Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AMÉRICA CAÍNICA

AMÉRICA CAÍNICA

  Un dirixente da extrema dereita venezolana chama a invasión do país e o asasinato do Presidente. Esta conducía en Europa, ou EEUU suporía a inmediata detención por un delito de alta traizón.  Hai unha falacia total en chamar ditadura ó que hai en Venezuela. Fáltase o respecto ós miles e miles de vítimas e familiares de vítimas, que en América Latina, padeceron ditaduras, torturas, execucións e desterros; cousa que Capriles, Borges, Ramos Allup nin Tintori soñaron padecer. Tintori sacouse fotos con presidentes, mentres en Chile as viúvas de executados políticos aínda buscan os seus ósos nas areas do deserto. Nese sentido, é incrible que logren convencer a parte da poboación dunha vocación democrática e política que non teñen, xente que crían nos crimes da Cuarta República e creron nos métodos do golpe de 2002. Si lograron persuadir a parte dos venezolanos só se debe á crise económica e comercial dos últimos dous anos, e capitalizárona e instrumentalizado, cando todos sabemos que si eles gobernasen, esa crise fose moito peor. Solo hai que esperar a que dende dentro se creen as condicións propicias pra unha invasión salvadora. EEUU xa ten forzas apostadas no Perú e Colombia 

0 comentarios