Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2016.

O PAIRO

20161201181851-1336848747-d65f5619e6011381faf6fb8cd8597476.jpg

 

    CIUDADANOS non é duro nin brando, é moldeable; Rajoy pasa deles dun xeito vergoñento. Rivera presumiu de que suscribira un pacto con Rajoy pra votarlle na investidura, agora  Rajoy pasa polo arco de triunfo as 150 medidas  que pactou con  Rivera, e nin sequera lle contesta ó teléfono. Rajoy nin sequera cumpriu as súas promesas electorais, natural que use o pacto con Rivera pra limpa-lo cu 

01/12/2016 18:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A TRAMAPA

20161202175518-557726-127798097360800-1084201291-n.jpg

 

  A subida do salario mínimo choca coa política do PP e, dende logo, non é unha imposición do PSOE    ós que o PP ve como un feixe pringados, dos que necesítaos votos. Pero esa repentina preocupación do PSOE polo salario mínimo, supón que a reforma laboral que fixo o PP tráelle sen coidado. En todo caso solo sería xustificar un apoio a políticas mais duras cunha miserenta esmola. Cando hai cousas como a débeda, o rescate bancario, a dependencia, as pensións, o prezo da luz as liberdades, a corrrupción, etc .Istes tunos non van enganar ós socialistas.                      

02/12/2016 17:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN GLOBO

20161205123021-0945403001222963296-o-lider-do-ppdeg-alberte-nunez-feijoo.jpg

 

  Que Galiza sexa a segunda autonomía onde mais medrou o paro non quita pra que Feijoo considere que o esta a facer ben, de feito está a facelo moi ben. Si non baixou o paro en novembro débese a que foi un mes con poucas defuncións, aínda que el fai o posible e vota unha man recortando a sanidade. Tampouco son datas  propicias pra emigrar. Non se lle pode votar a culpa a Feijoo de que a xente non morra, ou de que sexan uns brandos e non emigren  ó norte polo frío. Malia que en Galiza mingua en habitantes, medra o paro. As enquisa de poboación activa son preocupantes; pero Feijoo súbese o soldo

05/12/2016 12:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NOXO

20161210121545-41800-104054672961766-1532-n.jpg

  Temos o que merecemos, un goberno marmota, sen actividade, que o único que fai é durmir; claro que aínda se supera, confórmase con que o AVE non teña data de chegada e que a AP-9 non sexa transferida, chégalle con que lle deixen mirar por un furadiño. Eso si, mentres lles conxela o soldos ós funcionarios el súbese un escandaloso 6,5 por cen, amén do resto do Goberno e Deputados. Chupóns

10/12/2016 12:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ENTRAMADOS

20161212114114-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

  O PPg médralle o paro, malia a forzada emigración e a redución da poboación, que debía elimina-lo paro. Sin non houbera emigración e desminjución de poboación, o paro chegaría ó 31.%. A singular forma de reducilo paro do Sr. Feijoo consiste en inflar de cargos da Xunta e persoal das Fundacións. A Xunta é unha das administracións europeas que mais Fundacións ten, unha das Administracións mais opacas de Europa, con complexos entramados empresariais. Denuncias por corrupción, que non son investigadas. Un auténtico clientelismo, que asegura votos. A orxía de sobresoldos frente ós recortes, é xa algo típico 

 

12/12/2016 11:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OLLAR Ó LONXE

 

   A fame, o desemprego, a marxinación social, a pobreza, os desafiuzamentos, os suicidios  son o pan o noso de cada día.  O Goberno quere que miremos pra outro lado, contando pra elo cos medios de manipulación, e así se fala de Venezuela, co que nos agraciamos co imperio do mal, que tamén ten a Venezuela no punto de mira. Os partidos tradicionais tratan de centrar o debate político no que ocorre a miles e miles de quilómetros do estado español, mentindo e manipulando, mentres  ocultan as colas dos desempregados, as colas da fame ou a de familias enteira durmindo na rúa en España.

 

13/12/2016 11:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

INCONGRUENCIAS

 

   Personaxes ultracatólicos, afectados por graves doenzas, recorren ós mellores médicos, non intento desesperado por agarrarse a vida. Si tanto creen nun paraíso do alén, etc. Non entendo que non queiran atoparse, cara a cara, co Creador, deixen a alma de lado e solo pensen na materia. A doenza, pra eles, debía ser unha distinción de Deus, e aceptala sen mais, pra gañar un ferrado mais de sembradura no ceo

14/12/2016 10:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PROBLEMAS DE CORRUPCIÓN

 

  O votantes de corruptos poderían ter un problema de  disonancia cognitiva, ou ter unha especie cortocircuito cerebral, que lles fai alleos ós problemas de corrupción. O mais probable é que a causa sexa algo mais sinxelo: os votantes ven no corrupto a alguén gañador e senten admiración por el; tamén pode ser algo mais pragmático. O corrupto asimílano a poder, i é ese poder é o que lles pode favorecer. Isto parece ser o que ocorre en Galicia, onde o PP ten tecida unha tupida rede clientelar.  

 

15/12/2016 11:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ALEPO

20161216105521-1175142-392839127508910-729350397-n.jpg

 

  Alepo é unha pesadilla. Os civís, logo de ser utilizados polos rebeldes como escudos, agora son a moeda de cambio que os terroristas usan pra rendición. Os rebeldes, apoiados, entre outros, por EEUU e Israel, son dunha crueldade extrema, culpables de múltiples asasinatos, pretenden fuxir pra abrir outro fronte de guerra. Siria por reparos ó acordo de rendición, segundo a  ONX que supervisa a evacuación, un  dos motivos é que entre os rebeldes hai uns 250 guerrilleiros estranxeiros, posiblemente da CIA e do Mosad, ós que as autoridades sirias queren deter e investigar; así como o feito de que ou exército considera que non recibe nada a cambio con este acordo, xa que estaba a piques de tomar totalmente a área insurxente

16/12/2016 10:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PODE SER

20161217105803-1385325-435055656595325-508628963-n.jpg

 

  Non é culpa de Feijoo que o AVE se retrase. A historia do AVE é unha historia de incumprimentos, houbera o goberno que fose. Nada pasada lexislatura, tódolos anos non venderon uns orzamentos pro AVE que nunca foron executados. No período de Ana Pastor como Ministra foi o período que mais fume  se vendeu e que menos se fixo. coñecendo o personaxe, pódese asegurar que as promesas de Feijoo son unha sobreactuación pra desculpar a un PP que non lle importa o mais mínimo Galiza, pero tampouco lle importa ó PSOE, entreles hai un consenso total. Galiza é unha colonia sumisa é castrada. O AVE chegará cando veña.

17/12/2016 10:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OS QUE HAI QUE RESCATAR

20161219133956-15589714-10202631339940365-3729951243322404071-n.jpg

 

  Vivimos nun mundo complicado, porque nos encargamos de complicalo. Miles de familias na pobreza, nenos que van ó colexio sen comer, xente que dorme na rúa porque o banco lles quitou a vivenda, un banco que rescataron. O goberno pasa desas traxedias dicindo que non ten cartos. De súpeto os cartos aparecen cando rescata as autopistas. Empresarios con 116 empresas en paraísos fiscais son premiados con indemnizacións polo castor e por autopistas en quebra, herdade de Aznar, coa política do goberno de socializa-las perdas e privatiza-los beneficios

19/12/2016 13:40 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VELLA E FEBLE

20161220115518-10253891-885376584813142-4140883105633760254-n.jpg

 

  Son uns síntomas similares ós da caída do Imperio Romano. Os bárbaros invadindo as nosas  fronteiras, instalándose na nosa casa e impoñéndonos as súas crenzas. Colexios que suprimiron o canto de panxoliñas no Nadal, “pra non ofender”; noutros colexios os moros esixe que non se inclúa carne de porco nos menús dos  comedores; ol imán de Canarias que chantaxea ó estado español, esixindo axudas  pros moros e construción de mezquitas, do contrario haberá atentados terroristas. Barrios de cidades europeas onde non se toleran as costumes, nin o xeito de vida occidentais. Lugares de convivencia cidadá atacados por terroristas islámicos como en Francia, Bruxelas, ou Berlín, como pago pola política de axuda ó EI. Caretas que lles reparte xenerosamente axudas de comida ás moras que acoden as súas sedes, como si de un traballo mais se tratara, pra recibi-los paquetes de comida,todas tapadas, axuda que, nalgúns  casos, se nega  españois.  A comida é tan abondosa que alimentan con ela a animais domésticos. Os nosos ben mantidos políticos son uns servos das empresas interesadas nos recursos dos países subdesenrolados e culpábeis da crecente islamofobia                                   

20/12/2016 11:55 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PODE SER

 Non queda claro si cando se fundou o PP no ano 1989 os seus promotores xa tiñan en mente crear solo unha organización política, ou como diría un xuíz, unha organización criminal. Puido ser a marcha dos acontecementos o que levara ó PP a actual situación. A experiencia demostrounos que poder e corrupción van unidos, que esta unión xa se deu co PSOE, pero ca chegada do PP ó poder foi como si a corrupción se profesionalizara e iniciase na época de Aznar un desenfíeno, que non tiña límites. Primeiro, coa escusa de sanea-las contas, repartiu as empresas entre os amigos, foi un auténtico saqueo, logo veu o reparto de contratos, inflando o país de obras inútiles, así como  a liberalización do chan urbanizable pra amasar fortunas

 

21/12/2016 12:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FANTISMO

 

  Non só o fanatismo islamita é malo, todo tipo de fanatismo ten o mesmo mal, xa sexa político, relixioso, etc. ningunha relixión  serviu ó ben da humanidade, foron causantes de guerras, terrorismo e exterminio. Tal é que. Deus, o creador de tódalas cousas e coñecido baixo distintos nomes por todas as culturas da Terra, cansado de que no seu nome se cometan actos crueis, decidiu que salvaría unicamente ós humanos que carezan de fe,

23/12/2016 11:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LEDICIA

   

 

 

 

     A guerra en Siria é unha creación criminal do chamado occidente e, no mais rancio castizo, do xudaísmo internacional. A vitoria do exército sirio en Alepo deixou sen careta ós medios de comunicación, demostrando que son medios de propaganda, que agochan a verdade e están solo ó servizo dos poderes escuros. O mito da oposición moderada siria, como unha forza democrática e liberal, é unha pura mentira. En Alepo, a chamada oposición moderada aniquilou a máis de 10.000 persoas mediante o lume de artillería e morteiros. Os fusilamentos masivos e indiscriminado, as violacións sistemáticas de mulleres, así como a utilización da poboación civil como escudos, serían suficientes motivos pra que os gobernos occidentais fixeran unha fonda reflexión, pero lonxe deso, xa están manobrando pra xuntar ós rebeldes e abrir novos focos de guerra.  A TVE censura as  imaxes de ledicia da xente de Alepo pola liberación

26/12/2016 11:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

OMPAÑEIROS

20161227111327-13606627-603929449764904-1165244395500039137-n.jpg

 

  Nade diría que a oposición municipal en Pontevedra pode ter unha estratexia común, pero aí están pra demostralo. Extranos  compañeiros de cama, pos aínda que non é nada raro que PP e PSOE estean na mesma cama, porque pro caso veñen sendo o mesmo, o de Mareas, si é clarificador; non é de esquerdas, menos nacionalista, queda como un invento feito pra ocasión, pra dar cabida ós indefinidos. O de Pontevedra no é un caso illado. Unha situación parecida estase a dar en Fene. Concello tamén gobernado en minoría polo BNG, co apoio de Esquerda Unida, ten en fronte a PP, PSOE e Somos Fene, que forma parte tamén de En Marea, que ameazan publicamente con presentar unha moción de censura ao alcalde nacionalista.

27/12/2016 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MENTEN

20161228121909-11217672-10200854904411954-3373548063748591017-n.jpg

  A xente crese as mentiras, sempre que sexan gordas. Pensan que algo de certo haberá. O PP usa a mentira con carácter profuso, pero sempre apoiada por unha eficaz manipulación  dos medios. Moito nos levan dito da recuperación, que nade viu, ó menos a maioría dos cidadáns. Uns poucos cidadáns si notan unha melloría, a costa  do  empobrecemento de moitos. Iso non é recuperación, é espoliación e acaparación. Con todo, é tan precaria que unha subida do petróleo, ou dos xuros, traería consecuencias catastróficas. Segundo os datos da EPA, o paro en España é de  4.500.000, nembargante estas cifras non reflicten a realidade do mercado de traballo español, porque descartan a una gran cantidade de cidadáns que no poden acceder ó  mercado laboral. Moita xente queda polos criterios de elaboración da EPA. Estes son os seguintes: non ter emprego na semana anterior á data de realización da enquisa, estar dispoñible para traballar nas dúas semanas seguintes a devandita data e atoparse en procura activa de emprego nas catro semanas anteriores. A cifra real de paro é de mais de 9.000.000

28/12/2016 12:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris