Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

España quedouse sen cadeira coa chegada do PP. Oficialmente o PP o achacó á mala situación económica do país, ao bordo do rescate, que lle fixo perder a forza negociadora necesaria para seguir.Pero nos corredores de Bruxelas, a historia que se conta é completamente distinta: o candidato español que tiña xa o acordo para ocupar esa cadeira, José Manuel Campa (proposto polo anterior goberno socialista), foi relevado por parte do Goberno de Rajoy como candidato, optando o PP por Antonio Sáenz de Vicuña, que non foi considerado apto para o posto. Foi o cambio de candidato, ás carreiras e correndo, para evitar que un socialista ocupase a cadeira, o que deixou a España fose do BCE durante 6 anos. Esta desastrosa xestión deixou a España sen cadeira no momento máis complicado da recesión do país, no período onde o BCE tivo que adoptar as chamadas medidas non-convencionais de política monetaria, o momento máis crucial da historia do BCE. Sen cadeira por puro sectarismo do PP.

 

0 comentarios