Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2017.

OSITO

 

 

  Deu a volta ó mundo un comentario e burla dun grupo de policías, logo da visita na AN dos independentistas de Cataluña, chamándolle osito a Junqueras o cal deixa en mal lugar o colectivo e da pábulo ás manifestacións do avogado defensor sobre as vexacións que sufriron os detidos, durante o traslado á cárcere

 

06/11/2017 10:16 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

Ó FRONTE

 

    Cando imos a un caixeiro miramos de esguello por nos atracan polas costas e nos quitan  o diñeiro; sen darnos conta que os ladróns os temos de fronte. Do mesmo xeito, o goberno entretennos con Cataluña pra despistarnos e non nos demos conta de como arruínan ó país. Con incremento da débeda en 278 millóns de euros diarios, xa é a maior de Europa, sanidade e educación camiño da ruína, pensión en perigo. Solo un 10% dos coidadores, con sorte, cobrará pensión. A luz non deixa de subir. A corrupción non ten freo. Si non houbera o problema de Cataluña, habería que inventalo  

 

07/11/2017 11:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EN HORAS

 

 O encadeamento dun colectivo político decidiuse en horas, en contraste o proceso a Fabra, con fraco resultado, durou nove anos, o cuñado do Rei, non pisou a cadea, o mesmo que Rato  e outro do PP. E se un xuíz lles poñen as cousas mal, o xuíz vai a  rúa  

 

08/11/2017 10:48 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AFILIANSE

20171109122823-944778-10200578227281523-976337966-n.jpg

 

   Nunha  nova estratexia de defensa, os independistas encarcelados van a afiliarse ó PP, pra saír libres                                                              

09/11/2017 12:28 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NUNCA MAIS

 

   Muxía foi a zona 0 do Prestige. Algúns paisanos da zona contemplaban con mirada socarrona e media sonrisa, como os voluntarios recollían o fuel. Nas primeiras eleccións, logo da catástrofe, o PP arrasa en Muxía. O PP derramara millóns en subvencións. Cerebros pequenos e estómagos grandes explican o fenómeno. Hoxe, aínda é o día en que non se tomou ningunha medidas, das enunciada, pra evitar outra catástrofe

 

14/11/2017 11:40 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

20171115111811-13709867-1151536631575255-5258426372215986408-n.png

  As contas de Catalunya, intervindas/intervidas. O Govern que saíu das urnas, unha parte en prisión e outra en Bélxica. O Concello de Madrid, intervido. As Leises das Córtes Valencianes contra a pobreza enerxética e da función social da vivenda, entre outras, denunciadas ante o Constitucional polo Executivo. Incluso a retirada de rúas con nomenclatura franquista en Alacante foi denunciada polo Partido Popular e suspendida pola Xustiza. É só unha mostra da ofensiva total. A guerra de guerrillas ou a guerra de posicións, que diría outro. A paralización da acción do adversario político. Os conservadores sábense fortes e tras varios anos á defensiva pasan ao ataque. Con todo o que teñen ao seu alcance. Institucións e o que sexa necesario. O que foi alcalde de Xaen, onde deixou o concello na ruína, será o comisionado do PP pra intervir o concello de Madrid, un concello no que o remanente orzamentario se destinaba a fins sociais, alo mal visto polo PP. Pero o que mais lles amolou foi que poñesen en evidencia a mala xestión de Galardón e da Botella

15/11/2017 11:18 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON SABE

20171116180928-11032516-10200379835335524-8943708697999652829-n.jpg

  o avogado non sabe que o ordenador do PP se destruiu só

16/11/2017 18:09 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

CLOACAS

            O informe que tanto gusta a Inda, do que récelo ata Fernández Díaz Inda deu por válido o denostado informe PISA (as iniciais de Pablo Igrexas Sociedade Anónima): unha compilación de recortes de titulares de medios de comunicación, extractos bancarios e información feita pública polo propio partido. Para Inda este documento está "moi ben elaborado desde un punto de vista probatorio", ten "unha precisión tremenda" e reflicte "un relato moi pormenorizado", ademais de estar "asinado por altos mandos de Policía". A realidade é que o informe non ten firma, non recolle ningún identificativo do axente que o elaborou, e ningunha instancia, nin sequera a Fiscalía, quixo actuar con estas bases. De feito, o propio exministro do Interior reprobado polo Congreso dos Deputados, Jorge Fernández Díaz, recoñeceu, no marco da comisión parlamentaria que levaba o seu nome, que a existencia deste informe, cuxo orixe non puido detallar, "sería" irregular. Este informe foi paseado por todos os platós durante a campaña electoral, e a intención de quen o esgrimían era vendelo como froito dunha investigación da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF), algo que se demostrou falso. Sorprende que o departamento de Fernández Díaz non se molestase en aclarar esta realidade, pero o texto encádrase entre os traballos das chamadas Cloacas de Interior. Aínda que Inda e o PP o omitan, o Congreso considera probado que o exministro empregou fondos, recursos e o traballo de funcionarios públicos para fabricar probas contra os seus adversarios políticos, entre eles o propio Igrexas, e varios partidos independentistas cataláns.

21/11/2017 15:53 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS MALETAS

20171123110216-945134-560447820644775-1873641778-n.jpg

 

  O mellor negocio  en Galicia, no que leva Feijóo no goberno, son as  maletas. Duascentas mil persoas, que se di pronto, emigraron pro resto de España, ou pra outro países, en busca do que non atopan en Galicia. Volvemos ó século da emigración, pero agora,  pero agora é xente con estudos, embárgante, na maioría, solo serán camareiros en londres, ou barrendeiros en Alemaña. Cada un coa   súa maleta e un menos no paro. Todo por corttesía de Feijóo e pra súa maior gloria       

23/11/2017 11:02 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS REBAIXAS

20171124163520-1269-im-300x225.jpg

 

 

  O portavoz do PP de G acusou a oposición parlamentar de querer fritir a impostos ós galegos. A oposición pedía rigor orzamentario, pero o PP fai dos orzamentos unha propaganda, rebaixa os impostos, á gran maioría solo uns euros, os ricos unha boa tallada. Resultado orzamentos anémicos con recortes nos servizos e incremento da  débeda. Os prestamistas, da corda do PP fan o agosto

24/11/2017 16:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UN RAPOSO

20171129115052-1978670-386070711536015-1075771768-n.jpg

 

 

  O que ten o mérito, gañado a pulso, de haber endebedado pra moitos anos o axuntamento de Xaén, do que era alcalde, pagando sobre custos de o 400%, vulnerando tódalas normas de boa xestión. Encárgalle Montoro o control das contas do Concello de Madrid. Estes do PP están tan a marxe da moral que pra eles a merda é perfume  e poñen un raposo a gardar as galiñas  

29/11/2017 11:50 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

PRIVILEXIO

 

 

   Nade se atreve a póñelle o cascabel ó gato. O gato solo entende de comida e arrímase a calquera amo que lle de  mais. O concerto vasco é un privilexio medieval, incompatible co principio de solidaridade     

30/11/2017 12:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris