Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿CAL É A PROPOSTA PROS DEPENDENTES?

¿CAL É A PROPOSTA PROS DEPENDENTES?

 

                      A conselleira Mato participou nun debate na Coruña, no que  expuxo as liñas de actuación da Consellería         sobre a dependencia; o acto, por certo presentado por Negrera, foi de todo, menos un debate. Foi un monólogo, no que a  conselleira lle votou a culpa da parálise da Consellería o bipartito, ó Goberno  Central e os marcianos; non quixo responder ás preguntas sobre o conflicto no Consorcio, nin sobre as privatizacións dos servicios; ela ía alí a soltar un discurso de loa e gloria do PP, nunha cerimonia que era asistida por Negrera de Monaguillo, pero non a debater.

                      Non se  falou, ou si se  falou, da paralización da asistencia ós dependentes, pero a culpa era do bipartito, do Goberno Central, da sequía, si da sequía das arcas que  deixou o bipartito nun mes e pico de goberno, pra que logo digan que non traballaba.

                       Pra reduci-las listas de espera vaise recorrer a dúas grandiosas ideas: privatización de servicios, pra que os amigos fagan negocio, na línea do pensamento do PP e nova avaliación dos dependentes. Este é un proceso de eutanasia admitido pola ortodoxia pepera, segundo a cal, o que non morreu vaino a ter difícil; así, os inválidos andarán e os que necesiten asistencias mais específicas permitiráselles  que vexan antes ó Creador.

                           Asistencias de fisioterapia, podoloxía, etc suprímense; todo sexa polo aforro, dese xeito haberá mas cartos pros negocios privados. Falando de negocios privados, non penso que a Conselleira, nin a súa familia estean no negocio.

                            A Conselleira quere levar esto cara un modelo de sociedade, na que haberá uns ricos, que poderán paga-los servicios e os pobres que non  terán dereito a nada.

                         

0 comentarios