Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2017.

A AMARGURA DA DERROTA

 

  Dende Vietnam, os EEUU non sufriron unha derrota como a  de Alepo. Pero que importa, a violencia segue. Os crimes que alí se cometeron foron co consentimento dos EEUU. Nunca os promotores de guerras se verán saciados  

 

03/01/2017 11:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

!QUE PAIS!

Isto none é un país, é unha fosa séptica. Estamos atascados no medio da cloaca pestilente da corrupción e non hai forma de facer nada nin de falar de nada nin de pensar en nada con este cheiro nauseabundo que nos paraliza e que se meteu no cerebro nacional como unha obsesión

 

09/01/2017 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PAIS DE PICARESCA

20170110111700-10502024-1017523601596188-2709754260732179246-nz.jpg

 

Hai que recordar que somos unha sociedade que procedemos dunha ditadura, onde o clientelismo e a asignación a dedo eran mecanismos habituais de acción. Iso dá lugar a unha herdanza de comportamentos xa viciados e á clásica expresión transmitida de xeración en xeración: "tío, aquí as cousas funcionan así". A corrupción parece   inevitable, da , a idea de que o sistema político na práctica ’funciona así’. As regras do xogo son estas, e, polo tanto, o de cumprir coa legalidad parece ser o excepcional. As leis parecerían non ser máis que un formal atrezzo para tranquilizar conciencias mentres que as verdadeiras regras do xogo son as dos intercambios corruptos. Este país ten certa admiración á picaresca, polo que pode lucrarse de forma deshonesta e conseguir unha vida máis cómoda. Unha situación que contrasta coa tendencia anglosajona, onde por roubar unha libra xa es considerado un ladrón. Mais de cinuenta familiares de Rajoy fixéronse ricos, pero tamén mais do PP; pero non importa as mais de 30 tramas corruptas e os centos de imputados

10/01/2017 11:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MOI MAL

  O mais seguro é que digan que son racista, pero pódeme as imaxes de españois durmindo na rúa, rapaces novos, algúns, como dirían no PP, con traballo. Un traballo que nos lles da pra ter un teito, !menudo traballo! Inmigrantes con prestacións por riba dos 2.000 euros mais axudas alimenticias. Nenos que van a clases en xaxún. Comedores solo pra inmigrantes. Algo vai moi mal

 

11/01/2017 12:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS CIFRAS

20170112112017-10001285-10201619824807000-2062271244764893305-n.jpg

 

  O Goberno solicitou da UE 122.000..000.000 pra sanea-la banca, dos cales se dan por perdidos  67.700 millóns. O goberno español recórreo, no mesmo período, á emisión de débeda por 360.000 millóns pra cubri-lo déficit de caixa,orixinado pola reforma fiscal do  PP, facendo de España o país con mais débeda da UE. As reformas laborais tamén baleiraron a caixa da SS e o PP consumiu a ucha das pensións; outros setenta mil millóns,  mentres o paro real e o encuberto supera os 9.000.000 . En Alemania medra a opinión de que se debe sacar do  euro a España. Eses son os datos. Segundo o PP España non precisou rescate e a economía española vai mellor que a alemana

12/01/2017 11:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VAISE

20170113115655-10253891-885376584813142-4140883105633760254-n.jpg

 

    Vaise un guerreiro. Un premio Novel da paz, involucrado en decenas de guerras e golpes de estado. Deixa unha negra herdade. A mais soada Siria, da que dicía Henry Kissinger que había que destruír Siria e crear varias rexións autónomas que non foran un problema pra Israel. Pero pros europeos é moi preocupante Ucraína e Polonia, así como Turquía

13/01/2017 11:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A MEDIAS


A sentenza do TS, dándolle a razón a unha opositora da Xunta, trae ó  recordo aquelas oposicións que se celebraran, nada mais gañar Feijoo as primeiras eleccións, nas que aprobaran cos primeiros números xente da mesma familia, superdotados; pero o que teña a mais mínima idea de oposicións sabe que iso non é que había preparado as oposicións en 45 días. Sen dúbida que tiñan que ser uns posible. Houbo denuncias, pero nunca mais se soubo. Agora, como daquela, o TSXG deulle a razón á Xunta; pero a opositora recorreu ó TS, que lle deu a razón, recoñecendo un suposto de prevaricación, non houbo condena pro Tribunal opositor, nin pra que o nomeou. Foio unha xustiza incompleta. Todo en Galiza está controlado

16/01/2017 16:22 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A MORTE

  Parece ser que un sacerdote de 45 anos mantiña unha relación con dúas irmás de 13 e 14 anos desde fai algúns anos. O cura deixou embarazadas as dúas nenas. O caso inscríbese dentro dos abusos sexuais cometidos polo clero. Non tódolos curas son uns pervertidos, pero é un goteo constante de casos. Debía, o clero, estar obrigados a casarse, e ser expulsados do sacerdocio ó cometer delitos graves, ser xulgados sempre por Tribunais ordinarios. O caso destas nenas é penoso. O meu modo de ver a pena xusta sería a morte do crego, pero a airexa veno como un pecador, non como un delicuente. Pra min é un depredador.  O principio de saberse os feitos, a poboación quedo totalmente conmocionada, xa que algúns feligreses non crían que isto fose posible e chegaron a pensar que as mozas mentían.

17/01/2017 12:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SEN RUMBO

 

 

  Un home de 57 anos morre na rúa. Non é o único que sofre os rigores da pobreza, como mínimo, outros 40.000 sen teito solo teñen as axudas de grupos de voluntarios, ós que nade recoñece ó seu labor. Mais doloroso, se cabe, son as persoas que tendo emprego non lles alcanza pra ter un teito e pra comida porque o seu salario é miserable, non hai que esquecerse dos que, pola idade, xa non terán emprego, nin axudas e dos parados sen axudas., e un largo etc. . Pero algúns  políticos, no delirio  da demagoxia, piden que España  acolla a catro millóns de refuxiados, a pobreza interna, parece no preocuparlles. 19.000 inmigrantes ilegais da zona de Valencia, esixen axudas de 550 euros, mais casa e comida, así que qué importan 4.000.000 mais. Non fagamos politica posibñe, fagamos demagoxia.

 

19/01/2017 12:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MEDINA -PSOE

  PODEMOS critica, nosotros nos servimos de pais- Así de simple. 

20/01/2017 18:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TERRORISMO

20170123121131-2207.jpg

 

      A electricidade en España, en termos absolutos, é a mais cara de Europa. En termos relativos é tres veces mais cara que en Alemaña. As condicións meteorolóxicas do centro e norte de Europa non inflúen nos prezos da electricidade tanto como en España. Aquí  é un argumento mais das compañías pra fixa-los prezos. Calquera argumento lles vale. Os prezos de produción non son o custe medio, senón unha estimación que as mesmas compañías fan, tomando sempre o medio mais caro, aínda que non o utilicen. A Fiscalía di que abre unha investigación, que non deixa de ser un atrezo mais da estafa   

23/01/2017 12:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DE ESCÁNDALO

 

 

 O custo que ós subornos lles encarece a factura da electricidade ós consumidores estímase nun sesenta por cen da factura. Así se explica que a electricidade en España sexa tan cara. Neste custo inclúense os desorbitados beneficios soldos, privilexios e pagos a políticos. Todo moi típico español 

24/01/2017 18:07 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

! POR FIN!

20170126115729-12274412-10153699527986145-352523446690963540-na.jpg

     Nun lugar de Oriente, acudiu un aldeán á consulta dun sabio pra pedir consello. Tiña unha casa pequena e viñeran a vivir  a miña casa meus sogros e tres cuadas, non cabemos, temos moitas incomodidades. A solución que lle propuxo o sabio  foi sorprendente. Mete na casa as catro vacas e os porcos. Ó pouco volveu á consulta do sabio pra dicirlle que aquilo se  convertera nun caos e era imposible vivir alí. Entón o sabio recomendoulle que sacara da casa as vacas e os porcos, e volvera a xunto súa pra que lle dixera como lle ia. O home díxolle que por fin aquilo era tolerable. No prazo de dez días a electricidade subiu un 26%, agora baixou un 4% e a xente xa sentiu alivio. ¿Será que queren saber canto aguantamos, sen que isto estoupe?  

 

26/01/2017 11:57 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A MAIS BARATA

 

 O Ministro de Industria compareceu no Congreso pra explicar a subida da electricidade e dixo que  a electricidade en España é a mais barata de Europa. Nin colorado se puxo, e logo vai comulgar. Marrocos importa electricidade de España. Alí o prezo da electricidade é 25 menor que en España. O custo de produción é o referente que se toma pra fixar a tarifa. As eléctricas non toman a media do custe de produción, senón que toman de  referencia a o do medio mais caro pra producir enerxía, aínda que este represente solo 18%. Propúxose no Parlamento cunha comisión independente determinara o custo real de produción, pero o PP negouse

31/01/2017 11:03 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris