Facebook Twitter Google +1     Admin

O GÜRTEL GALEGO

20091005090247-9788483025628.jpg

                                       

            Moi sospeitoso, pero que moi sospeitoso. O PSdeG di que a trama Gürtel tivo fortes implicacións en Galicia e cita a Negreirea  cando era Presidente do Grupo de Portos e Crespo  vocal. Daquela Feijoo era Vicepresidente do Goberno Galego e era notoria a súa amizade con Negreira, a mais de se-lo Conselleiro do que dependía o Grupo de  Portos; por eso, que agora renegue del, recórdame a San Pedro cando renegou de Xesucristo, e fai medralas sospeitas. Crespo, o agora detido pola trama Güertel, era vocal do Grupo de Portos. Os tres, pois, están no asunto e teñen que dar contas  no Parlamento, non poden seguir votándolle a culpa os grandes expresos europeos e o xudaísmo internacional; a teoría da conspiración xa no lles vale.

            Sitúan a Louzao, Presidente da Deputación de Pontevedra, como o home de Gürtel no sur de Galicia; que o mesmo fai convite con papancia e entradas á  corrida de touros, ó que  asisten políticos do PP, ós que antes agasallaba o Axuntamento, ata que o Bloque tomou o poder; pero tamén hai algún significado socialista nesta festa a conta do diñeiro público,- (sinvergonza quen o organiza e sinvergonza quen vai)-, Louzao que adxudica contratos a Güertel a cargo da Deputación; un home que sabe camiñar polo fío da navalla.

            Pachi Vázquez anunciou que seguira coa investigación da trama Gürtel e a súa conexión co PP de Galicia, aínda que o ameacen e lle manden aprendices de matón a súa porta, en  referencia ós membros de Novas Xeracións que o acosaron no seu domicilio.

              As novas evidencias de Gürtel co  PP, en especial co PP de Galicia e con Louzao, descóbrense a raiz da apertura dunha caixa de seguridade que Pablo Crespo tiña en Pontevedra.

               No informe do Tribunal de Contas do ano 2004 destápase a relación de Negreira coa trama Gürtel. Negreira e Crepo en Portos e Feijoo de Conselleiro de Ordenación do Territorio, foi un equipo que se marchou porque perderon as eleccións.

                A verdadeira conexión do PP de Galicia co grupo Gürtel aínda está por descubrirse, deica agora só aflorou a punta do Iceberg; pero dubido que estas perigosas amizades teñan unha repercusión electoral; o electorado actúa animado por outras cousa, aínda que sexan irreais, e teñen descontado a corruptela dalgúns políticos. nembargantes o electorado é cada vez mais crítico e pode pasar factura polo engano masivo e a propaganda sucia.  

05/10/2009 09:03 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Sartalo

Tes razón no que escribes...é sospeitosísimo!!!
Eu penso que estan enmerdados ate as orellas...

Fecha: 05/10/2009 15:35.


Autor: piuxiño

Precisamente hoxe na Voz de Galicia sae publicado un artigo sobre este mismo tema. Eu tamén penso que a implicación do PPdeG no caso Gurtel ten que ser aclarada canto antes, porque existen moitas sospeitas.
Gustaríame publicar un extracto dese texto no que se di:

"La claridad del presidente de la Xunta deja claro que se siente absolutamente libre y con las manos limpias como para erigirse en adalid de la transparencia y la asunción de responsabilidades en su propio partido. Pero es precisamente por ese deseo de claridad y transparencia por lo que Feijoo no debería poner impedimentos a que se investigue a fondo la posible relación del PPdeG con la trama Gürtel en la época en la que Crespo era secretario de Organización. Y que, al igual que exige a Camps, se depuren todas las posibles responsabilidades caiga quien caiga. Parece extraño que Crespo fuera el único dirigente del PPdeG que conociera a Correa. Pero la mejor manera de demostrar que es cierto es abrir puertas y ventanas de manera que, también en el PP de Galicia, «cada palo aguante su vela»"

Pois iso Freijolito...a ver se empezamos por limpar a propia casa antes de dar consellos aos demais!!!

Fecha: 05/10/2009 16:10.


Autor: lorcho

A actitude de Camps no caso Gurtel é dunha desfachatez como non se ten visto. A verdade e que Feijoo ao seu lado parece un pimpín...pero tempo terá para ir aprendendo toda esta serie de trécolas. De seguro que referencias no seu partido non lle han faltar.

Fecha: 05/10/2009 16:21.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris