Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2018.

FALADE

20180302120051-1351539979-bddc85fc5c13387188313ef2817fb50e.jpg

 

 

  Os xubilados tomaron as rúas. Un colectivo tan manso e servil ó poder xa non quere selo mais. O PP asustase, parece que non bastante, e quere falar no Congreso. Non é tempo de falar, senón de dar solucións. Pra falar tiveron mais dun ano, un ano no que bloquearon tódalas propostas, entre a Bañez e a Villalobos, con desprezos e burlas. Di Rajoy que el quere subilas pensións pero que non pode. Si puido rescata-las autopistas, facerlles regalos ás eléctricas, a Florentino, rebaixar impostos ós ricos, favorece-lo fraude fiscal, etc. hai diñeiro pra armamento, pra airexa, pra monarquía, pero non  pras pensións. Non solo hai que revaloriza-las pensións, tamén hai que garanti-lo seu futuro, por iso a loita é tamén dos que aínda non son pensionistas. O PP e CIUDADANOS son antisociais e queren elimina-las pensións públicas. Malditos sexan eles e os que lles seguen o xogo.                                                      

02/03/2018 12:01 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

DEREITOS CIVIS

 

  Unha cidadán, Adela F.,  acode a unha oficina da Xunta facer oficina da Xunta facer un trámite, néganse a atendela en galego, con mofa e menosprezo, recalcándolle, por si non se enterou, que o fan porque  non lles da a gana. O que non se enterou esta xente é que como funcionarios son empregados dos administrados, o posto que desempeñan non é propiedade súa. E os comportamentos vexatorios están penados. Esta prepotencia e desprezo é propia doutra época. O galego é lingua oficial na autonomía, quen non queira facelo, polas súas ideas políticas, que se vai pra casa          

 

06/03/2018 11:45 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

España quedouse sen cadeira coa chegada do PP. Oficialmente o PP o achacó á mala situación económica do país, ao bordo do rescate, que lle fixo perder a forza negociadora necesaria para seguir.Pero nos corredores de Bruxelas, a historia que se conta é completamente distinta: o candidato español que tiña xa o acordo para ocupar esa cadeira, José Manuel Campa (proposto polo anterior goberno socialista), foi relevado por parte do Goberno de Rajoy como candidato, optando o PP por Antonio Sáenz de Vicuña, que non foi considerado apto para o posto. Foi o cambio de candidato, ás carreiras e correndo, para evitar que un socialista ocupase a cadeira, o que deixou a España fose do BCE durante 6 anos. Esta desastrosa xestión deixou a España sen cadeira no momento máis complicado da recesión do país, no período onde o BCE tivo que adoptar as chamadas medidas non-convencionais de política monetaria, o momento máis crucial da historia do BCE. Sen cadeira por puro sectarismo do PP.

 

12/03/2018 17:27 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

NON ATOPO

20180313192530-untitled2m.png

 

 

  Esa fenda salarial,, esa discriminación parece unha escusa pra provocar un enfrontamento entre homes e mulleres. Certo que  hai salarios e condicións de traballo insoportables, como é o caso dos que traballan na hostaleira, pero curiosamente iso parece non importar; o que si destacou, aínda que fora unha minoría, é un enfrontamento de sexos, berraban contra dos homes, cando os homes tamén son vítimas. Eu quero tamén a igualdade, non os privilexios, cando unha muller está non posto, que sexa porque valer, non porque sexa unha muller

13/03/2018 19:25 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

UNHA PROMESA

20180314165033-150288-465371866848828-1047552871-n.jpg

;

 

  Rajoy comparece no Congreso forzado pola oposición pra falar das pensións. A súa comparecencia é un alarde de cinismo difícil de igualar. As súas palabras vacuas están dirixidas a uns votantes fieis, a aqueles masocas que naceron pra que os maltraten e os que non lles importa o futuro das pensións, porque eles xogan noutra división; no PP sábeno, saben que dos 9.000.000 de pensionistas, un 40% vanos votar, fagan o que fagan. Rajoy apela á herdade recibida, pero oculta que fúndeo a ucha das pensións, o rescate bancario e o subemprego. Cos mesmos mantras de sempre, fan augurar un negro futuro, porque os futuros pensionistas non son conscientes do que lles agarda no paraíso pintado por Rajoy         

 

14/03/2018 16:50 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

O ASALTO

 

  A Chegada gloriosa de Feijóo ó poder trouxo unha auténtica avalancha de medidas pra repartirse todo o que supuxese negocio. Un dos repartos nos que mais xente Saíu beneficiada foi a Sanidade, dende remover postos de LD pra substituí-los por afíns ó PP, colocar persoal a dedo, privatizar áreas de negocio e desprestixia-la Sanidade Pública  

19/03/2018 12:53 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O ASALTO

20180321111128-632-2577275686865-1923623536-n.jpg

 

  A Chegada gloriosa de Feijóo ó poder trouxo unha auténtica avalancha de medidas pra repartirse todo o que supuxese negocio. Un dos repartos nos que mais xente Saíu beneficiada foi a Sanidade, dende remover postos de LD pra substituí-los por afíns ó PP, colocar persoal a dedo, privatizar áreas de negocio e desprestixia-la Sanidade Pública. A aprobación das áreas sanitarias é a separación do gran da palla, pra facilita-las privatizacións  

21/03/2018 11:11 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

AS REDES ESTÁN TRISTES

20180322160700-21192706-880357648795144-1015669719712041224-n-1-a.jpg

 

   A Villalobos xa non xoga na rede, a idade non perdoa, agora séntase, toda esbaldroada,  no seu asento do Congreso, e dorme,  de cando en vez fai algún xesto obsceno pra demostrar que está viva, pero a súa estrela aínda non ser apagou. O PP quere durmir as reivindicación dos pensionistas, e pra iso  conta con Celia

22/03/2018 16:07 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

E PREOCUPANTE

 

 

  A unha propietaria de MALLORCA detena a policía por votar uns ocupas do seu piso. En Aragón dan pisos dos desafiuzamentos ós inmigrantes. Unha  Universidade  é unha tómbola de títulos. Dez inmigrantes violan a tres rapazas. A policía de Madrid acosada polos manteros

23/03/2018 16:18 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

ORGULLOSO

20180327174156-944778-10200578227281523-976337966-n.jpg

 

 

  Pedro traballa 12 horas na empresa, cotizan por el seis horas, cobra ó mes 800 euros. Cando soubo da detencion de Puigdemon, sentiuse orgulloso de ser español. Antes era con Venezuela, pero agora é con Cataluña; mentres estamos pendentes do que pasa alí, mentres quítannos as pensións, a sanidade, a educación, os servizos sociais, etc. deixan a España desolada  e todo polo ben noso.    

27/03/2018 17:42 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris