Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ALCOA AVISA

 

 

  Alcoa, como outras grandes corporacións que precisan grandes cantidades de enerxía nos seus procesos de fabricación, consume un enorme volume de electricidade no proceso de obtención de aluminio. Nos últimos meses, xa avisou ó goberno de que o custo da enerxía eléctrica podería obrigarlle a pechar, malia á bonificación na factura. As empresas que precisan gran cantidade de enerxía eléctrica están desistindo de instalarse en España, ó tempo que os cidadáns aguantan como poden as subidas da electricidade. Estas empresas  non están dispostas a que lles sigan apremando. Noutros países, a diferenza do que acontece en España, a Iberdrola estanlle a meter unhas boas multas por alteración dos prezos da electricidade. Entanto no noso país a mecánica de portas xiratorias, de políticos indo e vindo no corredor entre as responsabilidades públicas e os postos ben remunerados dos consellos de administración, estas empresas eléctricas campan impunes no mercado, levando consigo arrastro ó común dos cidadáns afogados por unhos prezos abusivos e inmorais. Por riba, o presidente Rajoy sae no Parlamento gabándose perante oposición de que o prezo da electricidade e “normal”, e que as subas teñen a súa xustificación nas condicións metereolóxias. Era visto, a culpa é de Pemán!! 

 

0 comentarios