. O sistema de primarias esixe unha fonda convicción democrática, pra que se respeten ós resultados e non pase o que pasou con Abel Caballero. Se non hai a necesaria conciencia democrática, o único sistema viable é o utilizado polo PP, que era o que xa utilizaba pra elixir ós Procuradores en Cortes, onde os Gobernadores Civís, como Delegados do Movemento e máxima autoridade provincia, elexía ós Procuradores. Pro PP nada mudou, a máxima autoridade periférica é Feijoo, a súas decisións son inapelables,a menos  que os xenoveses digan o contrario

29/08/2016 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FUME

 

 

 As promesas de Rajoy a Rivera, para que lle preste apoio na investidura, son fume. Un aumento de 36.000 millóns no gasto, cunha diminución de ingresos, ó que hai que engadir ós recortes prometidos a  Bruxelas e o cumprimento do déficit.. Non é preciso saber moito de cálculo, pra decatarse da evidente  contradición. Cousas tanxibles como as Deputacións e o Senado foron suprimidas da lista de asuntos a negociar, incluso a corrupción danlle unha nova definición, non é que a legalice, pero case,. I é que o PP non quere negociar, nin quere ataduras pra roubar. O que quere é que lle deixen gobernar sen ceder en nada, que lle recoñezan o dereito divino a disfrutar desa finca que lle chaman España, sen mais límite que o que lle quepa nas alforxas 

31/08/2016 15:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris