Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2017.

ALCOA AVISA

 

 

  Alcoa, como outras grandes corporacións que precisan grandes cantidades de enerxía nos seus procesos de fabricación, consume un enorme volume de electricidade no proceso de obtención de aluminio. Nos últimos meses, xa avisou ó goberno de que o custo da enerxía eléctrica podería obrigarlle a pechar, malia á bonificación na factura. As empresas que precisan gran cantidade de enerxía eléctrica están desistindo de instalarse en España, ó tempo que os cidadáns aguantan como poden as subidas da electricidade. Estas empresas  non están dispostas a que lles sigan apremando. Noutros países, a diferenza do que acontece en España, a Iberdrola estanlle a meter unhas boas multas por alteración dos prezos da electricidade. Entanto no noso país a mecánica de portas xiratorias, de políticos indo e vindo no corredor entre as responsabilidades públicas e os postos ben remunerados dos consellos de administración, estas empresas eléctricas campan impunes no mercado, levando consigo arrastro ó común dos cidadáns afogados por unhos prezos abusivos e inmorais. Por riba, o presidente Rajoy sae no Parlamento gabándose perante oposición de que o prezo da electricidade e “normal”, e que as subas teñen a súa xustificación nas condicións metereolóxias. Era visto, a culpa é de Pemán!! 

 

02/02/2017 11:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SANTA RITA

 

 

  O alcalde de Vigo oficiou de sacerdote e homenaxeou a Rita Barberá, facendo un sentido panexírico da defunta. Rajoy, intentando lava-la súa imaxe de destrutor ocasional de Barberá, tamén se sumou ós laios, pechando a pantomima. O que mais destacou foi a intervención de Caballero sempre disposto a ser protagonista  e mirarse o umbligo

03/02/2017 17:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA MEXADA

 

Os machos Alfa de Podemos están marcando o territorio con mexadas, intentando someter ós rivais. O malo destas mexadas é que salpican e incomodan ós votantes, que ven como os chamados líderes teñen os mesmos defectos da casta. 

06/02/2017 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XIRTADELA

 

  O de Ciudadanos é unha xiradela en busca de acomodo político. Primeiro definíronse como socialdemócratas, agora como liberais, mais aínda non queren ensina-las cartas, pode que aínda queiran  ser outra cousa de maiores. Pra maior confusión declárase erdeiros dos liberais que proclamaron a constitución de Cádiz. Os liberais da constitución de Cádiz eran liberais de pensamento  fronte o conservadurismo da época, estes son liberais solo  no económico, que é a filosofía do gran capital

 

07/02/2017 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

4 DIAS

 

   CATRO días sen luz, algúns usuarios. As eléctricas teñen abandonadas as liñas de baixa e media tensión. Non inverten na súa conservación  nin un euro, malia as achegas xenerosas  da Xunta. O o colmo é que nin sequera dispoñan de brigadas  pra arranxa-los desperfectos, teñen que vir brigadas de fora. Todo o Cantábrico ten a mes, ou peor, orografía que Galiza, pero non ocorre isto

 

08/02/2017 17:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A ONG

 

   Nas guerras a primeira vítima é a verdade. Unha ONG de influenza xudeo-americana acusa ó goberno sirio de miles  de execucións estraxudiciais. Agora que se veía posible o final do conflito co inicio de negociacións vese que alguén está  interesado, en que a guerra continúe. 

 

10/02/2017 11:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CONCILIO

20170213174410-10665195-319822331531013-7096979211298726417-n.jpg
  •  O PP  non fai congresos, fai  concilios. Non hai sorpresas, de antemán todo está decidido. As votacións son simple atrezo pra garda-las aparencias. Nade lle ía a disputa-lo posto a Rajoy, solo se atrevería alguén tan laureado como Aznar. Con Aznar fora, había algo tamén que decidir,  cal era a inclusión de Cospedal na dirección. Aínda  que é unha acumuladora de cargos, é  a que mais inimigos internos acumula de feito, perdeu as eleccións, pero un oportuno pucheirazo puxo as cousas no seu sitio. Queda o da gaivota, que non é culpable das cagadas, pero alguén ten que leva-las culpas
13/02/2017 17:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PETULANTE

 

 

  Ordoñez foille  imposto a Zapatero como Gobernador do Banco de España. Nunca cumpriu a súas funcións pra contro-la banca. A quebra do sistema financeiro foi culpa súa. Si houbera cumprido o seu cometido con dilixencia, as cousas serían distintas. Considerábase intocable. O que mais destaca do seu mandato era a exixencia a Zapatero de recortes laborais  e sociais. Seguro  que a investigación xudicial incomódalle, pero non lle preocupa

15/02/2017 12:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O CAPO

 

   A xustiza é lenta, e pode que non tan ríxida como sería de desexar pra aqueles delitos de elites. É como si o esencial fora o delicuente e non o delito cometido. Poucos entenden de que uns vellos, con fame, que escondan unha lata de anchoas nun supermercado teñan mais castigo que os que rouban millóns de diñeiro público.  A razón pode ser que o público se considere sen dono, cando todos somos donos. A seguridade de algúns destes delicuentes de que son intocables resulta insoportable. Algúns xuíces, xogándose a carreira van con contagotas a por estes personaxes. ¿Algún irá polo capo?

 

16/02/2017 17:03 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AXITADOR

 

  O Gobernador do Banco de España, convén recordar que era do equipo de Ordoñez, propón que a xente se faga seguros privados de xubilación . Problema imposible pra quen non chega a fin de mes, ou non ten traballo. Resulta ofensivo que quen gaña 184.000 euros dar leccións de austeridade a quen non ten pra comer. Parece claro que a súa intención é provocar. Si a súa función é a vixiancia das Entidades financeiras, qué fai en cuestións de política social  

17/02/2017 17:13 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

IGUAL

   

   As sentencias son igual pra todos- o malo é que a xustiza empéñase en demostrar que iso non é verdade. Pra mostra as ilustres ignorantes.

 

20/02/2017 17:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TRONCO VELLO

Os parasitos chucharon Europa por séculos converténdoa nun tronco seco e vello, e agora pese o xurdimento dunha organización supranacional, o mantemento das vellas nacións cos seus esquemas decimonónicos, segue a paralizar o continente.

A conservación das monarquías nas xefaturas de Estado son boa mostra desta parálise institucional. Vimos de asistir á sentenza da irmá do monarca español, o que, lonxe de constituír un feito illado, non é máis que o reflexo dun sistema agoniante.

 As castes dominantes teñen bo acougo neste sistema corrompido, son os menos interesados en airear as institucións. As grandes corporacións e os mas media poñen da súa parte para o mantemente do status quo, creando un matrix artificial para ter ós cidadáns alienados, dándolles pequenas lambetadas que lles permitan telos controlados. Fútbol, toros e revistas do corazón. Panem et circenses.

22/02/2017 11:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

INCERTEZA

20170223114656-21.jpg

 O risco de pobreza en España está moi por encima das cifras que se atopou Rajoy á súa chegada á Moncloa. Nin sequera ter traballo é garantía pra non caer na pobreza. As reformas laborais de Rajoy crearon un abismo dentro da sociedade. Os niveis de diferenza de renda, sempre superiores á media europea, son especialmente elevados no caso dos nenos e das persoas en idade de traballar: Bruxelas destaca o risco de que en España se instalen taxas de pobreza notables ata entre quen teñen emprego. Pero o goberno é xordo e cego; confía na propaganda pra ter anestesiada á sociedade. O paro entre os xóvenes e os maiores de 45 anos é elevadísimo, pero as escasas aportacións a SS de moitos traballadores crea incrteza sobre o futuro das pensión

23/02/2017 11:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PROFESIONAL

20170224121515-2.jpg

 

  O profesional molesta; a certos círculos do poder irrítanlles os profesionais independentes, ós que pensan e no son compracentes co poder. Fai pouco, o Presidente de Murcia tivo unha entrevista co Ministro de Xustiza. Resultado, o Fiscal Xefe de Murcia foi cesado, e con el tódolos fiscais que meten as narices en casos de corrupción. España é un dos países mais corruptos do mundo, e a xuízo do PP deberá seguir sendo. O Fiscal Xeral de Murcia, cesado, denuncou en público que sufriu intimidacións, igual que moitos dos seus compañeiros. Ós Fiscais de Murcia non se nos fixo a vida especialmente  agradable, antes de expor que a outro compañeiro entráronlle na súa vivenda en dúas ocasións para levar información sensible. Só levaron o seu computador. Nin sequera algo de diñeiro para disimular. Non pode ser que ao final os perseguidos sexamos os fiscais por diante dos corruptos. Dixo López Bernal  que en caso de non combater este problema, nuns anos podería darse o caso de que ninguén se mostrase disposto a loitar contra a corrupción.

24/02/2017 12:15 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A ESPAÑA INCRIBLE

20170227111846-la-teo-1.jpg

 

 As sentencias por corrupción, a remuda de fiscais, o control de xuíces, a perda de valores, parecen feitos de hoxe, pero a  situación actual non é máis que a recolección do froito venenoso que políticos como Felipe González e Aznar sementaron durante os seus gobernos e a falsa transición modélica que venderon ós  españois e que moitos mercaron.  Ademais de Franco, os mencionados foron os mais inimigos da esquerda e da xustiza social. Agora, Rajoy non é mais que a culminación do exterminio  

27/02/2017 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris