A DINASTIA

Neste pais, os cargos públicos parece que se herda por dinastía; non solo a coroa, tamén as presidencia das deputacións; así parece que o entendesen os Baltar. Durante os anos de poder provincial, Baltar teceu unha ampla rede clientelas, na que apoiou un poder absoluto sobre a provincia. Feijoo fixou a meta de ser o único patrón. Non quere patróns intermedios; quere ser o único patrón. O gran cacique. O que ten que pensa-la xente é cal dos dous; Baltar ou Feijoo é mellor cacique. Unha cousa é segura: os dous son caciques e usan as mesmas técnicas. Feijoo usa os traballos e as obriñas, así como as subvencións pra asenta-lo seu poder caciquil. Nada mais chegar ó poder fixo unha tortilla coas probas selectivas que estaban en curso pra colocar xente; agora inventou o das Axencias pra seguir colocando xente a dedo; todo no puro estilo Baltar.
SOLO UNHA COICIDENCIA

Despois da declaración de “non culpable” de Camps, a Rajoy preséntaselle un problema. A cuestión é que facer con Capms. Algunhos peperos xa saíron en tropel a defender a Camps, entre eles o Boca Negra e a Cospedal. Como diría Trillo: manda ovos; que sexa a Cospedal a que fale das infundías sobre Camps, ela que non reparou en lixar a honra de moita xente, que nunca tivo reparos en latricar o primeiro que se lle viña a boca, fose ou non certo, sen que nunca amosara o mais mínimo arrepentimento. Os Deputados autonómicos valencianos formaron parte de listas elaboradas por Camps, e xa vai tempo que veñen organizando un pronunciamento. A sentencia sobre Camps non é definitiva, pero a Rajoy xa lle xurdiu un problema. Eu suxírolle que, pra cumprimento dese código ético que volveu a publicar, nomee unha comisión formada por Costa e Camps pra persegui-la corrupción dentro do partido. O xurado do caso Camps estaba formado, salvo tres, por xurados menores de trinta anos. O dirixente das xuventudes peperas visitou o hotel onde os membros do xurado; podía ser unha coincidencia, pero unha película americana que vin sobre o xurado, no caso dun xuízo a un membro da mafia, deixoume mal corpo
NOTICIAS DE PRENSA

RECORTES DE PRENSA ,que son vergonzosas noticias:
O PP mantén a Franco como 'Alcalde de Honra de Salamanca
Os socialistas pediron retira-la concesión de honras e distincións durante o Franquismo
Os concelleiros do PP no Concello de Salamanca impediron onte cos seus votos que prosperase a proposta do PSOE para anula-los acordos municipais tomados nas década de 1940 e 1960 nesta casa do concello relativos á concesión de honras e distincións a Franco, entre eles, a designación de Alcalde de Honra aprobada en 1964.
03/agosto/2011. - O alcalde de Poios do Burato (Ávila) do PP esnaquiza unha tumba de vítimas do franquismo.
13/agosto/2011 A alcaldesa de San Sebastián dos Besteiros (Córdoba) négase a inaugurar un monolito ós fusilados polo franquismo...
16/agosto/2011. - O Goberno 'popular 'da Coruña mantén como fillo predilecto a un xeneral franquista José Millán Astray. (o de viva a morte, morte á cultura).
01/setembro/2011. - O alcalde 'popular de Cancil de Santiago recupera unha rúa para José Antonio Primo de Rivera. .
02/setembro/2011. - Méntrida (Toledo), gobernada polo PP, organiza unha Homenaxe á bandeira e ós caídos por Deus e por España.
15-10-2007Mayor Orella: " Por que vou ter que condenar eu o franquismo? " ... " Por que vou ter que condenar eu o franquismo se houbo moitas familias que o viviron con naturalidade e normalidade?... Era unha situación de extraordinaria placidez. "
http://twitter.com/#!/psoesantona/status/148410454216151041/photo/1
Rodeada de bandeiras franquistas e falanxistas, a alcaldesa de Santoña (PP), Milagres Rozadilla, asistiu hoxe a un acto da Falanxe en homenaxe a Carrero Blanco
Barberá rexeita revogar os títulos honoríficos outorgados a Franco ...28 Marzo 2009
Fabra edita un libro que nega o golpe militar do 36.
! que pais!
AS 17 DE QUERÉTANO

Mais que nunca, o acontecemento do achádego da fosa onde estaban os restos das 17 mulleres asasinadas en Querétano (Sevilla), súmase a unha homenaxe a Garzón. É unha noticia alegremente amarga; alegre porque as súas familias poden, ó fin, dar sepultura ós restos daquelas vítimas; amarga, porque nos trae a vivencia dun desagradable suceso; 17 mulleres asasinadas polo simple feito de ser familia de demócratas. Entre as asasinadas había, ó menos, dúas embarazadas. A xerarquía do clero foi cómplice do asasinato dos nascituros, mais inocentes aínda que súas nais. Os antiabortista, con Rouco a cabeza, van facer unha misa en Madrid, a que asistirá Mariano Rajoy, como no de Fraga. Non caben diferenzas: as vítimas, sempre serán vítimas, e os asasinos, asasinos.
NOVO INTENTO

Nun novo intento, e coa plena actualidade do enxuizamento do único xuíz que se atreveu a intentar facer xustiza ás vítimas do franquismo, o BNG plantexa no Congreso unha iniciativa sobre a investigación dos crimes do franquismo. Non cabe esperanza de que esta iniciativa teña mais éxito que a que lle precedeu. Si no primeiro intento o Congreso foi incapaz e condena-la sublevación duns militares perxuros; agora co Congreso lixado de azul, fai impensable que se obteñan outros resultados, pero fai xustiza ó xuíz que agora xulgan, e a mais de douscentos mil desaparecidos, Que ben merecen unha mínima preocupación. Non se trata de abrir feridas como din os fascistas; trátase de pechar vellas feridas sobre a verdade, non pechalas en falso, estendendo un manto de silencio e mentiras sobre a nosa historia. Os fascistas que fixeron desaparecer a mais de duascentas mil persoas, aqueles valentes que asasinaron a xente indefensa e arruinaron ó pais, foron cobardes pra quitarlle, pola forza, a Inglaterra o peñón, que si o utilizaron pra facer patriotismo populista. E moita hora de que os que se beneficiaron coa espoliación dos bens das vítimas do franquismo indemnicen ás vítimas.
AFUNDESE

O barco da autonomía galega afúndese. Non vai a piques por problemas de suficiencia financeira, senón de mala administración. Sempre, en calquera caso, os recursos financeiros serán escasos, compre, pois, unha xestión eficaz dos mesmos. Nestes intres de dificultades económicas, é mais necesaria que nunca un eficiente xestión dos recursos. Descoñezo a relación entre bo xestor e dependencia política. Feijoo prometera que ía acabar co paro en tres meses. Cando Galicia, no tempo das promesas de Feijoo, tiña unha taxa de paro do 11%, hoxe despois de tres anos de goberno de Feijoo a taxa rolda o 19%; non é a mais alta de España, pero si é a de maior crecemento do ritmo de paro. Feijoo pra manter un coeficiente de endebedamento dentro dos parámetros que sinala o Goberno Central recorre a trucos contables que non entran dentro dos parámetros de fiscalización pro computo do déficit. Empeza a ser habitual a “colaboración” financeira privada. Pra realización de obras i explotación de servizos, recorre á financiación privada, mediante o pago dun canon anual. Este sistema, o seu abuso, pode comprometer a xestión de futuros gobernos, que se atoparan cun endebedamento, esaxerado e inesperado, ó non estar contabilizado como tal. O Tribunal de Contas xa avisou á Xunta desa posibilidade. Seguiremos.
IDE, E PREDICADE

O mesmo que Cristo mandou os seus discípulos a predicar ós xentiles a súa mensaxe; Rajoy usando os medios de comunicación, ou calquera tribuna pra predicar a obriga na que se viu pra subi-los impostos, iso si, sempre entre xente xa convencida; tamén envía a súa infantería pra que prediquen as medidas que tan boas son pro crecemento económico e a creación de emprego. Tódolos entendidos pronostican unha recesión. As subas de impostos, por outra parte necesarias, xenerarán un retraemento do consumo, porque os impostos aplicados son sobre as persoas con pouco poder adquisitivo. Decide que limparon a caixa, que endebedaron o pais; por iso temos que subi-los impostos; pero non digades que foron as CCAA e os concellos gobernadas polo PP as que orixinaron o furado orzamentario.




