Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2017.

MENTEN

  As cifras da economía española, que da o goberno, son falsas; e todo o mundo cala e os medios de comunicación son cómplices.
España diríxese cara á suspensión de pagos coa maior burbulla de débeda da historia. Esta é a principal conclusión do economista Roberto Centeno, quen enviou un informe á Comisión Europea no que pon en dúbida os cálculos económicos que presenta o Goberno español a Bruxelas. Baseándose nos datos do Banco de España, Centeno sostén que a débeda do país non sería do 100% do PIB, senón que chegaría ao 141% do PIB oficial, xa que o Protocolo de Déficit Excesivo non contabiliza toda a débeda, senón só unha parte.

 

 

01/06/2017 12:44 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ERA PERFECTO

 

 

 Moix era perfecto, segundo a cúpula do PP, pra González tamén. Que mentira en sede parlamentaria, normal; que intente protexer a corrupto, normal; que oculte bens en paraísos fiscais, normal. Todo iso pro PP parece que é normal pro PP

 

02/06/2017 18:51 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ALGO NON CADRA

20170605162942-11082651-10200415269219982-4275429976371562249-n.jpg

 

  Os datos estatísticos, a veces, son un medio pra esconde-la realidade. O goberno da datos de unha baixada do paro, que nos situaría nunha cifra semellante á de 2009; cousa que en parte é certa. Traballando dúas horas ó mes, pras estatísticas do goberno xa non estas nas listas do paro. Primeiro timo. Os cotizantes á SS soben. Segundo timo. Pois os ingresos da SS están en mínimos e baixando. Os salarios están en niveis de 1978. Medo e da cando o PP promete crear 500.000 postos de traballo nun ano, iso quere dicir que vai eliminar, cando menos, 200.000 fixos. Así cun posto de traballo de 1500 euros de salario fanse 3 de cincocentos euros, co cal se crean dos novos empregos; todos eles en precario. Non se repartiu traballo, senón miseria.      

05/06/2017 16:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PROGRESO

 

  Nunca se sabe, solo hai que ter unha boa escaleira, nin sequera fan falla estudos. De axudante o xardineiro municipal a Director da GC e Conselleiro  das eléctricas. De fontaneiro a Acalde Senador e millonario

06/06/2017 17:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON XOGA

20170607182248-944778-10200578227281523-976337966-n.jpg

 

  Nas comisións de investigación a verdade oficial é determinada pola maioría. pero a veces  colase algo de luz. Na comisión do caixa B do PP, o PP atópase en minoría, e moitos trapos sucios poden ve-la luz. O PP quere anula-la Comisión e xa anunciou con recorrer ós Tribunais,  onde se sente  seguro de gañar

07/06/2017 18:22 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DISTINTOS

 

  Un significado musulmán dixo que lle importaban unha merda as leis europeas. En París hai barrios no que non se permite a entrada a europeos, son como estados dentro dos estados. A permisibilidade Europea choca cunha xente que non quere integrarse. Tamén cando hai un atentado islamita vótase de menos o rexeitamento  inequívoco da comunidade  musulmán. Son, pra cultura europea como a auga e o aceite

 

08/06/2017 17:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ESTAFA

20170609174213-487871-4692153267772-1516000018-n.jpg

 

  Os accionistas do POPULAR perden todo. A compra do POPULAR foi decidida fai tempo nun foro internacional, incluso se pactou que o prezo fora solo simbólico. Esa é a asideira á que se pretenden agarrar os miles de accionistas que o perderon todo. O Banco Santander vai recibir uns beneficios fiscais de 6.000 millóns, o tempo que elimina a competencia, o que non está mal. Que a CMV, nin o Banco  de España fixeran o seu traballo, certifica a inutilidade destes organismos  

09/06/2017 17:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON HAI NADA SOSPEITOSO

20170612184620-24290-573680179316631-1002342455-n.jpg

 

  A oposición quería ver os contratos da Xunta con Villar Mir. O PP oponse porque nos contratos non hai nada que ocultar. Si non  hai nada que ocultar, ¿por qué non quere que se vexan? E que algúns van ó Parlamento, según Feijoo, solo a facer política.  E eu que pensaba que a iso ían alí, pois non, van a facer calceta. 

12/06/2017 18:46 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

1º ASALTO

20170615174216-977-492094304155346-621609655-n.jpg

 

  Sempre é entretida a moción de censura, ver os trabalinguas de Rajoy e as acometidas e saídas de ton de Hernando. Afeando que os de podemos teñan nos escanos a Cañamero, detido pola policía varias veces, sempre por actividades sindicais, ou o asistente dun Deputado de Podemos, sen dar de alta na SS, que contrasta cos coidados do pai de Rajoy, que pagamos todos; o escándalo de Bescansa que figurou algún tempo como autónoma. Sendo Deputada; casos que utilizou Hernando. Que segundo el, son motivo de escándalo, nada comparado cos mais de mil imputados por roubo do PP. Foi en realidade un ensaio da vindeira moción. O gañador, a democracia, que se poida falar, mais  que lle pese ó  pp

15/06/2017 17:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

REQUIIEN

  Fontes próximas á familia sospeitan que a Ignacio Echeverría matouno «o lume amigo; outros que morreu nun centro de detención. A autosia pode que despexara as dúbidas, ou non. O feito de que non fora identificado hasta pasar catro días, que nin permitira á familia o acceso morgue , da que pensar

16/06/2017 17:42 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NERVIOS

 

 

   O triunfo de Sánchez e as súas proclamas esquerdosas preocupan, e moito, ó PP, que  se lle notan os nervios co medo a que haxa un achegamento a PODEMOS e que perigue o seu cortixo. O fracaso da súa aliada Susana deixa sen liderazgo a ala dereitosa do PSOE, e iso provoca un desconcerto no PP e seu entorno mediático. Non será nada, pero ilusiona 

19/06/2017 11:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CONTROLA DA

20170621110649-11669329-cc3dc5cce3-m.jpg

 A sangría da corrupción dos xenoveses parece controlada. A declaración da cúpula do PP no xulgado parecía a repetición dun estribillo: non sei, non me consta. Pouco importa que que fora unha contradición co actuado, a mentira forma parte do seu ADN. O PP endreita o rumbo e intenta saír da cloaca da corrupción. É pouco o prezo da mentira cínica, de amañar Tribunais ou de atacar a Institucións como a Garda Civil. Os xenoveses están envalentonados, algúns dos condenados falan de pedir resposabilidades. O fascismo está tan brioso como nos mellores tempos do dictador 

21/06/2017 11:06 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PARECIDOS

 

 

      A traxedia de Portugal pode  pasar aquí. A superficie de eucalipto  é o dobre do previsto. Hai algunhas estradas nas que os eucaliptais chegan á veira, tamén a zonas poboadas, a iso hai que engadir a biomasa. Estimase que en Galicia existen unhas 600.000 hectáreas de matorral, que se atopan abandonadas e sen uso, en zonas de Ourense son moi elevadas , con grandes cantidades de matorrais de terreo que non se usa. A política forestal da Xunta non existe. A ignorancia e a cobiza imperan.  Fai dous anos arderon 20.000 hectáreas en tan só dous días en Galicia e  na campaña de verán de 2006 houbo unhas 100.000 hectáreas arrasadas.

 

22/06/2017 18:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PROGRES


  A  moda  que inmigrantes latinos e árabes están aplicando desde fai bastantes anos sen que ninguén impida que se poidan aproveitar das axudas que deberían ser destinadas exclusivamente a españois. Aquí hai moitos inmigrantes que veñen sen diñeiro e entran. Unha vez que entran aquí, España dálles toda clase de axudas. Incluso, o seu supermercado é CÁRITAS. Aquí hai axudas para familias numerosas, unha gran cantidade de cousas que che permiten vivir, máis ou menos desafogadamente, sen dar golpe. 13 millóns de pobres, miles de nenos con fame, anciáns na indixencia e os progres, vividores eles e ben acomodados parécelles pouco. Ocupádevos dos nativos coño.

23/06/2017 12:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ASÍ NO LO CONTAN

 

   No sabemos nada do  contido do tratado de LIBRE COMERCIO con Canadá, das 1.600 páxinas do tratado, só hai catro sobre os nosos dereitos medioambientales, nada de dereitos laborais, o modo de resolución de disputas serán Tribunais privados. Nada se fala da pequena e mediana empresa, nin do emprego. Moito do gra capital. Certo que os estandares laborais e medioambientais de Canada son moi parecidos ós de Europa, pero no se di sobre a súa aplicación ó tratado. A dereita española atérralle que se examine o tratado, ¿POR QUÉ SERÁ? 

 

26/06/2017 12:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O DISCURSO

 

  Señoras, señores: Galicia non pode pecharse es si mesma, ten cousas que pode ofrecer ó mundo: o cocido, o lacón con grelos, a empanada; tamén temos lácteos e conservas de peixe. Falemos un galego armónico 

 

28/06/2017 17:53 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ESPATARRADOS

 

 

  Sen a mais mínima  consideración ós demais, algúns usuarios de espazos públicos, espatárranse nos asentos, ocupando varios espazos; iso é o que a min me preocupa, pero algunhas femias, cunha tendencia sexual moi marcada, o único que ven é unha escandalosa exhibición dos atributos masculinos. A min o que me preocupa é a desconsideración ós demais; dáme igual que se metan entre as pernas unha espiga de millo, ou que a teñan tan grande que non lles quepa entre as pernas. Tampouco é agradable o espectáculo de tías coas pernas abertas, amosando as súas intimidades. En ámbolos casos, admito que pode haber unha intención sexual   

 

29/06/2017 12:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

A QUÉN LLE IMPORTA

 

   Para ninguén é noticia que México é un dos países máis violentos do mundo, e que a estratexia de seguridade militarizada que iniciou Felipe Calderón provocou a morte a máis de 150,000 persoas asasinadas, 300,000 desprazadas e preto de 30,000 desaparecidas
  
30/06/2017 12:05 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris