Facebook Twitter Google +1     Admin

MENTIREIROS E FALSOS

20100108121005-ricos-pobres.jpg

 

                  A última enquisa sobre a indemnización por cese pros políticos  da Xunta foi un pato difícil, porque houbo problemas co servidor, ó final arranxouse, que é o que importa.

                  Mais da  metade dos que opinaban dicían que era unha desvergonza, pero un 17% estaban de acordo coa indemnización, posiblemente tiñan razóns persoais pra opinar así, un 12% simplemente non estaba  de acordo; esta minoría non estaba de acordo, pero supoño que era desa  minoría que  non se indigna; eu como a maioría estou indignado e escandalizado. Habendo   tanto parado, tan mal a  economía, tantas restriccións orzamentarias, tantos dependentes sen axudas, tantas familias sen ningún ingreso, estes dispendios son escandalosos.  O responsable últimos non son os políticos, somos nos, os votantes; temos que ter menos ideoloxía e mais sentido práctico. As listas  electorais tiñan que ser abertas, pra que puidéramos votar a persoas, antes que os partidos.

                   Os feixonianos, basearon a súa campaña en bulos e mentiras, agora como os novos ricos vense por riba dos cidadáns, aínda que dende a súa óptica vennos como vasallos dese castelo feudal no que converteron a Galicia; así que había que dicir que levitan nun plano elevado, pra que nos lles cheguen as miserias do pobo; un pobo, que en parte, vive na mugre, pasa fame e frío, cun paro de vértigo, namentres os gobernantes poñen  as pousadeiras en coches de estrea, literalmente puxeron o cu no plástico; namentres se permiten ter parados 17 audis pros que non atopan comprador; comen nos mellores restaurantes, pagando nos a conta, visten de marca, reláxanse e spas, incuso algunhas políticas galegas levan os caniches a  que lles fagan a manicura.

                 Co  bo goberno de Feijoo o paro subiu o pasado ano en cerca dun 20%. Temos un paro por riba da  media de España; certo é que Zapatero ten a súa parte de culpa, pero non é menos certo que un pilar  da súa campaña electoral foi culpar o bipartito do paro, se é coherente, que  non é, debera recoñecer e aplicarase as mesmas responsabilidades que lle atribuíu a outros, e admiti-lo fracaso da súa política. 

                 O chegar ó poder, apartouse da política de emprego que  iniciara o bipartito, o cal sería lexítimo e comprensible, si tivera un plan propio,  pero non o ten. Pra  colmo a conselleira do paro demostra ser unha  incompetente na xestión da súa area, unha  auténtica bonsai, que non destaca dos colegas de gabinete.

                 Hai profesionais do paro, pero non debemos xeneralizar, nin banalizar o problema

 

08/01/2010 12:10 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: sartalo

ja,ja,ja!!!
Puxeron o cu no plástico!!, que boa esa definición de ir de estreo. Quédome co dito.
Por certo, aproveito para comentar o mal que están as estradas esta mañá por Galicia adiante. Onde está o goberno galego para poñer solución aos problemas de mobilidade dos cidadáns deste país??
E que non tiñan previsto semellante desfeita??
Menuda vergoña...

Fecha: 08/01/2010 13:08.


Autor: leborán

Jopé, iso de chamar conselleira bonsai a Beatriz Mato está dito cunha mala baba criminal...pero a min gústame. Dalles caña, home!!!

Fecha: 08/01/2010 13:15.


Autor: Ramiro

Está ben comentalo, o dos resultados da última enquisa...me refiro, porque a min tamén me estrañou que houbese tanta xente a prol do mantemento do plus dos altos cargos.
Entón, unha de dúas, ou este blog é lido polas altas esferas da Xunta (algo probable, porque outra cousa non se ve que fagan), ou moito joputa hai solto só para amolar ao personal.
Porque do que non me queda dúbida é que ninguén de boa fe pode estar dacordo con iso na situación económica que estamos a padecer...

Fecha: 08/01/2010 15:47.


Autor: a cabra do saviñao

Que é iso dos conselleiros que levan os seus cans á manicura???
As veces cústame collerlle as voltas ao autor. Xa non sei se o dí de verdade ou estase a cachondear...je,je!!!
Por outra banda, o que se publica hoxe é tal como xa se comentara noutras entradas. Un dos maiores defectos deste des-goberno e a súa lonxanía coas xentes do común, co pobo galego. Mesmo semella que viven nunha nube, máis dura será a caída...

Fecha: 08/01/2010 17:17.


Autor: Chusquiña

O descontrol das entradas a Compostela esta mañán foi algo histórico. E total por unha nevadiña de nada. Fíxate se chegar a caer coma se este fora a Suiza ou Alemaña. Ainda estaríamos colapsados arestora. E logo teño que oír ao Conselleiro da Cotop falar na tele-gaita dicindo paridas sobre "pequeñas incidencias". Hai que foderse, menudo caralavada!!!
Por certo, para cando outra enquisiña???

Fecha: 08/01/2010 17:21.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris