Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2016.

A ESTAFA

20160701111318-972263-540479122682572-205605128-n.jpg

 

 

  A semiprivada sanidade Manchega de Cospedal derivaba doentes a unha clínica privada de Madrid, que o único que facían era un simulacro de operación, abriunos, logo cosíanos e a cobrar. Hai un proceso xudicial en marcha, pero a Cospedal nin se inmuta. Tal feito é debido a que esta xente considérase intocable. Cuenca e Cidade Real que a ’semiprivada’ sanidade de María Dores Cospedal derivara á clínica madrileña A Milagrosa (algunhas familias tiña que facer máis de 400 quilómetros) para ser intervindos/intervidos de algo tan básico como no caso dos pequenos de fimosis ou hidroceles, e nas nenas de hernias umbilicais. Intervencións que non deben ter complicaciones máis aló das excepcións que por distintas patoloxías puidesen darse. Pois ben, fai uns días en ELPLURAL.COM soubemos que a 10 desa trintena de nenos que foron intervindos/intervidos, cando menos de forma pouco ortodoxa no centro madrileño, abríronos, non lles fixeron nada, e volvíanos a coser.  O dito, a cobrar

01/07/2016 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O ABISMO

20160702111042-1236136-656595394351118-1923791308-n.jpg

 

 

  Si fora verdade que houbo un pucheirazo electoral, nade se atrevería, dos partidos políticos a denuncialo; porque si se denuncia hai que ter a seguridade de poder demostralo. O custe de unha denuncia desta índole, sen que fora posible demostra-lo fraude sería difícil de asumir pro partido co fixera. Está tan controlado o tema das eleccións polos que teñen o poder que é impensable unha impugnación, ou que a xustiza proceda de   oficio. Que o fraude é posible, parece que non admite dúbidas, que a xente que ten que velar pola limpeza do proceso non é de fiar, tamén está fora de toda dúbida.

02/07/2016 11:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUÉN DIXO MEDO?

20160704112514-imagescadbzhze.jpg

 

 

 Quén dixo medo. Os españois non teñen medo, o medo é pra xente con cerebro. Os españois sempre confiamos en que todo se arranxe, somos un pobo quixotesco, non nos preocupan as cousas domésticas, somos un pobo que pensa en grandes empresas. Na grandiosidade do imperio, na España unha e grande, na selección de fútbol, nos touros; esa riqueza, que era a identidade de España e que nos quitaron os comunistas. As pensións, único ingreso de moitos fogares, tal como están ó dia de hoxe, durarán un ano. É moi posible que sufran un recorte dun 40%, ou mais. Cristina  Lagarta, a do FMI.,  insinuou que pra pagar a galopante Débeda Pública, venerada polo PP haberá que recorrer a confiscación  dos aforros. Nada de iso lles  preocupa ós quixotes españois. Deus e o PP proveran e, de novo encheranse as airexas.  

04/07/2016 11:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUÉ PASA?

20160705110301-venezuela2cc.png

 

   Igual que moitos, estou preocupado polo que o ocorre  en Venezuela. Dende que se celebraron as eleccións hai un insoportable apagón informativo. Non é determinante o que pasa en Venezuela, pero fixeron unha campaña que nos fixo crer que alí nos xogábamos algo importante, orixinando unha dependencia tipo dopaxe.  Non sabemos si os venezolanos xa teñen con que escoba-los dentes; aquí vainos sobra-lo material de aseo, porque non teremos con que ensucia-la boca. Boa noticia: O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, informou este venres de que a partir do próximo luns, 4 de xullo, o racionamiento eléctrico en Venezuela queda sen efecto,  despois desde que pasara a seca e as eleccións españolas. Sinto os problemas que lle causamos a Venezuela coas nosas eleccións

 

 

 

05/07/2016 11:03 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

APAGAUSE PRA NOS, XA NON INTERESA

20160707111842-12266-861726867202355-1978158771185937357-n.jpg



  ´Pero ,  quén é Leopoldo López? .Presentado como demócrata e pacifista, trátase dun da ultradereita  que se vinculou a movilizacións anticonstitucionais desde fai dez anos. Antes de febreiro de 2014 era o líder dun partido testimonial e irrelevante, e non de dereita senón de ultradereita. Con todo, ante a oposición branda contra Maduro que Capriles Radonsky estaba levando, a campaña internacional despregada contra o goberno bolivariano de Venezuela; as forzas do mal decidiron utilizalo pra que de caña, queren presentalo como unha vítima e construír un líder virtual. López é presentado na guerra mediática contra Venezuela como a vítima dunha feroz ditadura e como un preso político do réxime venezolano. Pero é evidente que Venezuela non é ningún réxime ditatorial, como o é Arabia Saudita, Guinea Ecuatorial ou Marrocos, senón unha democracia plena á que se pretende presentar como un réxime cruel, antidemocrático, autoritario, populista e antipopular. 

07/07/2016 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

HAI PROBLEMA EN PODEMOS?

 

  A perda dun millón  de votos debera obrigar a busca-la causa, non buscar solo culpables no inimigo. O movemento cinco estrelas en Italia deu un gran avance dende que se apartou Pepe Grilo. Posiblemente aquí tamén ten que facerse a un lado os que viviron moito tempo debaixo dos focos. O PP e tamén o PSOE inxectaron moito veleno. Hai que pensar si hai xente queimada e si están dispostos a sacrificarse pra liberar ó partido da carga

08/07/2016 11:26 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COUSAS QUE XA NON SON

20160709112314-2013061518142064744a.jpg

 

   Anos de espera, ocultando a verdade; celebradas as eleccións, a CE fai público informe sobre o accidente de Angrois; como era de esperar, Ana Pastor mentiu e manipulou. A CE tamén e responsable por oculta-la verdade. A Fiscalía descobre que o famoso informe policial que fabricou a gestapillo do ministro Jorge Fernández Díez non ten base algunha e pide o arquivo da denuncia sobre o presunto financiamento ilegal de Podemos por parte de Venezuela e Irán. A Audiencia Nacional dá outra vez carpetazo ao caso.  O Goberno aproba unha pequena subida da factura da luz con efectos retroactivos? desde abril de 2014. O mesmo xuíz que aplicou a lei antiterrorista e mandou ao cárcere sen fianza aos dous titiriteros agora decide que xa non hai indicios de enaltecimiento do terrorismo. Entre ambas decisións non cambiou absolutamente nada neste proceso xudicial: non hai unha soa proba nova nin ningunha novidade na investigación que xustifique por que antes eran perigosos terroristas e hoxe xa non o son.  PP anuncia que tamén vai falar cos partidos independentistas para negociar a investidura de Mariano Rajoy. É o mesmo PP que, fai dous meses, criticaba ao PSOE por falar cos independentistas da investidura de Pedro Sánchez. O Goberno aproveita o venres pola noite para anunciar que saca outra vez fondos da hucha das pensións para pagar a extra de verán; a caixa da Seguridade Social está arruinada e probablemente terminará o ano cun déficit de 18.000 millóns de euros. Cando Rajoy chegou ao poder, o fondo de reserva tiña 66.815 millóns. Hoxe está en 25.176 e, a este ritmo, en dous anos máis se acabará. Albert Rivera afirma que nunca vetou a Mariano Rajoy.  Venezuela desaparece das portadas dos xornais e volve ser outro país estranxeiro máis. Acojonante.

09/07/2016 11:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DEREITO A NON SUFRIR

20160711111124-632-2577275686865-1923623536-n.jpg

 

  É inadmisible a ética que obriga a vivir, negando o dereito a non sufrir e  morrer dignamente. Prolonga-la vida artificialmente dun ser que perdeu toda dignidade, ou que lle atormenta a dor, está en contra da moral. As industrias farmacéuticas, os centros de saúde, os profesionais da saúde e xente que vive do sufrimento intentan alongar a vida dos doentes, aínda cando saiban que fisicamente non hai opción, porque o intres esencia é prolonga-la vida, sexa cal sexa  a calidade da vida, porque é mais importante a enfermidade como negocio. Foron moitos os personaxes que ante un importante deterioro físico piden que non se les prolongue artificialmente a vida. Rita Levi-Montalcini, que cumpre cen anos. A científica italiana, premio Nobel de Medicina aínda sigue na investigación, pero non quere que se lle vexe so pretexto de coida-lo seu corpo

 

.

11/07/2016 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

BASES NO SUR

20160712162437-12-03-09-corrupcion-y-mentira-.jpg

 

  A meirande  base estadounidense no estranxeiro estableceuse na Arxentina. O control do que os estadounidenses consideran  seu patio traseiro é unha consecuencia desta invasión pactada. O obxectivo está no control de recursos naturais; como a auga e petróleo, pra elo necesitan impoñer rexímenes políticos propicios a ocupación. Fixéronse con Arxentina e Brasil e están sitiando a Venezuela. Sudamérica está sendo o taboleiro de xogo de influencias no que participan potencias mundiais. Pra nos xa empezou o enésimo ocaso; as empresas españolas está sendo expulsadas, ou ocupadas. Os americanos van m ais aló; un avión militar americano foi controlado pola policía arxentina por estar, supostamente, implicado no trafico de armas e droga, o que orixinou o primeiro conflito da ocupación a droga tería como destino os mesmo EEUU, pero ¿ cal era o destino das armas?. 

12/07/2016 16:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TRALA VERDADE

20160713112805-rebuzno.jpg

 

    O comité dirixido polo ex alto funcionario John Chilcot, que foi designado polo sucesor de Blair, o tamén laborista Gordon Brown, en 2009. Tras sete anos de investigación, a conclusión é que o apoio de Reino Unido á administración de George W. Bush, na guerra de Irak, foi innecesariamente cego. "Estarei contigo, pase o que pase", escribira Blair a Bush en 2002. Blair intentou dar explicacións este mércores trala publicación. "Quería asegurarme de que Estados Unidos non se sentise só" e "tomei unha decisión, e mantéñoa", dixo. O expresidente Bush tamén emitiu un comunicado a través dun portavoz sobre o informe Chilcot. "O presidente Bush segue crendo que o mundo enteiro está mellor sen Sadam Husein no poder", será cínico. O líder do trío das Azores, José María Aznar, sostén, el e a súa panda,  que España non  foia á guerra de Irak. Os 2.600 soldados que estiveron alí, os mortos na guerra, son solo espellismos. Tampouco  estivo nas Azores. Aquel era un dobre. O certo é que el foi un entusiasta da guerra. 

13/07/2016 11:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AGUSTIN FERNANDEZ PAZ

20160714110830-imagesnn-m.jpg

  Finou en Vigo o ilustre escritor de Vilalba Agustín Fernández Paz. Vilalba non é solo Rouco Varela, tamén pode presumir dun incomparable escritor en lingua galega. Mestre de profesión, foi un exemplo e guía. As súas obras:

  • A viaxe de Gagarin
  • A cidade dos desexos, 1989 (novela infantil)
  • As flores radiactivas, 1990 (novela juvenil)
  • Contos por palabras, 1991 (narrativa juvenil). Premio Lazarillo. Seleccionada por la Fundación Germán Sánchez Ruipérez como una de las cien mejores obras de la literatura infantil española del siglo XX.
  • Lonxe do mar, 1991 (narrativa juvenil)
  • O tesouro do dragón Smaug, 1993 (narrativa juvenil)
  • Rapazas, 1993 (narrativa juvenil)
  • Unha lúa na fiestra, 1994 (narrativa juvenil)
  • As tundas do corredor, 1993 (narrativa infantil)
  • Trece anos de Branca, 1994 (novela juvenil) Premio EDEBÉ de literatura juvenil
  • Cartas de invierno, 1995 (novela juvenil)
  • Amor dos quince anos, Marilyn, 1995 (novela juvenil)
  • Avenida do Parque, 17, 1996 (novela juvenil)
  • O centro do labirinto, 1997 (novela juvenil)
  • A néboa escura, 1998 (narrativa infantil)
  • O laboratorio do doutor Nogueira, 1998 (novela juvenil)
  • As fadas verdes, 2000 (novela infantil)
  • Noite de voraces sombras, 2002 (novela juvenil)
  • Un tren cargado de misterios
  • O meu nome é Skywalker" Premio Barco de Vapor
  • Tres pasos polo misterio, 2004
  • A escola dos piratas, 2005 Premio Edebé de Literatura Infantil y Juvenil
  • Aire negro "Aire negre", 2001 Premi de Literatura Protagonista Jove
  • Corredores de sombra, 2006 (Novela juvenil)
  • O único que queda é o amor, 2007 Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil
  • Lúa do Senegal, 2009
  • A dama da Luz, 2009 (álbum realizado junto a Jorge Magutis) 2010
  • " Non hai noite tan longa " , 2011
  • "Fantasmas de luz" , 2011
  • " O rastro que deixamos , 2012
  • Desde unha estrela distante, 2013 (novela infantil)
  • El Rayo Veloz, 2006 (novela infantil)
  • "Con los pies en el aire", 2003 (narrativa infantil)
  • "Un visitante siniestro"
  • A neve interminable, 2015
14/07/2016 11:08 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

FANATISMO DESTRUCTIVO`

20160715103754-444-1027734647274565-8130824328920432568-n.jpg

 

 Dos moitos casos que se ignoran, sobresae  o de unha médica que traballa no Reino Unido, di: O meu pai non estaba en fase terminal. Duchaba só, saía a pasear, tomaba café cunhas amigas. O xoves 14 de maio díxome por teléfono que morrería o domingo, que llo dixo o meu irmán Fernando, que á súa vez o sabía polo oncólogo?, recorda Josefina, que, ante a preocupación polo macabro anuncio do seu pai, recibiu un E-mail do seu irmán: O que o médico di exactamente é que difícilmente chega ó verán, escribiulle Fernando Hurtado, quen non quixo facer declaracións. Unha morte anunciada. Juan Hurtado anunciara a todos a data precisa do seu falecemento. Á súa neta, estudante na Universidade de Gales, contoullo por teléfono con moita angustia: Déronme catro días de vida. Levo dous; quizá mañá xa estea morto.O  seu fillo menor, Antonio, que viaxaba a Madrid todos os fins de semana, pediulle dous bicos porque cando regresase o domingo xa estarei morto. Ás súas amigas do salón de estética do barrio, coas que tomaba café, tamén lles anunciou o ancián a fatal noticia.   Josefina Hurtado pediu ao servizo de urxencias de Murcia, onde traballou anos atrás, que acudise ao domicilio do seu pai para comprobar o seu estado. O doutor Gregorio Fortes, que o atendeu, díxome: «Para nada quédanlle catro días, quédanlle meses». Ante ese diagnóstico, quedeime máis tranquila. Pero as alarmas volvéronselle a acender cando un día antes da data sinalada, a cuidadora de Juan Hurtado, que tamén é membro supernumerario do Opus, segundo a querella, informou a Josefina de que o domingo acudiría o oncólogo ó domicilio do seu pai. Que especialista acode un domingo, sen mediar urxencia algunha, á casa dun paciente, preguntouse entón a filla do ancián. Houbo dous elementos propios dun aquelarre do Opus: a satisfacción do dogma de que eles como son a Obra de Deus teñen permiso do creador para dispoñer de vidas humanas e fano para os fins da Obra, conduta e digna dunha ilegalización xeral da organización, e o elemento económico e é que o seu pai, Juan, nun período de varios anos baleiráronlle as contas e vendido o patrimonio para levarllo a través do irmán cura da Obra cara a esta. A Obra é unha secta dentro doutra secta, polo que o malo se multiplica; moi poderosa economicamente e incrustada nas esferas de poder

15/07/2016 10:38 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Profesión de risco

20160716111309-safe-imagenn.jpg

 

 

  Hai xornalistas que atoparon a morte no cumprimento do deber, outros son represaliados cando sacan os trapos sucios dalgún político. O que sacou a Rajoy paseando nun barco dun traficantee e un longo etc., ós que se lles une a xornalista Patricia López, que denunciou, a través da súa conta de Twitter, que a vetaron no programa Espello Público, que presenta cada mañá Susanna Griso en Antena 3 por publicar as gravacións que demostraban como o ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz conspiraba co entón xefe da Oficina Antifraude de Cataluña, Daniel de Alfonso, para montar escándalos contra dirixentes independentistas e os seus familiares. A De Alfonso custoulle o posto. Con todo, o ministro do Interior, que segue no posto, obviar a gravidade dos feitos e centrouse única e exclusivamente en buscar aos autores das gravacións para facer xustiza.O seu particular caza de bruxas, segundo denuncia a afectada, esténdese agora aos xornalistas. Patricia López foi, xunto a Enrique Bayo, a xornalista que deu a primicia no diario Público.

16/07/2016 11:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COA BOTA

  Da a impresión de que nunca nos sacaron a bota de enriba. Mais un día como hoxe trae a memoria os ecos da gran traxedia que España viviu no 36. O golpe de estado do 36 non foi algo espontáneo, empezouse a xestar ó día seguinte á proclamación da República,dende os púlpitos dábanse matines, a sociedade civil organizábase creando grupos da axitadores,  buscando apio económico e político e buscando conspiradores nos cuarteis.  O golpe non prevía unha guerra  civil, pero a extraía morte de Sanjurjo  deu paso a un saguinario Franco disposto a ir hasta o fina, costara o que costara. As potencias mundiais xa tiñan o que querían, unha España arrasada. No interior  airexa viviría tempos de opulencia e privilexios. Os voitres do interior formarían imperios. Hai tantas causalidades, que fan da España da época un taboleiro de xogo, no que se concentra toda o lixo mundial. Á república solo a apoiaba Rusia; de tapadillo tamén o facía Francia. O resto das potencias mundiais apoiaban, moitas sen disimulo, como Italia e Alemaña, pero as mais usaban diversas argucias como a utilización de empresas privadas, pra axudarlles ós golpistas. Os interese económicos e estratéxicos rexían as decisións das potencias estranxeiras. Solo Alemaña e Italia engadía un plus ideolóxico. Portugal converteuse na gra base loxística dos rebeldes; alí era por onde se introducía, nun primeiro momento, armas e todo tipo de material. Os capitalistas e contrabandistas interiores así como a airexa decidíronse de inmediato polos golpistas. Tódolos que apoiaron o golpe, sacaron tallada. Despois de 80 anos, a escuridade segue. Así como pequenos golpes pra que os privilexios se  manteñan. É difícil identificar un golpe no que non hai soldados con fusís nas rúas e tanques fronte ós edificios oficiais, pero iso non quere dicir que non os haxa. Na chamada democracia xa houbo tres.

18/07/2016 12:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUEN MANEX OU O GOLPE TURCO

 

  Xulio parece ser un mes propicio pros golpes de Estado. Non está claro quén, ou quenes son os autores intelectuais da asonada Turca. Erdogan culpa a un clérigo, que nun tempo foi amigo seu. Pra tal fin precísanse moitos medios; ese sería un dos hipóteses a investigar; pero Erdogam optou por facer unha descomunal  purga e eliminar a calquera vestixio de oposición, á marxe da relación co golpe. Utilizando o pretexto do golpe, Turquía vai camiño dun islamismo ortodoxo. Occidente ten en Turquía un valioso aliado, e Erdogan sabe cal é a valía de Turquía, occidente conten a respiración e cala. Cando o menstruo sexa maior. Haberá un problema. De certo que traxectoria de Erdogan fai sospeitar dun autogolpe

19/07/2016 11:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PROTEXIDA

20160720110317-13775755-1770402179883696-3646814706811419116-na.jpg

 

   A Comisión de Investigación do accidente de Angrois foi unha tapadeira coa que se esconderon os trapos sucios do PP e do PSOE. Houbo mais de 80 mortos, amen dos feridos e danos materiais. O informe da CE, que o goberno español tratou de que non se fixera público, pon o acento na imparcialidade da Comisión de investigación. Diante da posibilidade de que a Ministra Ana Pastor  resulte sinalada como responsable, o PP protéxea e propona pra Presidenta do Congreso. Unha Ministra que ademais de Angrois deixa unha rea de irregularidades, que van dende o Canal de Panamá a Vueling, pasando por Correos e mais de 15.000  millóns de euros en furados. Pero o misterioso da súa elección foi eses dez votos, que non  se sabe de quen son. Unha hipótese é que son votos da bancada socialista. Co tempo se  saberá. En España as chapuzas veñen con premio  

20/07/2016 11:03 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O DILEMA

20160722183347-13754463-1204566836252724-5846717977718339284-n.jpg


   O PP tiña o dilema de si poñía de Presidenta do Congreso a Rita Barberá, ou a Ana Pastor. Se ve que as porcalladas de Ana Pastor pesaron  mais. Pero o seu nomeamento tamén obrigou a sacrificar á incombustible Villalobos , que tivo que emigrar pro galiñeiro e deixa-lo seu lugar na Mesa a Ciudadanos, e pagar 1.600 a Esquerra, aaamé do apoio a CD no SENADO

22/07/2016 18:34 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUE LOCURA

 

  Rebeldes sirios, financiados por EEUU, córtanlle o pescozo a un neno de doce anos. Pero a traxedia Siria aínda supera estes horrores. Oficiais americanos e franceses foron capturados nos alrrededores de Alepo. A vaga de atentados islamistas en Europa descubre unha oscura intervención dos servizos secretos israelitas. Tanto o atentado de Niza como de Alemaña foron gravados por axentes xudeus. Os bombardeos franceses e americanos en Siria deixaron mais de douscentos mortos civís. En ningún caso foi tocado ningún obxectivo do EI. Un misterio que da que pensar.   

23/07/2016 17:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VERDADE E XUSTIZA

20160725114223-11217672-10200854904411954-3373548063748591017-nb.jpg

 

  As familias das vítimas de Angrois queren a verdade pra esixir xustiza. Tres anos despois todo segue igual. Os supostos culpables recompensados con ascensos e protexidos da xustiza, en lugar de estar na cadea. Unha simple baliza, que costa menos de mil euros, houbera evitado que ser superara a velocidade, e iso indigna; o mesmo que indigna o desprezo de Ana Pastor

25/07/2016 11:37 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DÚAS MANEIRRAS DE SUICIDARSE

20160726110743-13606627-603929449764904-1165244395500039137-n.jpg

 

 

   Non é doado pro PSOE, adoptar unha postura, porque colaborando á gobernabilidade, ou sendo oposición, son  dúas formas de morrer. O tráxico é que ten que elixir de que xeito quere morrer. Solo unha habilidade do Secretario Xeneral lle podería dar unha oportunidade de salva-la cara. Rajoy pretende que o deixen gobernar sen ofrecer ningunha contrapartida. El solo pretende que lle den un cheque en branco. Esta postura é o froito da tradición franquista que os leva a considerar que teñen dereito divino a gobernar, si non compartes esta postura eres un mal español. O PSOE ten moito que pedir: reforma laboral, ensino, pensións, dependencia, investigación, enerxía, organización do Estado, lei mordaza, reforma tributaria, etc. Seguro que os votantes saberían aprecialo

26/07/2016 11:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON TAN SEGURAS

20160727110428-10660205-754166157983736-3023925712218705259-n.jpg

    Grazas á ucha das pensións de Zapatero, este ano os pensionistas seguirán cobrando a pensión, aínda que conxelada. É moi probable que este sexa o último ano, si sigue a política do PP, de relativa tranquilidade pros pensionistas. O Pacto de Toledo é algo esquecido que xa non volverá. O obxectivo do PP é que a xente faga plan de pensións privadas, pero como un traballador en paro, sen prestación, un subempregado ou, no mellor dos casos, un traballador que cobra o salario mínimo, se vai facer un plan de pensións. É obscena a política do PP acualando e sementando a inquietude entre os pensionistas, que por outra parte foron durante esta lexislatura, en moitos casos, o sostén da crise marianista. Solo dous plans de pensións privadas funcionaron, o resto solo foi un beneficio mais pros bancos 

27/07/2016 11:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ELIXIDOS DE DEUS

20160728171617-10392546-678722295575694-4692144029901829552-nssssss.jpg

 

 

  Semella que o concepto de que se goberna  por elección de Deus é algo que pertence a un pasado remoto; nembargante o PP teno como algo actual, por iso non é sinxela unha reforma electoral asimilable a de outros países democráticos e que non esteamos na situación actual. O lóxico é que haxa  unha segunda volta, pero o PP quere que goberne a lista mais votada, en única volta, aínda que esa lista solo represente ó 27%  dos electores, saben que nunca obterían a maioría en segunda volta, por iso non a queren. A democracia é un traxe que o PP lle senta mal, pero pono por aparentar. Busca unhas terceiras eleccións, porque pensa que gañaran  mais deputados, cerca da maioría absoluta,  por iso pasan de negociar e buscar apoios pra unha investidura. Unha sondaxe da unha abstención de mais do 40% nunhas terceiras eleccións. O PP a abstención non lle prexudicaría, os seus votantes son fies e non lles inflúe a corrupción, antes o contrario, canto mais merda mellor. 

28/07/2016 17:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DURO AXUSTE

20160730112933-13872738-1137926029606090-6465434852991697378-nnnnnnnnnnn.jpg

 

   A CE esíxelle a España un duro axuste por 15.000 millóns euros. Nun principio ían ser 8.000 millóns e unha multa adicional de 2.000 millóns de euros, pero o PP, que son moi hábiles, logran que nos impoñan uns recortes de 15.000 millóns. Grande éxito, Según De Guindos. Trátanos de subnormales, ou realmente sómolo. A  baixada de ingresos, como consecuencia da baixada de  impostos ós ricos, produxo un desequilibrio orzamentario que nos afastou do cumprimento do déficit. Consecuencia delo serán eses recortes, que non son mais que unha subida de impostos ós pobres, que terá que pagar servizos do seu peto e baixaránselles pensións e outras prestacións sociais

 

 

30/07/2016 11:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris