Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2018.

ONDE VAI?

 

  Ón. óne vai a famosa recuperación, con salarios de miseria e precariedade laboral. Somos o pais de Europa ca meirande desigualdade social. Si é certo que saímos da crise, entramos na miseria, onde hai 13.000.000 de pobres, salarios que non dan pra chegar a fin de mes. Ónde vai a recupeeración?  

 

01/05/2018 16:38 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

OS LOBBYS

 

        Aínda que son algo xa coñecido o seu xeito de actuar, teros que asumir que están aí, que con ignoralos non van desaparecer. Temos que utilizalos pra coñece-los seus patrocinadores e eso indicaranos cales son as súas prioridades . Así sabemos das financiación de CIUDADANOS re do PP por grandes grupos armamentísticos. Antepoñen a compra de armas ás pensións

 

07/05/2018 16:02 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

Ó FIN

20180508172947-13606627-603929449764904-1165244395500039137-na.jpg

 

 

   Dentro da credibilidade que merece, é de agardar que ETA se disolva. Todo ben nacido estaría contento. Pro PP é unha mala noticia, porque perde un aliado pra gañar votos, sobretodo agora que tanto os precisa; ademais é un exemplo  pra banda pepera, que debería disolverse e devolve-lo roubado

08/05/2018 17:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

MAIS MADEIRA

  As reformas laborais do goberno PSOE  presentáronse como necesarias pro mantemento do emprego, posteriormente ó PP deu unha volta de porca e presentou a súa reforma,  alegando que se crearía emprego. Foi certa, destruíase un posto de traballo e co mesmo custo creanse  tres, que ademais de mal pagados eran precarizados; pero Ciudadanos aínda pretendía ir mais aló, ó propor a eliminación dos contratos fixos. O curioso é que os votantes parecen premiar estas políticas de volta a escravitude.

 

09/05/2018 16:46 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

LIBERALISMO

 

 

  A solución pra tódolos problemas económicos e lorar un desenrolo amónico  ten unha receta que parece universal: o liberalismo salvaxe, o cal se vai aplicar en países con gobernos das dereitas, como é o caso de España, ou Arxentina, endebedados e con fores recortes sociais e enriquecemento dos mais ricos, cunha brecha social grande

 

10/05/2018 18:04 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

SUBE

 

  A suba do petróleo ven pra quedarse. Non se pode votar a culpa solo ó embargo do petróleo IRANI. España non fixo nada por diminuí-la dependencia do petróleo; pola contra prohibe  q enerxía solar pra beneficia-las eléctricas, o mal goberno ímolo a pagar a subas van ser en cascada. A supresión das portas xiratorias e a expropiación das eléctricas, son asuntos inaplazables. Tamén a carcel pros directivos das electricas, por atracadores, que non se arriscan como os que te atracan cunha arma, esstes atracan cunha factura

 

15/05/2018 11:10 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

A RAPAZADA

20180517115548-2.jpg

 

      Cando morra a xeneración que hoxe fala galego, como moito  dentro de 40 anos, o galego desaparecerá. Non é un agoiro, moito  menos un desexo. A rapazada, que é o futuro, non fala galego. O galego deixara, de feito xa deixou, de ser a lingua do berce, pero tamén vive momentos de decadencia no ensino, no que grazas a Feijóo está como un floreiro con forres murchas. María Vitoria, extrémena, profesora de Lingua e Literatura Española, veu destinada a Galiza, sen coñece-lo galego; en Lugo coincidiu con Alonso    Montero, que seguro que lle meteu o veleno do galego. Escribiu incluso a letra dunha canción de Fuxan os Ventos, tamén de probada militancia galeguista. Foi en Pontevedra, as épocas escuras do franquismo, onde escribiu a súa obra e transmitiu os  seus alumnos o amor e o respecto ó galego. Daba gusto oíla falar en galego, era galega por elección, e non sendo galega sentía un amor por Galiza como, desgraciadamente non senten algúns galegos. En círculos sociais acósase ós galegos falantes, menosprécenos e ridiculízanos. !probes ignorantes!, son galegos castrados

17/05/2018 11:56 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

PASOU

 

  Nunca debera acabar, deberá ter continuidade, no día a día. Pero a primeira sorpresa foi ver como a  capa dos xornais xa non estaban en galego, espertando do fugaz soño do día das letras galegas. Un aniversario que soa a cabodano, de algo que está morto, que realmente non morra depende de todos nos. Todos somos necesario, non hai pata negras. Foi unha anécdota, que os medios silenciaron, a pancarta no Obradoiro dun profesor de Física de Becerreá, na que poñía- Que lle deixaban dar a clase en inglés, pero non en galego-. Un berro de soidade de socorro. Non o deixemos só. Galego sen trabas, dia día.

 

19/05/2018 16:30 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TO DO VALE

 

 

  A compra dunha vivenda por Pablo Iglesiias e a súa pàrella é un asunto aventado polo facherío e os fatos útiles. Non lles importa ós fatos útiles quen baleirou a ucha das pensións, nin a suba  dos salarios e as pensións, tampouco o endebedamento do Estado,  e tan tas cousas importantes; sería demasiado pros seus anémicos cerebros. Non son de PODEMOS, pero indígname esta polémica. Pablo Igesias cos seus cartos ten dereito a facer o que lle de a gana.Debianse preocupar dos peperos que roubaron, dos desafiuzamentos, etc

21/05/2018 12:49 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

MOI DMÓCRATA

20180523122934-487871-4692153267772-1516000018-n.jpg

 

 

   Hoxe votan as bases sobre o asunto da Deputada de Podermos Paula Quinteiro. Ela, nun alarde de fe democrática xa adiantou que non respectará o resultado da consulta, pero aínda fixo mais, nunha comprensible defensa, incitar ás bases ó boicot da consulta.  É de esperar que as bases acerten na súa decisión soberana. A ver si se decatan de que o cargo de Deputad@ non é vitalicio nin che da patente de corso. Comprendo que é un valor inestimable pro seu grupo parlamentar, que a súa entrega no Parlamento, e as súas orixinais aportacións son moi valiosas, o mesmo que a contribución á imaxe do seu Grupo. Non dan imaxe de alternativa de goberno, un Grupo que non se entenden entre si,  como pra pactar con outros. Do mesmo xeito, a imaxe dos elixidos non é moi construtiva a que da quen anda envolta en gamberradas

23/05/2018 12:30 mmarcos #. sin tema Hay 2 comentarios.

PENSAMENTO NOBE

20180524162359-417782-363823353728533-806459185-n.jpg

 

   Nun mundo tan materialista, aínda hai  persoas sensibles, tenras, que pensa así:- non abonda cos fillos, coa familia, as amigas e amigos...Por qué hai persoas que necesitamos querer e que nos queiran, compartir a vida, o día a dia?? Por qué existe o amor? Se é un sentimento marabilloso por qué  doe?... 

24/05/2018 16:24 mmarcos #. sin tema No hay comentarios. Comentar.

O FIN

20180525163130-150288-465371866848828-1047552871-n.jpg

 

  A sentenza da Gürtel saíu por fin. Parecía un asunto interminable, logo de que o PP removera a xuíces pra conformar un  Tribunal propicio. A Sentenza non é o que quería o PP. Aínda que Sentenza pon duras penas ós imputados deixa intocable ó goberno do PP, que se revela como a organización criminal con maior número de imputados do mundo   

25/05/2018 16:31 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

O SEU FIN

20180529111146-img-20180525-wa0001-1-.jpg

 

 

  A moción de censura presentada polo PSOE quizá non prospere, pero eticamente era necesaria. Non é unha moción contra dun partido, é unha moción contra dunha cloaca na que se converteu a política española, un berro no silencio contra dun sistema que urxe unha rexeneración democrática. Ribera ten que retratarse, non se pode esconder mais na indefinición, en vaguidades estratéxicas, que como di o himno –cumprido fin terán-, ou quere unha rexeneración ética da vida política, ou é cómplice da corrupción. Non hai que esquecer, que Rajoy sostense co apoio de Ciudadanos  

29/05/2018 11:11 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

O ENREDO

20180530161122-10502024-1017523601596188-2709754260732179246-nz.jpg

 

 

  Os cargos do PP fuxían das cámaras e dos debates, logo da sentenza da Gürtel. O fin, foi Cospedal a que intentou dar unha explicación, por algo é a Ministra de Defensa. Non foi apoiada por carros de combate, pero amosou unha belixerancia e unha chulería como si os tivera a súas costas. Falou moito, e mentiu mais. Iso si, con cara de pau, que era o que o PP esperaba dela. Non era moi distinta a comparecencia a do famoso pago en diferido. As cousas enrédanse mais, e nada claro quedo, solo o cheiro a podredume.

30/05/2018 16:11 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.

QUE PAARA

 

  Moitos están preocupados pola moción censura; non haii motivos. Rajoy deixa o listón moi alto, é difícil facelo peor.  A min o que me preocupa é os millóns de españoles que o PP mandou á pobreza, que son irrecuperables

 

31/05/2018 18:46 mmarcos #. sin tema Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris