Facebook Twitter Google +1     Admin

A RAPAZADA

20180517115548-2.jpg

 

      Cando morra a xeneración que hoxe fala galego, como moito  dentro de 40 anos, o galego desaparecerá. Non é un agoiro, moito  menos un desexo. A rapazada, que é o futuro, non fala galego. O galego deixara, de feito xa deixou, de ser a lingua do berce, pero tamén vive momentos de decadencia no ensino, no que grazas a Feijóo está como un floreiro con forres murchas. María Vitoria, extrémena, profesora de Lingua e Literatura Española, veu destinada a Galiza, sen coñece-lo galego; en Lugo coincidiu con Alonso    Montero, que seguro que lle meteu o veleno do galego. Escribiu incluso a letra dunha canción de Fuxan os Ventos, tamén de probada militancia galeguista. Foi en Pontevedra, as épocas escuras do franquismo, onde escribiu a súa obra e transmitiu os  seus alumnos o amor e o respecto ó galego. Daba gusto oíla falar en galego, era galega por elección, e non sendo galega sentía un amor por Galiza como, desgraciadamente non senten algúns galegos. En círculos sociais acósase ós galegos falantes, menosprécenos e ridiculízanos. !probes ignorantes!, son galegos castrados

17/05/2018 11:56 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.comAutor: Murada

O idioma é o amor/ o latexar, a verdade/a fonte q agroma/a máis forte irmandade./ Renunciar ao idioma/ é ser mudo ë morrer./ Precisamos a lingua/ se queremos vencer! Manuel María. Non só se pode dedicar 1 día ao ano á nosa lingua para saír na foto senon cada día do ano. Perdéronse as escolas unitarias rurais onde os mestres falaban galego; o uso nas garderías, escolas, instituto é mínimo e nas novas tecnoloxías nulo, etc. Xq non hai aplicacións para mobil en galego, por pór 1 exemplo. Xa, custa diñeiro e así non vai para os de sempre!!

Fecha: 17/05/2018 13:36.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris