Facebook Twitter Google +1     Admin

ADOUTRINAMENTO DO PP

20091210101943-ediciones-serbal-monja.jpg

 

                 Este goberno da Xunta, que desacredita calquera alternancia democrática, pretende agora darlle unha volta de rosca ó ensino do galego implantando a posibilidade de que un tercio das materias se dean en inglés. Visto así parece que é un avance no ensino, pero ten varios e graves inconvintes: primeiro.- a falta de profesorado apropiado, segundo.-posibilita que haxa un ensino de varias clases, segundo o centro, xa que as materias que se impartiran en inglés será decisión dos pais. Se a Xunta, de entrada, non incrementa a dotación económica destinada ó ensino, se non prepara a profesorado, tanto nas materias a impartir como en inglés, esto non pasa de ser unha moi sospeitosa ocorrencia.

                  Non se pretende mellora-la calidade do ensino, senón que o que pretende a Xunta é saca-lo galego do ensino; así introducindo unha lingua mais no ensino, pra que non se conta con profesores nin medios, nin pensan proporcionalos, limítase o galego e crease un ensino privado de alto standing,  co que matan dous pombos dun tiro, elimínase o galego e termínase de desprestixia-lo ensino público; pois, xa vimos, ó ensino privado non lle vai faltar financiación mentres o PP goberne..

                    O modelo de decreto que propuxo Galicia Monolingüe na Coruña coincide, curiosamente, coas intencións da Consellería.

                    A finalidade non é que os nenos falen mais inglés, senón que falen menos galego. Hai que castrar Galicia, non se pode permitir que o galego se converta nun elemento diferenciador; aínda que non con estas palabras dicíallo un pepero a un contertulio nun bar.

                    Cos nosos impostos vaise financiar un ensino diferenciado, no ensino privado, é dicir, que imos ser páganos desa ideoloxía excluinte do PP.

                    Dende o punto de vista pedagóxico e social,  pretender crear varias clases sociais, co proxecto do PP; é inconstitucional e un disparate.

                      Dentro do PP estase a ver o proxecto con preocupación polo sector menos ultra, pero abrazado con entusiasmo polos radicais. Antes de aventuras sen pes, nin cabeza, debían saber que o ensino é un servicio público, non un negocio e, nunca, debe ser utilizado pra adoutrinar, nin confrontar

10/12/2009 10:19 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris