Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

CONDENA

 

Os partidos democráticos non deixan de pedirlle ó PP que condene o franquismo, o resultado é sempre o mesmo, nin o PP, nin Ciudanos condenan o franquismo; porque eles son o franquismo

 

O CRUPIER

O CRUPIER

 

 

 

  O Supremo, en pleno de sala, O Presidente fai de crupier, reparte xogo e barre pra  banca. O pouco prestixio da xustiza quedou liquidado. O Goberno quere frear o desaguisado e publicará un  RD. A xustiza ten que democratizarse e acabar ca casta

LANGRAN

LANGRAN

 

 

  Tiveron que votar do goberno a Rajoy pra que Feijóo se dera conta do atraco das peaxes da AP-9. O cinismo  deste home non ten límite           

LANGRAN

LANGRAN

 

 

  Tiveron que votar do goberno a Rajoy pra que Feijóo se dera conta do atraco das peaxes da AP-9. O cinismo  deste home non ten límite           

PATETICAS PALURDAS

 

 

   Nunha Delegación dunha Consellería, un cidadán acode a facer unha xestión, e usa o galego. Un grupiño  de funcionarias, que estaban dee tertulia, búrlase del por falar en galego. A xefa asiste á escena, pero non di nada. A vexación é un acto consentido. Cando menos, sería motivo de amoestación, ou expedinte de separación do servizo. Patéticas palurdas

 

FUTURO ESCURO

FUTURO ESCURO

 

 

 

  Unha vella tradición galega consistía en manter acendido o lume a lareira durante a noite de defuntos, pra   que os mortos da familia se puideran quentar esa noite.  Cando todos se ían á cama, os mortos viñan a casa  na que viviran e deixáselles  comida e lume pra quentase.

PP

PP

COMPRA

COMPRA

 

 

 Non porque a   usen moitos gobernos, non deixa de ser inmoral a compra da opinión pública, que xeralmente vai unida á pervivenza de gobernos corruptos e ineficaces: Galiza e Andalucía son os dous casos mais obscenos da gran cloaca nacional. A choiva de millóns os medios de comunicación de Galiza son o preludio das inminentes eleccións municipais. Todo isto ten unha relación cos cueiros.  Tamén se debían mudar os gobernos, por unha cuestión de hixiene.

 

 

TRAIZÓN

 

 O Sr Cascado vai a Bruxelas a conspirar con algún líder europeo pra que non aproben os orzamentos españois. Debe ser o primeiro caso   de conspiración europeo. Un ser tan miserable  que supera a Aznar, que prefire fundi-lo país a que o goberno teña éxito. Si isto non é un delito de alta traizón, non sei que é. A  ver si a volta é detido e actúa a Fiscalía  

A XEARÍA

 

 

  Como unha xearía de licaóns, o público situado preto da Tribuna de Autoridades, recibiu con apupos o Presidente do Goberno a súa chegada pra asistir ó desfile do 12 de outubro. Unha celebración polémica, a que lle da a puntilla o seareiros fascistas. Estas xa tradicionais afrontas están  producindo unha desafección co acto, ó que deixarán de asistir os representantes democráticos, pra deixar só os fascistas, como foi nun principio, e volverá ser un acto de exaltación da barbarie      

PROMETO

 

  Dende que colleu o goberno, Feijóo ben prometendo rebaixas de impostos. Os impostos que recada a Xunta de Galiza, como propios,. Son un impostos perralleiros, con pequeno volume de ingresos. As sucesivas rebaixas xa os houbera eliminado, seríamos un país sen impostos. Pero iso  levaríanos a eliminar servizos por non ter con que pagalos. A menos que Feijóo queira superar a Xesucristo e facer a milagre de multiplica-los ingresos. Lévanse perdendo 200 postos de trallo diarios. Moitas empresas, tamén os mozos. Galiza perde poboación. ¿a onde imos Alberto?

 

TO DO VALE

 

 

  O alcalde de Vilanova insultou á Presidenta  dunha querela. Non se  da conta que o non ter cabelo  as ideas escápanlle- Todo se  houbera arranxado se lle regalaran unha boina

 

TO DO VALE

 

 

  O alcalde de Vilanova insultou á Presidenta  dunha querela. Non se  da conta que o non ter cabelo  as ideas escápanlle- Todo se  houbera arranxado se lle regalaran unha boina

 

OS ABANDOADOS

 

 

 

  Un millón de maiores viven en España na pobreza extrema. Non hai un plan de construción de residencias, pero si de centros de inmigrantes. O abandono dos que traballaron pra soster o país é que hoxe levan  ese pago

 

OS INMORALES

 

  Ó menos trinta Deputados do PP e CIUDANOS teñen unha, ou varias sociedades, nas  que  agochan determinados bens pra pagar menos ó fisco. É legal, aínda que non sexa mortal, o verdadeiro inmoral é atacar a Pedro Duque por algo similar ó que eles fan. Claro eles non saben o que é a moralidade e por iso o fan. Fagamos táboa rasa i eliminemos este truco

QUE CESEN

QUE CESEN

 

  Casado fixo a carreira   de Dereito en catro  meses, un master, polo que foi imputado, declarando o Tribunal prescrito o delito, reuniuse varais veces con Villarejo. De que falaron?. Villarejo foi xubilado os 65 anos no goberno do PP, pero seguiu tendo acceso a información policial. Casado, ademais de cesar, debía dar esplicacións.

ENTRE AS PEORES

 

O SERGAS ten o dubidoso mérito de figurar entre os tres peores Servizos de saúde de España, compartindo con Estremadura o lugar de cola: e non é solo polos recursos que destina á sanidade, senón que de o que dedica á sanidade, unha parte importante vai ó negocio da privada

 

SUDOKO

 

  A fixación do prezo da luz é un xogo de trampas, no que as eléctricas fixan unilateralmente os prezos da luz, escollendo o parámetro que as beneficia, con independencia da influenza que teña na produción da electricidade nese momento. A disminución de impostos solo tería un efecto transitorio que sería devorado polas futuras subidas . Solo unha tripla acción: eliminación do imposto ó sol, fixación das tarifas pola Administración e supresión dos políticos dos Consellos de Administración, conseguiría normalizar a situación   

LAAMBENDOSE

 

  Un térceo  dos galegos está na pobreza, aínda que non todos admiten vivir nesa situación, i é que o galego pode ser pobre, pero tamén é fachendoso,  tamén miserable. Ese  xeito de ser é explotado polo PPg, pra alardear de bo goberno  

 

LAAMBENDOSE

 

  Un térceo  dos galegos está na pobreza, aínda que non todos admiten vivir nesa situación, i é que o galego pode ser pobre, pero tamén é fachendoso,  tamén miserable. Ese  xeito de ser é explotado polo PPg, pra alardear de bo goberno