Facebook Twitter Google +1     Admin

RESOLTO, ¿DE QUE XEITO?

20091218104128-223-262-large.jpg

 

             A  continuidade da fábrica de leite Pascual parece que está garantida, o malo é o xeito; cando xa estaba pechada a venda a Feiraco, o Conselleiro de Medio Rural, nunha xogada de tahúr mete cinco cooperativas leiteiras vinculadas ó PP e conseguen que Pascual dea marcha atrás e lle entregue a  fabrica a esas cinco cooperativas. Visto o resultado, debémonos felicitarnos de que se chegara a a un final feliz pros traballadores; o que xa non teño tan claro é se o acordo vai beneficiar ós gandeiros, nin cál é o prezo que temos que pagar tódolos galegos, ós contribuíntes, xa que o que parece claro é que houbo cartos da Xunta, e dicir de todos nos, por medio.

              A foto dos cinco representantes das cooperativas, que comparecían xuntos, transportábanos a outros lugares e, lonxe de despexar incertezas, deixábanos un desacougo indefinido.

                Foron  varios os noivos pra merca-la fabrica  do leite, ademais de FEIRACO; a Xunta sempre se quixo manter á marxe, alegando que estábamos nun libre mercado. Sorpresa, parece que o libre mercado, a liberdade de empresa é un pode ser, debe ser, ó mellor: quén sabe. Comparádeo co Eólico e teredes unha visión ampla e mais certeira.

               Este súpeto cambio de criterio púidose deber a que dende Xénova se deron instruccións: o partido ten que dominalo todo e as cooperativas serían un instrumento pra manter no redil ós gandeiros, xa que pola boca, neste caso, se chega ó voto; tamén puido influír as protestas dos gandeiros en Santiago, que mantiveron sitiada á Xunta.

                   O Conselleiro do Medio Rural nega que a Xunta teña algo que ver no acordo; non deixa de asombrarme a facilidade con que este goberno da Xunta minte. El mesmo tivo unha reunión co Pascual na  sede da Casa de Galicia en Madrid, onde saleu o acordo a base de talonario.

                  As formas, os métodos e os medios empregados pra conquerir un resultado, son importantes, e todo o mundo se quedou asombrado de que cooperativas, algunhas con gravísimas dificultades económicas, sen poderlle pagar ó persoal, se fagan coa factoría de Pascual; o futuro da factoría nace dunha dúbida, ¿saber cánto nos vai custa-la Feixooada?,  e tamén da solvencia do proxecto.

                     Que Feijoo nos diga: ¿ por qué non quere un grupo lácteo galego, por qué torpedeou calquera proxecto de solvencia, qué fai, no medio, Nova Rumasa, si hai unha financiación irregular do PP, a conta do leite?.

18/12/2009 10:42 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris