Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2018.

PERIGOSO

20180205115829-1982236-487938724677747-4301697002313493199-na.jpg

 

    A manifestación pola sanidade publica foi unha mostra esperanzadora de que este pobo aínda  está vivo. Os peperos, como era de esperar, restáronlle importancia e falaron de que estes actos desprestixian a Sanidade Pública. Eles si que a desprestixian, quitándolle recursos. Din que dedican  mais diñeiro a Sanidade. Si á privada; na pública reduciron o persoal, cerraron prantas enteiras e baixaron ostensiblemente o número de intervencións. Algúns profesionais  da publica actúan como troianos dentro do sistema. Debía estar prohibido simultánear o público e o  privado. As intervencións na privada  sáenlle ó SERGAS  un 70% mais caras, pero eles  veinno como un negocioA utilización de instrumental de    hospitais públicos en clínicas privas ten que ser penalmernte perseguido  

05/02/2018 11:58 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

ALGO EVIDENTE

20180206174458-561297-157618684403986-706578778-n.jpg

 

   Falaba Oubiña que os narcotraficantes financiaban ó PP. Vendo as amizades de Feijóo con Marcial Dorado e as fotos de Rajoy nun barco dun contrabandista, resulta fora de toda dúbida. A moral era verde e comeuna un burro  

06/02/2018 17:45 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

TEATRO

20180207104623-16658de-soleilmont-petit-basset-griffon-vendeen-3.jpg

 

 

   Feijóo montouse unha obra de teatro á conta da financiación, pra consumo dos seus seareiros, pero que avergonza a calquera galego normal-, xa que é coñecida a actuación de Feijóo na defensa dos intereses galegos en Madrid. Cando vai á capital actúa como un cadeliño, move o rabo e namais  

07/02/2018 10:46 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

NON ENTENDO

20180208130133-2.jpg

 

  Si o PP é tan corrupto, por qué  lle vota?. Será porque rescata bancos, aeroportos se avións, autopistas, financia eléctricas Airexa, Monarquía, etc; pero non ten pra pensións, sanidade etc. debemos velo como a divina xustiza, ou que hai moitos descerebrados, pero  aí ve Ciudans pra poñe-la guinda                          

 

08/02/2018 13:01 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

DÚ AS CABEZAS

20180213175241-images114141.jpg

 

 Ó franquismo saíronlle dúas cabezas. Ó clásico PP únese Ciudadanos un híbrido que disputa a financiación e a extrema dereita ó PP, así como o espazo social. O PP é o franquismo ideolóxico e sociolóxico, Ciudadanos, de momento é solo franquismo ideolóxico, un lobo disfrazado de ovella que aspira substituír ó PP. No PP sábeno; de aí o seu nerviosismo. Quen non parece darse conta son os votantes, cando se dean conta será tarde i estaremos noutra noite

13/02/2018 17:52 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

UNHA BROMA

20180215164133-1393890-10151749859122869-1424277325-n.jpg

 

  Rajoy e Fátima recomendan que a xente faga  plan de pensións privados. Parece unha broma que lles digan a eses trece millóns de pobres que se fagan un plan privado de pensións, cando a maioría nin sequera pode chegar a fin de mes. Parece claro que no futuro vindeiro haberá dúas clases sociais moi diferenciadas. Unha moi pobre e outra aomodada. As pensións son hoxe o que mantén a cohexión social, cando estas fallen haberá un problema, porque as novas xeracións non está acostumadas á loita, nin as privacións    

 

 

15/02/2018 16:41 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MUDANZA

20180219181102-scalecaaci2ou.jpg

 

 Vivía nunha casa unha familia. Un día deron unha gran festa, con moitos convidados. A un convidado deulle un aperto pra ir ó water, había cola e non podía agardar, así que fixo as súas necesidades nun gra maceta que había no pasillo.  A familia optou por mudarse de casa, ante o insoportable  cheiro.  Levaron tódolos enseres, incluído o maceteiro. Loxicamente o cheiro seguiu. Hai un crecente fuga de militantes do PP hacia CIUDADANOS. Con eles tamén  irá a corrupción, levarán a maceta

19/02/2018 18:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DEPENDE

20180220181727-20111216elpepivin-3.gif

 

 

     Baixar a idade de votar, equiparandoa a idade penal, non parece un disparate; despois de ver como os pensionistas lle vota os seus verdugos. Ó mellor habería que ter un carnet de votación, que se obtería por eximen,  

20/02/2018 18:17 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O PEOR

20180221171458-10940468-899830313371782-1072940726718930826-n.jpg

      Tiña moita competencia no goberno de Rajoy, pero O FINANCIAL TIMES dixo del que era o peor Ministro. Aí está de subdirector do BCE. Como é posible, moi doado, a CCE non é  unha comunidade de cidadáns, senón intereses, e DE GUINDOS foi un fidel servidor, e seguirao sendo. O pago ó seu servizo sei s veces o que gañaba como Ministro. Mariano apoiará ó candidato de Merkel

    21/02/2018 17:15 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

    NON CADRA

    20180223183221-1349768114-b0dca8b3368aafbdfffc9147873de5fb.jpg

     

     

      Galiza parece ser un paraíso. O paro reducido, grazas a emigración e a baixa natalidade; todo mérito de Feijóo. Si se for6on mais de trescentas empresas a culpa tampouco é súa,  igual que os incendios; todo estaba ben planificado, solo que non choveu, e se alguén  morreu foi porque se meteu no lume. Mais o seu gran logro foi a desaparición do galego na xuventude nas zonas urbáns.                                                                                                                                             

    23/02/2018 18:32 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

    CO NOSO DIÑEIRO

    20180227124357-img-5612.jpg

     

     

      64.000 millóns de euros de rescate bancario, do que nopn devolveron nada. 3.000 millóns pras eléctricas. 47.000 millóns de corrupción do PP. 1.600 millóns pra Florentino polo proxecto CASTOR. 6.000 millóns pra rescate de autopistas. 11.000 millóns de financiación directa a airexa, mais as exencións fiscais, 85.000 millóns de fraude fiscal, mais unha monarquía, e non hai diñeiro  pra pensións. Malditos sexais

    27/02/2018 12:44 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.


    Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
    Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

    Contrato Coloriuris