Facebook Twitter Google +1     Admin

UN XIRO

   As primarias do PP era unha escolla entre o carballo e a rebola, cun importante matiz, a partida xogábase fora; personaxes ausentes fixeron sentir na Asamblea o seu alento. O de Rajoy foi atrezo de despedida, un vaite xa, deixa paso ó vento xélido. O PP foise pra esquina., pra atoparse alí con  BOX     e CIUDADANOS, un apelotonamento na extrema dereita;  a ver quen a ten mais grande.... a bandeira de España, claro . A eterna viaxe do PP ó Centro, rematou. Casado propón a eliminación de avances sociais . Algúns compromisarios sosteñen que non hai perigo dunha dereitización. Que Casado evolucionou, que nese novo PP das esencias teñen que caber todos, que é importante reafirmar os principios, pero que hai asuntos sobre os que é imposible a marcha atrás, porque están consolidados e son dereitos asumidos.  O problema do PP non é un problema de principios e valores, senón do desprestixio que deixou a corrupción. -Non creo que ninguén nos deixou de votar por non reformar a lei do aborto de Zapatero-  José María Aznar. El sempre foi un poderoso axente movilizador para a esquerda. Sobre todo o último Aznar, o da guerra de Irak e o 'Prestige', o da xestión do 11-M, o que se envolvía nas esencias da dereita, o da foto das Azores, o que subía os pés encima da mesa durante unha conversación con George W. Bush, o da fastuosa voda da súa filla en San Lorenzo do Escorial, o que deixou medrar á trama Gürtel á súa resgardo, o da confrontación e non a distensión. Todo iso simboliza Aznar para o PSOE. E esa dereita máis 'neocon' é a que se ve reencarnada no novo presidente do Partido Popular. En Pablo Casado. Os socialistas gozan da súa vitoria no congreso do seu partido. Electoralmente, creen, benefícialles, aínda que no institucional as relacións poidan ser máis difíciles

23/07/2018 15:56 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.comAutor: Murada

Confiemos nesa reviravolta q Pablo Casado ten q dar ao PP. Formar un gran equipo con xente sana e con gañas de currar, de ser unha oposición forte fronte ao PSOE. É o seu labor neste intre. Pero primeiro deberá refundar o partido e deixar, xa, atrás, temas como a corrupción, 11/M...q acabaron con Rajoy e co propio partido. Asiq, un voto de confianza para este rapaz novo q nin el nin moita outra xente non teñen a culpa dos delitos cometidos por persoas do seu partido.

Fecha: 24/07/2018 21:07.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris