Facebook Twitter Google +1     Admin

PREPARADEVOS PRA CLANDESTINIDADE

20090908104038-175-6388-a-fraga-7.jpg

 

 

 

 

 

          Barreiro, Presidente da RAG, por fin deu un puñetazo na mesa: Co gallo dun acto celebrado en Celanova, no que se homenaxeaba a Celso Emilio Ferreiro; Barreiro, no  seu discurso,  reprócholle a Feijoo que creara un problema lingüístico onde non o había. Barreiro, dende a mesura, e eu engadiría con incomodidade, coa mesma incomodidade que se notou entre as hostes  dos  Populares asistentes ó acto, fixo súa unha inquedanza da sociedade galega. Non se podía esperar menos do Presidente da RAG. !Xa era hora! . O final do discurso moita xente púxose en pe   e aplaudiu largamente o discurso de Barreiro, entre eles un fillo de Celso Emilio.

          Entendo que a presencia de Feijoo neste acto foi unha actitude deliberada de provocación. Cando lle tocou a quenda de pronunciar o discurso Institucional, fíxoo dun xeito chulesco e cun sorriso nos beizos. O mellor piropo foi pra RAG, da que dixo que era o faro espiritual; eso si, digo, moi espiritual e co faro apagado, como lle gustaría a el.

          O acto presidíao un retrato de Curros Enriquez; sabendo como as gastaba Curros; non me quero imaxina-lo que sófreo alí pendurado, aturando ós profanadores da cultura, aínda non sei como non se descolou e non  lle bateu na cabeza a ese provocador.

          Axeitos, presidente da Fundación Curros Enrquez e académico, dixo que un pobo que deixaba morrer a súa lingua é un pobo morto. Feijoo non quere deixar morrer a lingua, quere matala.

          Parece que ós asistentes o acto, empezando polo propio Núñez Feijoo, lles sorprendeu o discurso de Barreiro.  ¿Acaso xa daban á Institucións o valor dun oropel roído polo paso dos anos?, si a RAG quere seguir viva e respetada ten que adoptar, cando sexa necesario, posturas incómodas e mais  estrictas, non pode seguir durmindo e ignorando o que pasa o seu carón.

          Posiblemente despois desto Barreiro teña os días contados como Presidente da RAG, pero será unha despedida honrosa e a única que lle deixaron.

           Nunha rolda de prensa, un portavoz do PP, considerou unha actitude desconsiderada a de Barreiro con Feijoo, máxime cando Feijoo o único que fixo foi devolve-la paz e a liberdade ós galegos. !mannnnda carallo!.

          Xa non se fuma de batea en Galicia, e a presidenta de Galicia Monolingüe, Gloria Lago, dará unhas charlas en Pontevedra pra facer causa, acompañada dunha representación oficial da FAES, e co patrocinio da Excmª Deputación de Pontevedra. ¿Quén dixo que as Deputacións non valían pra nada?.

          Si esto sigue así, preparádevos pra clandestinidade, votaremos de menos a Franco. Tranquilos, aínda nos queda Negreira na Coruña.

08/09/2009 10:41 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Vilardevós

A intervención do Sr.Barreira foi moi digna, pero chega un pouco tarde. Nos últimos meses a RAG estivo medio desaparecida nesta polémica...e este zapatazo tendo tan próximo o momento de abandonar a presidencia da Institución semella un brindis cara o sol. De tódolos xeitos, benvido sexa, polo ben da lingua galega

Fecha: 08/09/2009 14:40.


Autor: son do miño

non, se ao final vai ser verdade aquelo de que contra Fraga vivíamos mellor...

Fecha: 08/09/2009 16:10.


Autor: pitaazul

Barreiro fixo o que tiña que facer, pero veremos ata onde é capaz o pobo galego de chegar...

Fecha: 08/09/2009 18:53.


Autor: Eukesei

Seguramente eso é o que lles gustaría a eles, que o galego pasara definitivamente á clandestinidade. De nosoutros depende impedilo. Pola miña parte seguirei a darlles a batalla!!!
Noraboa polo Blog

Fecha: 08/09/2009 19:27.


Autor: laura

O deste presidentiño é flipante. Ata atreverse a presentarse na casa de C.Emilio Ferreiro para ciscar o seu proxecto de Galicia Monolingüe...dende logo, mira que lle bota peito o tío, eh!!
Lástima que o público lle dera uns bos apupos e pasara algo de vergoña...se é que a ten, que xa o dubido.

Fecha: 08/09/2009 19:41.


gravatar.comAutor: eu o auto

As palabras de Barreiro son as de unha Institución que ignoramos pro que vale, como non sexa pra cimeterio de vacas sagradas, estou de acordo en que chegou tarde. Alguén sabe dónde está o Consello da Cultura e a qué se dedica. O que nos xogamos é suficientemente importante como pra estar desaparecido.

Fecha: 08/09/2009 20:25.


Autor: sempre en galiza

Pois os do Consello da Cultura Galega están a quentar as cadeiras e encher os seus petos, claro!!!
Que si non estarían a facer eses lambóns...

Fecha: 08/09/2009 21:45.


Autor: Leborán

Como dicía algún persoeiro ilustre, xa é ridículo que a RAG teña a súa sede na cidade máis anti-galega que temos no noso país. O problema é que ate agora esta Institución viña a representar un papel de comparsa como se estivese por riba do ben e do mal, e agora cando deciden (a boas horas) levantar a voz pois ármase esta lea.
Nada que non quede nun pequeno rebumbio de verán...por desgracia logo volveran os sres.académicos o seguir durmindo e todos tan contentos.
Lacazáns!!!!

Fecha: 08/09/2009 22:26.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris