Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2018.

CULPA: O CHEIRO

20180601160717-los-santos-inocentes-k500.jpg

 

   A Rajoy derrotouno a corrupción. O recoñécente da corrupción, a regaña dentes, da corrupción institucionalizada foi o tiro de gracia a Rajoy. A saída de Cospedal, con cara de pau e chulería, intentando minimizar o alcance da Sentenza da Gürtel, incorrendo en contradicións, mesmo dicindo que a van a recorrer, o que resulta incomprensible, si non lles afecta, como dixo ela; non fixo mais que enreda-las cousas. O PP é unha gaivota  abatida, que cae á terra, na caída espanzurarase, sen que haxa veterinario que a salve, cubrindo a terra de merda. Foi unha caída do PP en picado, ó que lle pode ocorrer o mesmo que UC. De momento, algunha enquisa sitúa ó PP en 4º lugar, en intención de voto   

01/06/2018 16:07 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

TAL COMO VEN ESPAÑA

20180604113145-11217672-10200854904411954-3373548063748591017-n.jpg

 

   O economista e profesor estadounidense Joseph Stiglitz criticou a actitude alarmista que teñen os partidos políticos españois tradicionais con respecto aos novos movementos. "Non é un medo xustificado. En todo caso o PP si é un dos causantes de que España estea en bancarrota. Non só pola corrupción asociada ao partido, senón tamén polo feito de que estivesen tan íntimamente vinculados coa burbulla inmobiliaria que provocou a bancarrota", expresou Stiglitz nunha entrevista a ’Vanity Fair’, citada por Europa Press.

Stiglitz subliña que este "medo electoralista" é un fenómeno que ocorre "en todas partes", xa que os partidos de dereita "meten medo cando non poden convencer á xente con argumentos".

Así mesmo, o ganador do Nobel de Economía advirte que o PIB non é un indicador moi bo do éxito económico dun país, e opina que é "cínico" afirmar que España ha ter éxito cando a taxa de desemprego alcanza un 23%. "Sería aínda máis elevada si tanta xente con talento non se marchou do país", engade. Ademais, Stiglitz estima que co ritmo actual, España tardará "anos, quizá unha década, en volver ser unha economía normal". 

04/06/2018 11:31 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O QUE DEIIXA

20180605110916-11058224-876632092429700-6154313651349585522-n.jpg

 

 

  O PP deixa un país na ruína total; o curioso é que nos queren facer crer que  deixan un país marabilloso. Estes son os seus logros. Parados oficiais: 3.500.000, reais: 5.300.000. Rajoy duplicou a débeda; debe o Estado 1.400.000 euros. A pobreza infantil é do 30%. 13.00.000 millóns de pobres- a corrupción do PP costounos 122.000 de euros, baleirou a caixa das pensións, a xente ten que emigrar en busca de traballo. Deixou un país arrasado, non vale que nos repita o mantra da rtecuperación.

05/06/2018 11:09 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

LAAMBENDOSE

 

O PP está lambendo as feridas, non da asimilado que os chimparon dio goberno e   iso paralízoos  pra elaborar unha estratexia pra facer frente ó seu peor inimigo, que é´Ciudadanos.a marcha de Rajoy desatou a terceira guerra pola sucesión; e  hasta Aznar entra na guerra  Andan os peperos coas  navallas abertas

 

07/06/2018 18:19 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LAAMBENDOSE

 

O PP está lambendo as feridas, non da asimilado que os chimparon dio goberno e   iso paralízoos  pra elaborar unha estratexia pra facer frente ó seu peor inimigo, que é´Ciudadanos.a marcha de Rajoy desatou a terceira guerra pola sucesión; e  hasta Aznar entra na guerra  Andan os peperos coas  navallas abertas

 

07/06/2018 18:19 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

OS CASCALLOS

 

 A caída do  produce unha morea de cascallos, cada un coas súas consecuencias; unha delas é que os centos de asesores, con  postos de persoal eventual, queden sen traballo. Os xenoveses prometéronlles recolocalos noutras  Administracións  controladas polo PP. A Galiza ven un bo lote destes cascallos. Doutra xa se deixarán de recibir sobres, algo moio doloroso pros acostumados a recibilos. Non haberá viaxes, privilexios, comidas, etc   gratis        

 

12/06/2018 11:43 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O XUSTO PODE SER CARO

20180613121216-charles-chaplin-4-2.jpg

 

   O barco de inmigrantes que vaga polo mediterráneo, sen que nade cos acolla, atopou unha rápida solución, grazas ó gran corazón de Pedro Sánchez. A súa pode ser unha decisión de imprevisibles consecuencias, os traficantes de inmigrantes xa teñen un antecedente. A inmigración é un problema Europeo, que non pode solucionar unilateralmente un país, que pra mais é un dos mai aprisionados. Serán 600 ingresos hospitalarios, daráselles alimento, roupa, vivenda e un sueldo. É xusto que queiran mellorar, os españois que emigra non lles dan eses privilexios. En todo caso debía devolver ó estado os gastos. Os españois sen casa e sen recursos merecen o mesmo trato xa veremos que para cando agora chegue un barco tras doutro

13/06/2018 12:12 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AMPUTAR

20180614113114-1365617909-4120161fbc792565d0940416fb94cd0b.jpg


   O PP ten que buscar a parte san do  partido, Pra elo ten que amputar os membros sospeitosos de podédeme. Nade sabe con certeza onde situar o cortalume, porque se aveciñan unha cascada de procesos que podían deixar expostos a algúns persoeiros. Xa non vale con poñer en  marcha o ventilador   

14/06/2018 11:31 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

OS LICAONES

20180615123255-27858472-344704862681255-5580192949985407521-n.jpg

 

  Rajoy está desaparecido, non está en ningunha das moitas casas que  ten, sei que está co negocio que deixou pendente, está por Europa, con un burro .vendendo chourizos peperos. E España, os licaones acosan e perseguen ó goberno, están descolocados. Eles sempre  tiveron un sentido patrimonial do poder, pero cando se xunta a merda cos que viven na merda, as cousas xiran como unha nora enlouquecida

15/06/2018 12:33 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

O PRIMEIRO

 

  En Valencia hai mais de 400 sen teito; en Madrid e Barcelona centos, pero Podemos ofrece vivenda  a inmigrantes ilegais.   Unha deputada de Podemos pide que España acolla a cinco millóns de inmigrantes e lles de papeis a todos. Consecuencia inmediata desa política   e do  errático PSOE. Mais de mil inmigrantes chegan, nun prazo de oito días, en patera, as vallas de Ceuta e Melilla asaltadas. Comprendo o de Paula Quinteiro. Manteros de Barcelona acosan á políca, Barrios de Madrid fora da lei. Podemos pode ser un perigo

18/06/2018 12:52 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

RAPOSO

 

 

 Feijóo non se postula pra suceder a Rajoy, di porque ten un compromiso cos galegos. A desculpa soa a peterreo. A Feijóo impórtalle un figo Galiza, a súa decisión foi algo que  non estaba previsto, esperaba que Rajoy o designara, ou que no PP o aclamaran como salvador e líder, pero había que disputalo  posto. As espétativas electorais do PP son  malas e el atoparíase no centro, por outra parte, en Galiza estaría a salvo de investigacións por corrrupción

 

19/06/2018 16:53 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

TO DO VALE

 

  Din que a xustiza é igual pra todos. Gran mentira. Urdangarín foi condenado a prisión; en dous meses terá réxime aberto. Está non cárcere de mulleres, na que e o único home, xusto a súa medida. Ten un pavillón pra el só. Acondicionalo pro hospede costou 2 millóns de euros. Os cartos que roubou non  apareceron, vamos, que houbera sido mellor que quedara en Suiza                                                                                                                                                                                                       

 

20/06/2018 11:36 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

MAIS MADEIRA

20180622123754-2.jpg

 

 

  Despois de tantos anos de democracia, o PP vaina estrenar por primeira vez, os militantes de base non saben que facer, nunca tiveron que tomar unha decisión semellante. Iso era cousa dos xefes. Os militantes andan como polos sen cabeza   

22/06/2018 12:38 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

SEN IMPORTACIA

 

   As ideoloxías parecen carecer de importancia, polo menos pra algúns animais políticos, tal é o caso do alcalde socialista expulsado do partido, e que agora insinúa que se presentará por Ciudadanos. Isto sería unha demostración de que pros políticos a ideoloxía é unha etiqueta sen outro valor que o seu uso pra vender algo no que non cren, solo así se comprende que alguén que se supón de esquerdas non teña reparo en representa-la extrema dereita

26/06/2018 13:35 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EN AMOR

 

 

  Din que Soraya foi a que lle impediu a  Feijóo concorrer  ás primarias do PP. outr@s tiñan intres en apartalo pra ter algunha oportunidade. Feijóo ´e xogador de segundo tempo, volverá pra dar conta da carroña. O paseo de Soraya por Santiago na compaña de Feijóo parecía unha  historia de amor

 

29/06/2018 16:55 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris