Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2017.

TAMBORES DE GUERRA

 

    Rajoy chamou a Trump, pra renderlle pleitesía e ofrecerse pra defendelos intereses americanos en Iberoamérica, en Europa, ou onde fora menester. Nin caso lle fixo. Cando non pode defende-los de España. O mellor é que tampouco lle importa. Mandou seis carros de combate e trescentos homes a acosar ó tigre ruso, ó estilo Aznar

 

01/03/2017 11:46 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TERRA DE BENDICIÓN

 A primeira causa de morte en  Galiza é o suicidio. Pero ademais, dobra en  número de mortes a que lle sigue. Hai un ocultismo dos suicidios, e fálase deles como causas esternos de morte; evítase nomealos. A forma mais común é o aforcamento e están ocasionados por dificultades da vida. As estatísticas son moi distintas do resto de España. Sobre as causas, seguro que Feijoo ten a resposta. Si el non ten nada que ver, seguro que nos lo dirá

 

02/03/2017 12:10 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PACTO DAS LENTELLAS

20170303122013-1365617909-4120161fbc792565d0940416fb94cd0b.jpg

 

   O PP nunca pensou en cumpri-lo pacto con CIUDADANOS. Pro PP foi sinxelamente un trámite pra consegui-lo poder. O contrario implicaría darlle protagonismo e poder de decisión a CIUDANOS, algo que non lle convén.  Ou renunciar ó seu ADN, que é a corrupción. O órdago que CIUDADANOS lanzou en Murcia si lle sae ben, ó PP obrigaralle a tomalos en serio

03/03/2017 12:20 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DE SEMPRE

 

  As vellas doutrinas sinalan que só se gasta en defensa e armamento cando se ten ingresos, si xorde a necesidade ou en ambas circunstancias. Como non se dan ultimamente ningunha destas circunstancias, a industria militar creou conflitos rexionais, que lle permitiran seguir co seu xugoso negocio  De aí a proliferación de conflitos en Oriente Medio, en especial o xurdimento do Estado Islámico, sen esquecer Iraq e as primaveras árabes. A   crise de Ucraína, que involucra a toda Europa, na que España aporta dende carros de combate, tropas, avións e barcos. Un desmelenado Trump subiu o orzamento de defensa en cincuenta mil millóns de dólares, que haberá que sacar de gastos sociais, o mesmo que están a facer os seus socios. Vivimos nun mundo de sociópatas

 

06/03/2017 11:26 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EN SOSPEITA

  As cifras contables dos diferentes  parámetros da economía española, que o goberno manda a Bruxelas poderían ser falsas e ter a mesa guisa que as que, no seu día, facilitaba Grecia. O  PIB real de España é inferior ás cifras divulgadas, unha posibilidade que vén especulándose desde fai anos e que responde á necesidade de non reflectir a realidade da economía española. Así fai xa tempo que o PP lanzou unha campaña dando por feita a recuperación, e esa campaña foi comprada pola maioría dos medios de comunicación. Cando se fai balance da reforma laboral,  partese desta campaña coma se fose un axioma que, polo tanto, non precisa demostración. De pouco vale que trimestre a trimestre os datos de horas traballadas sigan sendo inferiores ós existentes no mesmo trimestre de 2011. Tampouco que a EPA ou as contas trimestrais anteriors. Os grandes medios de comunicación deste país compraron a recuperación e aí está.  As cifras de recadación son alarmantemente baixas, mentres o goberno segue a baixar impostos ós ricos


07/03/2017 11:23 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ALGUÉN O DUBIDABA?

 


   Profusas probas que presuntamente acreditan o financiamento ilegal do PP de Madrid desde 2004 e que salpica a gran parte da anterior cúpula do partido, segundo fontes xurídicas. Trátase de documentación confidencial requisada polo xuíz en casa do exgerente do PP madrileño Beltrán Gutiérrez e que destapa a caixa B coa que os populares madrileños sufragaron nos últimos lustros campañas electorais e actos do partido. E, segundo despréndese das pesquisas, fixérono, entre outras canles delituosas, a través de Fundescam, a fundación que creou o PP en época da expresidenta Esperanza Aguirre

 

08/03/2017 18:29 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Aquelarre

20170309175250-1345278797-76398588c95622549e66fd8807762732.jpg

 

  A APM. Acusa a PODEMOS  de coacciona-la prensa. Pra facerse unha idea da lea, a APM está dominada por periodistas  vinculados ó franquismo; cando os periodistas de TVE denunciaron a censura do PP, nin se lles escoitou. Non foron as sentencias condenatorias a Eduardo Inda o que orixinou o problema Foi unha subvención de 8.600.000 euros que Cifuentes ía dar á APM,  á que se opuxo PODEMOS a verdadeira orixe da cuestión.  A indignación do PP e da RAZÓN quitou calquera dúbida  sobre o fondo ideolóxico

09/03/2017 17:53 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

APM

20170310175230-safe-imagenn.jpg

 

   Pra  que sirve a APM. Nun principio, debía ser a modo de enganche, tiña un carácter asistencial, pero o mais importante era, e é, ser  un instrumento de control político, o que era moi típico do réxime. As súas actuacións actuais, facendo a vista gorda, cando non o apoio de censura, ou de despedimento de periodistas de determinados medios pola súa suposta ideoloxía , ou a publicación de información incómoda, pra personaxes. Chega recordar a información do PP cos narcos, caso Rajoy. A acusación da APM, sen probas, incomodou a moitos profesionais. Os modos e as persoas implicadas é proba de que o franquismo sigue aí  

10/03/2017 17:52 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O MORTO

 

   Deran por morto a Pedro Sánchez, pero resucitou transformado nun radical, que asusta ós baróns e entusiasma ás bases. Puño en alto, pon o exemplo de Portugal, e a banca e os empresarios miran pros baróns
  O personalismo é inevitable nunhas primarias, pero o máis importante é que resta poder aos baróns, e por iso hai tantos dirixentes socialistas que maldín o día en que as primarias se converteron no método irrenunciable para elixir ó líder. Era máis sinxelo antes cando cada dirixente rexional poñía sobre a mesa as súas avales e negociaba o poder que obterían a cambio el e a súa federación. Tantos postos na Executiva, tantas carteiras no Goberno.
  Agora hai que deixalo todo á decisión dos militantes. E si se deixan levar polos seus sentimentos, ou as súas preferencias persoais? E si se déixan arrastrar polas súas IDEAS no canto de votar o que ditan os que din que o PSOE debe ser o PSOE e non hai máis que falar?

13/03/2017 12:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris