Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2017.

A POBREZA

20170501125030-76438-388496594558753-944976844-n.jpg

 

 

 Di Vargas Llosa que os pobres son uns ignorantes e non leen, será que teñen outras neecesidades. Unha opositora venezolana maldíos. Isto de ser pobres é  pra algúns un delito. Como si o culpable de ser pobres foran os mesmos pobres. Loitase contra os pobres, non contra pobreza. Os pobres son unha especie de apestados. Cada vez ha mais pobres e os ricos, cada vez, son mais ricos. No día do traballador temos que salientar que ter traballo non significa saír do pozo da pobreza. Houbo un tempo, no franquismo, en que o día do traballo se celebraba o día de San Xosé Obreiro; era mais relixioso

 

01/05/2017 12:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PARTE DA LOITA+

20170502112653-pihmnnkn.jpg

 

         Vimos a Capriles con Macri, vimos a Lilian Tintori facendo campaña para Guillermo Lasso en Ecuador. Iso é o que creen, o que perseguen. Isto non é que haxan eleccións para resolver unha determinada crise, iso é unha vulgar pantalla. Son solo peóns dunha política deseñada por Washington. Eles non queren eleccións, as que correspondería celebrar no 2.018, esperar, mediante a violencia, que o pobo lles entregue o poder, porque o merecen como clase, e porque os seus amos americanos así o queren. Os actos vandálicos en Venezuela son mostrados polos medios de comunicación como actos heroicos, cando solo se trata de violecia organizada por grupos profesionais . En Arxentina hai presos políticos dos cales non se falar. En Estados Unidos mátase a cidadáns negros. En España mállase, sen piedade ó manifestantes, por cousas moito menores que o que fan os encapuchados en Venezuela. Fronte a iso, hai que denunciar a situación calamitosa dos Dereitos Humanos en todo o continente, mostrar o que fai a policía e os paramilitares en México, Brasil, Colombia, Fonduras, Guatemala, República Dominicana. Controlados por Washington os medios de comunicación, pra manipula-las noticias no seu intres, resulta imprescindible a difusión da verdade  polas redes sociais que é a forma en que desde fóra podemos axudarlles.

02/05/2017 11:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

. CARISIMA PROPAGANDA

20170503174710-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

 

  Feijoo non acudiu ó fondo estatal pra emisión de débeda, pra facer dilo unha propaganda persoal de boa xestión. Aínda que a Xunta nega a información, é posible facer unha estimación aproximada da factura extra que estamos pagando. Entre o 2012 e o 2015, a Xunta preferiu pedir prestados 7.057 millóns de euros nos mercados financeiros renunciando a acudir ao financiamento público, a pesares de que no 2012 os bancos cobraban un tipo de xuro 6 puntos por riba dos préstamos do Estado,  pódese calcular en máis de 1.600 millóns de euros o sobrecusto que estamos soportando. Con eses cartos, que pagamos nós con recortes e deterioro dos servizos públicos, teríase financiado a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ou podería rescatarse a AP-9. Aínda que a Xunta nega a información, é posible facer unha estimación aproximada da factura extra que estamos pagando. Entre o 2012 e o 2015, a Xunta preferiu pedir prestados 7.057 millóns de euros nos mercados financeiros renunciando a acudir ao financiamento público, a pesares de que no 2012 os bancos cobraban un tipo de xuro 6 puntos por riba dos préstamos do Estado Tendo en conta este diferencial e os prazos de amortización dos préstamos, pódese calcular en máis de 1.600 millóns de euros o sobrecusto que estamos soportando. Unha enorme factura da que se benefician os bancos e inversores privados e que pagamos nós con recortes e deterioro dos servizos públicos. Para facernos unha idea, con esa cifra teríase financiado a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ou podería rescatarse a AP-9. Pero esta enorme cifra é só unha parte do custe total, porque esta decisión irresponsable inclúe outra grave ameaza sobre as contas públicas galegas. O ministro Montoro xa emprazou á comisión de expertos que analiza a reforma do modelo de financiamento autonómico que valore unha posible condonación da débeda que teñen as comunidades co Estado, da que obviamente se beneficiarían máis aquelas que acudiron con máis intensidade ao FLA 

03/05/2017 17:47 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CHUVIA DE MILLONS

 

  Dende Aznar, o País Vasco non recibirá unha chuvia de millóns como a que  lle deu Rajoy. o malo non é que o Pais Vasco reciba esa regalía, senón que a alguén llos van sacar. Galicia ten moitas bolas. O Bloque pedía unha tarifa eléctrica pra Galiza, Feijoo dicía que iso non podía ser. Pois parece que si se pode; as empresas do País Vasco van a ter. Ciudadanos estaba en contra do concierto. A tragar outro sapo, e o PSOE a aplaudir coas orellas 

04/05/2017 17:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

COMPLICES

20170505124121-1382252-10151739017862869-711962638-n.jpg

 

  EEUU non precisa de argumentos sólidos pra intervir onde lle pete, pero mellor se ten cómplices baratos. Xa ten Perú e Colombia como bases de operacións pra intervir en calquera país de Sudamérica. Agora necesita Brasil e Arxentina como cómplices pra intervir en Venezuela. As condicións de violencia xa as ten. O que máis me espanta de Venezuela é a oposición, ou unha parte moi importante dela. A radicalización e o que está facendo Almagro desde a OEA, ó servizo dos EEUU, é un perigo, non só para Venezuela, senón para todo o continente. O mesmo Papa deplorou a falta de diálogo da oposición Venezolana.  Si queren chegar á presidencia da República, que compitan legalmente en 2019. Hai que dicilo: a dereita venezolana e latinoamericana é golpista, non é verdade que creen nin que respectan a Constitución, todo isto é pura montaxe. Eles son o que fixeron en 2002: o seu proxecto é varrer co goberno, cos poderes públicos, a Constitución, as políticas de 2000 ata aquí, e restaurar un goberno de élites, que garanta que as riquezas, ademais de pros yankis,  son para uns poucos.  Capriles, Macri, etc non queren que haxa para resolver unha determinada crise, iso é unha vulgar pantalla. Son solo peóns dunha política deseñada por Washington. Esperan, mediante a violencia, que o pobo lles entregue o poder, porque o merecen como clase, e porque os seus amos americanos así o queren. Os actos vandálicos en Venezuela son mostrados polos medios de comunicación como actos heroicos, cando solo se trata de violencia organizada por grupos profesionais . En Arxentina hai presos políticos dos cales non se fala. En Estados Unidos mátase a cidadáns negros. En España mállase, sen piedade ó manifestantes, por cousas moito menores que o que fan os encapuchados en Venezuela. Fronte a iso, hai que denunciar a situación calamitosa dos Dereitos Humanos en todo o continente, mostrar o que fai a policía e os paramilitares en México, Brasil, Colombia, Fonduras, Guatemala, República Dominicana. Controlados por Washington os medios de comunicación, pra manipula-las noticias no seu intres, resulta imprescindible a difusión da verdade  polas redes sociais que é a forma en que desde fóra podemos axudarlles.

05/05/2017 12:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

50.000

20170508184519-8468-478308738921558-563703094-n.jpg

 En Galiza hai 50.000 nini. 50.000 mozos que non estudan, nin  traballan. O problema parece insoluble, ou e moi difícil solución. Nas estatísticas dea Feijoo non figuran  porque quedaría moi feo. Tampouco figura a EPA, co que tamén se oculta o número de emigrantes e o descenso  da poboación. Galiza é un páramo da industria. Algo tería que ver Feijoo, digo eu; ou solo aparece pras loubanzas   

 

08/05/2017 18:45 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

FESTA N CAIDA

   O primeiro de maio é mais que un día de festa, é o recordo da loita polas conquistas laborais.  O pasado  de maio  era un esmorecemento. Poucos e, a maioría vellos. Será que os ninis non  teñen intres no asunto e os mozos subempregados teñen vocación de escravos.  Vivan as pensións  

 

09/05/2017 18:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PRA PENSAR

20170511183906-1349950685-4adbf0f10d4f573b0f86b41491876277.jpg

   Un  informe  do Ministerio de Facenda cuantifica en 44.484 millóns de euros o aforro que acadaron as autonomías por acudir ó Fondo de Financiación  Autonómica, en lugar de facelo os mercados financeiros. Unha cifra enorme. da que Galicia, por decisión do seu presidente, apenas se beneficiou. O sobrecusto pra Galiza foi de 1.600.000 millóns de euros,co cal se construirían dous hospitais. Supoñendo que Feijoo saiba ler. Cál pode ser a razón: puidera ser a financiación do PPg, non se pode pensar nun  lucro persoal.

11/05/2017 18:39 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SOSPEITASE

   

  No é EEUU o único que provoca asasinatos por envelenamento. Dende tempos foi usado. O cancro do cal padeceu Chávez foi inusualmente agresivo e sospeitoso, e cada día saen máis evidencias sobre a clara posibilidade de que Chávez foi asasinado, di a avogada Golinger. Un dos seus edecanes máis próximos durante anos, que estivo a soas con el e quen lle levaba a súa comida, o seu café, a súa auga, hoxe é unha testemuña protexida en Estados Unidos. Agora intentan asasinar a súa memoria

 

12/05/2017 12:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MORTE NA ESTRADA

 Circular polas  estradas en  bicicleta é unha actividade de risco. Xa é  habitual as noticias de ciclistas atropelados. O conductor-a ia baixo os efectos das drogas, ou do alcohol. O que debera ser unha agravante, en España é unha atenuante. Por riba, si matas a varios solo pagas por un. Sae barato, case de balde. Isto de Venezuela é preocupante. Os políticos tiñan que dedicarse a gobernar

 

15/05/2017 17:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

RAICES

 

     Quixera que o galego fora unha  árbore frondosa con profundas  raíces, que a súa sombra xogaran as crianzas, se dixeran palabras de amor os namorados e contaran  historias os vellos, por suposto, en galego.  As alimañas fradan as polas do árbore, mexan no seu tronco e escaravellan nas súas raíces pra que o árbore seque. Cando o galego desapareza; por desgraza, pra iso non falta moito, Galiza, como pobo, desaparecerá. Todos seremos responsables. 

17/05/2017 11:03 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

GALEGO CORDIAL

20170518175653-sorpresa.jpg

 

  O 17 de maio xuntouse unha multitude na praza da Quinta en Santiago; o tema era reivindicar a defensa do galego; totalmente marxinado dende que goberna Feijoo. Non é admisible que os funcionarios da Xunta non atenda ós administrados en galego, salvo algún caso illado, que un funcionario polo seu risco faga o correcto. Apolítica lingüística de Feijoo  e tan boa pra eliminación do galego é tan  acertada que hasta Gloria Lago a bendice. Centrada agora en eliminar a raza das vacas rubias galegas, o can de palleiro e as galiñas de Mos, entre outras

18/05/2017 17:56 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

XOGO SUCIO E CAMPO EMBARRADO

 

  Nunca se xogou limpo. Utilizáronse recursos do partido para a  campaña de Susana, todo o aparato do partido ó seu dispor. Ningunha treta serviu. O xuízo da militancia foi claro. Non só  fracasou  Susana, tamén toda a vella garda; adeus a Felipe González, Alfonso Guerra, Pérez-Rubalcaba,  Rodríguez Zapatero, Bono, etc. Con todo, a guerra seguirá, Pedro non ten carisma, nin programa.

 

22/05/2017 17:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PODE SER

 

 

  Hai rumores de que había alarma no PSOE e  no PP de que Podemos se situara como forza exemónica da esquerda, nunha reunión de xente do PP e do PSOE, nun iate, acordaron poñer ós candidatos a secretario pras primarias. Esa, e outras manobras non lle gustaron a Sánchez, polo que non quere ningún  barón na executiva, pra que  non o volvan a apuñalar. Pero  aínda terá que supera-lo Congreso, e as navallas seguen  aí     

 

 

24/05/2017 18:49 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

QUÉN ODIA MAIS?

 

  Cando o odio é irracional e a reconciliación unha quimera, é imposible determinar si odian mais os de dereitas ou os de esquerdas. O odio naceu co home e parece que é imposible erradicalo; solo se precisa unha chispa pra que o enfrontamento xurda. Non sabería dicir de que lado o odio é meirande. Un caso pro estudo, feito sen apaixoamento, teriámolo en Venezuela, que transcende as fronteiras do país, respondendo a intereses diversos. O pasado 12 de maio, o locutor venezolano e  César Miguel Rondón deixou aflorar o fascista que leva dentro, e celebrou, nas redes sociais,  o acoso e as agresións que sufriron distintos venezolanos no exterior por parte das hordas terroristas da oposición venezolana. A súa postura prexudica os seus compatriotas, de ambos bandos, ee non deixa de ser cega e irracional

29/05/2017 18:21 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AFUNDIMOS

 

  Afundimos, pero aplaudimos ó PP. Cando Raajoy chegou ó goberno, o déficit español era moito menor que o portugués. Agora os portugueses cumpren o déficit e España non. España faixa salarios e conxela pensións, en Portugal subiron os salarios e as pensións. España solo devolveu unha mínima parte do rescate bancario que pediu, e quer sempre negou ter pedido. O paro real pode achegarse ó 30%, pero o peor é a débeda, que pode achegar ó 140% do PIB. As cifras estatísticas da economía enviadas a Bruxelas son falsas, e Bruxelas sabeo  

 

30/05/2017 17:54 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris