Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O ALPISTE DO LORO

O ALPISTE DO LORO

             A reducción de gastos no goberno de Feijoo, recórdame o daquela familia que quería reducir gastos e non se poñían de acordo, ó final decidiron reducirlle o alpiste o loro, porque era o mais feble da familia; o loro cabreado, deuse á botella. Feijoo pra xustificar esa suposta austeridade conxela as retribucións dos funcionarios. Como el diría, aínda mais, reduce as retribucións dos altos cargos un 3%, pero increméntalles as  axudas colaterais, non retributivas, como é a dos gastos coa tarxeta de débito. Ningún parlamentario da oposición dixo nada; a razón moi sinxela, tamén eles tiran de tarxeta.

              Os recortes orzamentarios son moi significativos nos Servicios Sociais, Educación, Sanidade e Cultura. Recortase en areas moi sensibles, nembargantes teño as miñas dúbidas de que eso lle pase factura nas furnas.

              De significativa, dito con eufemismo, é a partida á Iglesia Católica pra patrimonio, que se incrementa en 50.000 euros, mentres se diminúen outras inversión culturais do mesmo capítulo.

              Increméntanse as retribucións dos profesores de relixión, pero conxélanse as dos funcionarios da Xunta… 

              Conxélanse as oposicións, pero Rueda aumenta o persoal da Consellería, cun incremento na dotación orzamentaria de mais de  tre s millóns de Euros.

               Non se suprime esa indemnización os altos cargos cando son cesados; un invento do bipartito, que o PPg mantén.

              As inversións en obra pública tamén sofren os recortes, malia o brutal endebedamento. A ónde van, logo, os cartos; a saber: En primeiro lugar, as transferencias a sociedades privadas medran, moi na liña da súa orientación ideolóxica, en segundo lugar reforzase a estructura clientelar, con un apoio orzamentario, pra asegurarse o voto cautivo. Fai pouco, o conselleiro da Presidencia trataba de convencernos das reduccións que se produciran na Delegación da Xunta en Arxentina; de feito o que se produciu foi unha reestructuración e substitución de  persoal, o que non era fixo foi cesado e sustituido por persoal afín politicamente; unha Función Pública como lle gustaría ó PP de Feijoo.

                Cando o PPg estaba na oposición criticaba o voto por correo e as Delegacións da Xunta  en Sudamérica, agora que tiña a  oportunidade  de facer algo pola xente que emigrou, o único que fai é converter a emigración nun horto de votos partidarios.

                  España ten unhas representación diplomáticas, que poden facer as xestións que fan as Delegacións da Xunta, menos o dos votos, claro.

                   Seria admisible algunha representación no exterior pra captar inversións, e sempre que a súa xestión dera un resultado positivo pro pais; pero deixémonos  de monsergas as custosisimas representacións no exterior do goberno galego, o único fin que teñen é o de colleitar votos pro partido, mentas quítanse os cartos pra servicios básicos.

                    Tanto PPg como o PSOE, participan nesa mascarada con o mesmo obxecto, e ningún deles fala de recortes cando está no goberno.

0 comentarios